Nacionalismo padano

O nacionalismo padano é un movemento nacionalista impulsado polo partido político italiano da Liga Norte, a cal se formou a comezos do ano 1991 a partir da fusión de varios partidos nacionalistas e autonomistas das rexións do norte de Italia (Liga Lombarda, Liga Véneta, Piamonte Autonomista, Liga Emiliano-Romañola, Alianza Toscana, etc.), posteriormente engadíronse partidos de igual carácter e doutras rexións (Trentino-Tirol do Sur, Friúl-Venecia Xulia, Val de Aosta, a Umbría, As Marcas, etc.). Nas diversas eleccións italianas, tanto municipais como rexionais e nacionais, non logrou ser a opción política maioritaria aínda que o seu peso político é considerable en varias provincias italianas.

A bandeira padana proposta pola Liga Norte, o Sol dos Alpes, un antigo símbolo celta.

Independentismo editar

A independencia da Padania foi anunciada en Venecia o 15 de setembro de 1996 por Umberto Bossi, presidente da Liga Norte,[1] co obxectivo de configurar unha especie de goberno sombra en contraposición ao oficial con sede en Roma. No curso de grandes mitins da Liga Norte, Umberto Bossi proclamou o nacemento da "República Federal Padana" con estas palabras:

Nós, pobos da Padania solemnemente declaramos: a Padania é unha República Federal independente e soberana. Nós ofrecemos, os uns aos outros, en prenda recíproca, as nosas vidas, as nosas fortunas e a nosa sacra honra. (Noi popoli della Padania solennemente dichiariamo: La Padania è una Repubblica federale indipendente e sovrana. Noi offriamo, gli uni agli altri, a scambievole pegno, le nostre vite, le nostre fortune e il nostro sacro onore.

Segundo Bossi, a política italiana estaba marcada por unha liña centralista desfavorable para a Padania, acusando de parasito ao sur de Italia, menos próspero ca o norte, e esixindo romper a solidariedade interterritorial de Italia.

Poucos días despois déronse enfrontamentos entre as forzas da orde e os militantes leghisti na rúa Bellerio en Milán, sede da Liga Norte, a consecuencia diso houbo un proceso penal sobre os reatos de resistencia (a público oficial), a cargo de Roberto Maroni, Mario Borghezio e outros representantes da Liga Norte, finalizando o proceso coa absolución dos mesmos.

Como resultado deste movemento independentista constituíuse unha Asemblea Parlamentaria denominada Parlamento Padano, con sede en Bagnolo San Vito (Mantua). Tamén foi creado o Goberno da Padania, encabezado no seu comezo por Giancarlo Pagliarini (1996-97) e posteriormente por Vito Gnutti (1997-98), Manuela Dal Lago (1998-99) e Mario Borghezio (desde 1999), con sede en Venecia.

En 1999 xurdiu como escisión da Liga Véneta–Liga Norte o movemento da República Federal Padana do Véneto, vinculada ao nacionalismo véneto. Os estatutos da Liga Norte de 2002 reincidían na tese independentista.

O 10 de decembro de 2007 foi creada a selección de fútbol de Padania, non recoñecida internacionalmente.[4]

A liña secesionista foi abandonada no Congreso de Varese e a nova alianza de Umberto Bossi con Silvio Berlusconi na Casa da Liberdade, remarcaría a súa inestable situación. O Parlamento posteriormente cambiaría o seu nome polo de Parlamento do Norte.

Territorio reivindicado polo nacionalismo padano editar

O territorio reivindicado polo nacionalismo padano inclúe ademais do territorio denominado Padania na súa acepción xeográfica e lingüística (no mapa en cor vermella escuro e marrón), as rexións das Marcas, Toscana e a Umbría (no mapa en cor laranxa).

O nacionalismo padano propón como capital a cidade de Venecia. O territorio reivindicado supón o 53,4% do territorio de Italia, e o 55,6% da súa poboación.

 
Rexión
Extensión(km²)



Habitantes Capital
  Emilia-Romaña 22.446 4.405.486 Boloña
  Friúl-Venecia Xulia 7.712 1.212.602 Trieste
  Liguria 5.422 1.615.951 Xénova
  Lombardía 23.861 9.545.441 Milán
  Piemonte 25.398 4.352.828 Turín
  Trentino-Tirol do Sur 13.599 994.703 Trento
  Val de Aosta 3.266 124.812 Aosta
  Véneto 18.390 4.773.554 Venecia
  Padania 120.227 27.877.257 Venecia

Notas editar

  1. Francesco Jori, Dalla Łiga alla Lega. Storia, movimenti, protagonisti, Marsilio, Venice 2009, p. 103
  2. alkhan (1 de xullo de 2006). "Umberto Bossi - Dichiarazione di indipendenza della Padania1". YouTube. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  3. alkhan. "Umberto Bossi - Dichiarazione di indipendenza della Padania2". YouTube. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  4. "La Padania online, lunedì 3 marzo 2008.". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar