Dámosche a benvida á Galipedia, Pablo131415!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Breogan2008 (conversa) 21 de decembro de 2021 ás 11:10 (UTC)Responder

Ola moitas grazas pola paxian de "rubber duck" xa a estamos a ampliar. 213.60.220.174 25 de xaneiro de 2022 ás 11:13 (UTC)Responder
Perdón era eu: Pablo131415 pero sen querer cerrouseme a sesión. Pablo131415 (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 11:14 (UTC)Responder
Hola @Breogan2008 teño outro problema borraronme un artigo, o que ti trasladaras podes revisar. Pablo131415 (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 14:16 (UTC)Responder

Artigos editar

Boas Pablo131415, vexo que estás a crear os teus primeiros artigos na Galipedia. Antes de seguir, pregaríache que lle dediques o tempo necesario a cada un deles antes de seguir creando máis. Son entradas que apenas achegan información, sen formato e con faltas de ortografía, polo que serán borradas no caso de que se manteñan no seu estado actual. Se tes calquera dúbida sobre o funcionamento da Galipedia, só tes que preguntar. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 21 de decembro de 2021 ás 11:13 (UTC)Responder

Perdón,mexorarei. Pablo131415 (conversa) 21 de decembro de 2021 ás 11:16 (UTC)Responder

Llanfair­pwllgwyngyll­gogery­chwyrn­drobwll­llan­tysilio­gogo­goch editar

Desfixen o teu cambio no artigo do lugar galés. Non había erro algún, nese caso trátase da conxunción "e" e non do verbo. Semella que tes algunha dificultade coa lingua.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 21 de decembro de 2021 ás 11:28 (UTC)Responder

Eu son nativo galego e falase na miña casa pero dintoo se tiven algün fallo. Pablo131415 (conversa) 21 de decembro de 2021 ás 11:40 (UTC)Responder
Perdón algún e quixen dicir sintoo non dintoo. Pablo131415 (conversa) 21 de decembro de 2021 ás 11:41 (UTC)Responder

Traducións automáticas editar

Ola Pablo131415. Hai cousas que os tradutores automáticos fan especialmente mal, por exemplo traducir e adaptar correctamente os modelos {{cita libro}}, {{cita novas}}, {{cita publicación periódica}}, {{cita web}} etcétera. Eses son os modelos que inclúen, moitas veces, as referencias do artigo, que, como probablemente xa saberás, son algo moi importante en Wikipedia (WP:V, WP:NFP, WP:CITE, WP:FF ...). Por iso e por outros motivos máis obvios, as traducións automáticas deben ser revisadas e completadas (exemplo). ¿Poderías ti proseguir a revisión de Ciclón Heta, achegando os contidos que quedaron atrás no proceso automático?.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --RubenWGA (conversa) 11 de xaneiro de 2022 ás 15:18 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Pablo131415.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de xaneiro de 2022 ás 12:37 (UTC)Responder

Moitas grazas xa o fixen e tamen correxin alguns erros. Pablo131415 (conversa) 12 de xaneiro de 2022 ás 18:31 (UTC)Responder

Traducións automáticas editar

  Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. --RubenWGA (conversa) 12 de xaneiro de 2022 ás 14:18 (UTC)Responder

Creo avelo arreglado xa. Pablo131415 (conversa) 12 de xaneiro de 2022 ás 18:23 (UTC)Responder
Xa pero esto non e unha traducción automatica Pablo131415 (conversa) 13 de xaneiro de 2022 ás 15:26 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola Pablo131415. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa. Ti, por exemplo, deixaches unha mensaxe sen asinar en "Conversa:Desastre do prestige" ou "Conversa:Batalla do lago Poyang".

