Diana Aguavil

política ecuatoriana

Diana Alexandra Aguavil Calazacón, nada o 7 de agosto de 1983,[1] é unha líder indíxena ecuatoriana. Dende o 25 de agosto de 2018 é a primeira gobernadora feminina do pobo tsáchila, após 104 anos de administracións exclusivamente lideradas por homes e logo de gañar as eleccións tsáchila de 2018. Foi tamén a segunda muller en ser candidata a este posto.[2][3][4]

Infotaula de personaDiana Aguavil

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Diana Alexandra Aguavil Calazacón Editar o valor em Wikidata
10 de agosto de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Otongo Mapalí, Ecuador Editar o valor em Wikidata
Líder amerindia Pobo tsáchila
25 de agosto de 2018 –
← Javier Aguavil – valor descoñecido → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo tsáchila Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Tecnolóxica Equinoccial Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Filla do exgobernador tsáchila Héctor Aguavil, asasinado en febreiro de 2018,[5] estudaba o primeiro semestre de Parvularia do "Instituto Japón" cando se presentou como líder do grupo indíxena. Antes fixera nove semestres na Universidade UTE en Hotelaría e Turismo.[1] Nas eleccións de agosto de 2018, recibiu máis votos ca os seus dous contrincantes e a súa vitoria foi recoñecida polo Consello Nacional Electoral do estado ecuatoriano.[6] Sucedeu a Javier Aguavil.[2]

En abril de 2019, a Asemblea Nacional de Ecuador condecorouna cun recoñecemento ao mérito social polo cargo obtido, e ademais recibiu un Acordo Lexislativo no cal se exalta a súa valía e traballo e se recoñece a súa invariable disposición e entrega a prol do colectivo fronte ao individuo.[7] Este premio entregouse no marco da tradicional festa do Kasama, que enxalza os valores identitarios do pobo tsáchila.[8][9]

É membro do partido político Alianza Tsáchila.[1] Ten unha filla.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Diana Aguavil busca unidad de la nacionalidad Tsáchila (en castelán)
  2. 2,0 2,1 Diana Aguavil es posesionada como la primera gobernadora de la nacionalidad Tsáchila (en castelán)
  3. Diana Aguavil, la primera gobernadora de la Nacionalidad Tsáchila Arquivado 2019-04-12 en Wayback Machine. (en castelán)
  4. Diana Aguavil Calazacón busca gobernar la nacionalidad Tsáchila (en castelán)
  5. Diario La Hora, ed. (17 de febreiro de 2022). "Cuatro años de la muerte de Héctor Aguavil" (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2023. 
  6. 6,0 6,1 El Universo, ed. (31 de agosto de 2018). "Diana Aguavil, la primera gobernadora de tsáchilas" (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2023. 
  7. Telégrafo, El (12 de abril de 2019). "Asamblea condecoró a la primera mujer gobernadora de nacionalidad Tsáchila". El Telégrafo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 12 de abril de 2019. 
  8. "Tsáchilas preparan fiesta del Kasama". El Universo (en castelán). 31 de marzo de 2019. Consultado o 12 de abril de 2019. 
  9. ecuadorenvivo.com (ed.). "Noticias Ecuador - Ecuador en vivo - Asamblea condecoró a Diana Aguavil, primera mujer gobernadora de la nacionalidad Tsáchila | Política". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 12 de abril de 2019.