Annam
Annam é unha rexión do centro de Vietnam.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Huế | |||
Poboación | ||||
Relixión | Mahayana | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1884 | |||
Disolución | 1949 | |||
Moeda | Piastra da Indochina Francesa | |||
Historia
editarAnnam foi ocupado por Francia a xeito de protectorado en 1874, e pasou a formar parte da Indochina Francesa desde 1883 ata 1945.
A rexión foi xestionada por autoridades francesas e vietnamitas ata 1949, cando pasou a formar parte do novo estado independente de Vietnam.
A pesar de numerosos levantamentos nacionalistas, os franceses mantiveron o seu control sobre o territorio vietnamita. Na década de 1930, o partido comunista indochino, liderado por Nguyen Ai Quoc, o futuro Ho Chi Minh, organizou á súa vez insurreccións, duramente reprimidas.
Nacionalistas moderados vietnamitas e o emperador Bao Dai tratan de conseguir unha maior autonomía a través de negociacións cos franceses, pero non tiveron éxito.
En 1945, o Xapón, que ocupaba a Indochina francesa desde 1940, desmantelara o aparato colonial francés para tomar o control do territorio. Porén, a rendición xaponesa, poucos meses despois, permitiu que a fronte nacionalista Viet Minh, liderada polo partido comunista de Ho Chi Minh, chegara ao poder durante a revolución de agosto. Os franceses fracasan pouco a pouco na súa pretensión de recuperar o control de Indochina; Ho Chi Minh, cuxo poder era aínda moi débil, intenta a vía da negociación, pero as conversacións estáncanse e, a finais de 1946, o conflito leva á guerra de Indochina.
Os franceses reorganizan o país, unificando os tres territorios (Tonquín, Annam e a Cochinchina) dentro do Estado de Vietnam (Quốc gia Việt Nam) liderado por Bao Dại. Porén, o apoio da China permitiu ao Viet Minh tomar vantaxe militar. Despois da derrota na batalla de Dien Bien Phu, os franceses renuncian a continuar un conflito que non podían gañar e, durante os acordos de Xenebra de 1954, recoñecen a independencia do país.
Máis tarde, durante a Guerra de Vietnam, o Annam sería dividido entre o Vietnam do Norte e o do Sur.
Finalmente, finalizada a guerra en 1975 coa vitoria do Norte, ao ano seguiente o país unificouse na República Socialista de Vietnam baixo un réxime comunista.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |