A limiá é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 852 exemplares (2014).[1]

Morfoloxía editar

Son animais de perfil subcóncavo a recto, hipermétricos no val e eumétricos na montaña, de proporcións mediolíneas e tamaño grande. O peso medio é de 650 kg para as femias e de 900 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 140 cm para as femias e de 148 cm para os machos. Teñen unha cabeza de medianas proporcións, con fronte ancha, cara longa e fociño ancho. Os cornos en gancho curto nos bois, grandes, longos e espiraliformes nas vacas. O tronco é amplo e harmónico, o tórax ampuloso, con costelares cilíndricos e peito ancho. As extremidades son de lonxitude media, fortes e ben asentadas. O ubre é globuloso, desenvolvido, bastante simétrico e con tetos de boa implantación. Ten capa castaña, moito máis escura no terzo anterior.

É unha das razas morfoloxicamente máis semellantes ao extinto uro e forma parte do proxecto TaurOs que pretende recrear ao devanceiro das razas domésticas actuais.[2]

 
Vaca limiá no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.

Evolución da poboación editar

No 2002 a poboación era de 136 exemplares, datos baseados nun estudo de alta fiabilidade. O número de machos reprodutores era de 59, e o de femias de 66. A porcentaxe de femias de raza pura (emparelladas cun macho da súa raza) era do 100%.[3] No 2007 había 460 animais, e no 2011, 861. A tendencia da raza é de crecemento rápido.

Ano Femias Machos Total Ganderías
2009 566 126 692 41
2010 666 159 825 44
2011 711 150 861 44
2012 722 170 892 45
2013 653 152 805 45
2014 699 153 852 42
2015 853 173 1 026 40
2016 881 204 1 085 36
2017 936 205 1 141 39
2018 962 240 1 202 38
2019 1 003 231 1 234 38
2020 1 138 270 1 408 37
2021 1 239 282 1 521 39
2022 1 323 254 1 577 49
Gráfica de evolución demográfica da vaca limiá entre 2009 e 2022
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Aplicación ARCA". servicio.mapa.gob.es/arca. Consultado o 31 de agosto de 2023. 
  2. Breeding Blog (ed.). "The Tauros Project". Consultado o 16 de agosto de 2015. 
  3. http://xinzoinformacion.e.telefonica.net/raza_%20limia.htm Arquivado 30 de novembro de 2011 en Wayback Machine..

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar