O iac[2] (Bos mutus) é un bóvido que habita as montañas do Himalaia e o Tíbet chegando a súa distribución ata Mongolia e Rusia.

O iac salvaxe (Bos mutus) é de cor escura, de la longa sobre as patas e abdome.

O doméstico (Bos mutus grunniens) pode ser tamén de cor branca, do tamaño dun boi de corpo tronchudo, curto pescozo e cabeza máis ben pequena.

Os habitantes da Asia central, apréciano moito como animal de carga e aproveitan a súa la para fiar e facer teas, así como o leite, do que obteñen unha excelente manteiga. A carne sérvelles de alimento e da pel fan vestidos contra o frío.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar