Roberto Maroni

político italiano

Roberto Maroni, nado en Varese o 15 de marzo de 1955 e finado en Lozza o 22 de novembro de 2022,[1] foi un político italiano, que foi a segunda cabeza visible da agrupación nacionalista Liga Norte, tras Umberto Bossi.

Roberto Maroni
Roberto Maroni, Premio lotta alla mafia, 2010.jpg
Nacemento15 de marzo de 1955
Lugar de nacementoVarese
Falecemento22 de novembro de 2022
Lugar de falecementoLozza
NacionalidadeItalia
Alma máterUniversidade de Milán
Ocupaciónpolítico, avogado e participante do fórum internacional
PremiosKnight of Pius IX
Na rede
Facebook: maroni.leganord Twitter: RobertoMaroni_ Editar o valor em Wikidata
Firma Roberto Maroni.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi elixido deputado por primeira vez en 1992, en 1994 fíxose cargo do Ministerio do Interior baixo a primeira lexislatura de Silvio Berlusconi, á vez que foi nomeado Portavoz do Consello de Goberno. Dous anos máis tarde, coa caída do Goberno Berlusconi, foi elixido deputado, cargo que desempeña até 2001. Nese ano, foi nomeado Ministro de Traballo e Política Social, e desempeñou ese cargo durante o Segundo e o Terceiro Goberno Berlusconi. En 2006, trala nova caída do Goberno, volveu ao seu cargo de Deputado pola Liga Norte e en 2008 foi novamente nomeado Ministro por Berlusconi, esta vez ocupando a carteira de Interior.

O 20 de maio de 2008, o Consello de Ministros de Italia aprobou o seu "Decreto de Seguridade", paquete de leis polas que, entre outras cousas, endurecían notablemente as penas contra os inmigrantes ilegais e outorgábanse numerosos poderes aos alcaldes na súa loita contra os clandestinos.[2][3] Propuxo así mesmo como medida de seguridade a toma de pegadas dixitais a todos os nenos xitanos en Italia, pero esta proposta foi fortemente contestada por numerosos cidadáns e organizacións e posteriormente rexeitada pola UE por xenófoba e racista.[4][5][6][7]

Posteriormente o goberno Berlusconi aprobou un decreto de Maroni mediante o cal quedaban legalizadas as roldas nocturnas de vixilancia contra criminais e inmigrantes ilegais formadas por cidadáns voluntarios e tamén fortemente contestado no seu país.[8][9]

Dado o delicado estado de saúde do líder da Liga Norte, Umberto Bossi, e ao seu carácter máis moderado, foi considerado por moitos como o sucesor de Bossi.

NotasEditar