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 13 de xaneiro de 2022 ás 15:19 (UTC)Responder

O teremos en conta. - Pablo131415 (conversa) 13 de xaneiro de 2022 ás 22:18 (UTC)Responder

"Desastre do Prestige" editar

Boas Pablo131415, marquei para borrar a páxina de "Desastre do prestige" por varios motivos. Primeiro e o máis importante, o contido sobre o desastre, o barco, a marea negra, o xuízo,... xa existe na páxina Prestige, que por certo é un dos artigos de calidade da Galipedia, anímote a botarlle un ollo, paga a pena. Se acaso podería considerarse facer unha redirección cara ao artigo Prestige, pero o título co cal creaches o artigo é incorrecto, xa que aparece "prestige" en minúscula e na Galipedia non facemos redireccións de títulos incorrectos. Ademais, o teu artigo é unha tradución defectuosa, non ten formato nin referencias, nin achega máis información da que xa hai no artigo Prestige. Espero non ter soltado moito rollo e que entendas os motivos para o borrado. Un saúdo e a seguir.--Breogan2008 (conversa) 13 de xaneiro de 2022 ás 15:27 (UTC)Responder

Xa pero eu queria centralizar un pouco xa que o artigo prestige e un pouco lioso debido a que tamén trae os datos do barco mais ca o do accidente. Pablo131415 (conversa) 13 de xaneiro de 2022 ás 15:30 (UTC)Responder
Ademáis en castelan hai prestige e tamen teñen o desastre do prestige Pablo131415 (conversa) 13 de xaneiro de 2022 ás 15:33 (UTC)Responder

Cabo Prioriño editar

Ola, Pablo131415. No menú de usuario hai algúns farangullos que che poden botar unha man para editar. Neste menú que tes na parte superior dereita, aparece unha palabra que é "Preferencias"; se premes nela, aparece outra pantalla con múltiples opcións. Premendo na sexta pola esquerda, "Trebellos", e na seguinte pantalla, na primeira opción do bloque de "Navegación", que é "Ortografía", verás que cando gardes un artigo, algunhas palabras aparecen remarcadas. Aínda que non é perfecto, ese é un corrector en liña que nos axuda bastante a detecta-los erros máis comúns. Dese xeito, poderás purgar, rapidamente, erros como os que aparecen en Cabo Prioriño, e as túas edicións gañarán moito en calidade.

Por outra banda, lembra da necesidade de referenciar os contidos que engadamos, e tamén que o artigo debe estar dentro dunha categoría. Outro consello: para que non haxa conflitos de edición (cando ti estás editando, outro usuario edita ao mesmo tempo e cando se garda a páxina, un dos dous perde o que fixo), é ben que lle engadas o marcador {enuso}, con dous corchetes en cada lado. Con iso, os demais usuarios ven que ese artigo está en edición e non editan eles.

Finalmente, o mellor sería que deses un vistazo rápido ás ligazóns da benvida porque che han solucionar moitos problemas. En calquera caso, se tes dúbidas, non deixes de preguntar. Un saúdo e a seguir dándolle duro. --MAGHOI (conversa) 13 de xaneiro de 2022 ás 17:28 (UTC)Responder

Moitas grazas -Pablo131415 (conversa) 13 de xaneiro de 2022 ás 22:12 (UTC)Responder
Hola hai pouco borraches unha paxina de Duck Duck go de un gran coñecido mio e pusose en contacto con migo para preguntarche os motivos.
Un saudo. Pablo131415 (conversa) 21 de xaneiro de 2022 ás 07:27 (UTC)Responder
Ola Pablo131415. Hai varias cousas a comentar. En primeiro lugar, coido que deberías botarlle unha ollada as ligazóns de benvida, sobre todo nos apartados a como editar os artigos. Digo isto porque, efectivamente, o nivel de ortografía non sempre é suficiente. E tamén porque na Galipedia preferimos calidade a cantidade; máis que moitos artigos, escollemos que haxa artigos significativos. Ben é certo que non sempre se consegue pero ese é o obxectivo. No que me comentas, borrei o artigo de Duck Duck Go, porque outro usuario lle puxera a marca de borrado porque estaba moi incompleto: escaso, sen hiperligazóns apenas, sen referencias e sen categoría. É dicir, faltaban os elementeos básicos para consideralo un artigo medianamente digno. E, importante, tampouco tiña o marcador "enuso" que indica a intención de querer continuar trabllando nel. A carencia de todo iso, converteuno nun candidato a ser borrado. De aí, a ler minimamente as características de edición. Debes decatarte que o proxecto xa é bastante grande e precisa un mínimo de organización pois, senón, se vai encher de artigos pouco presentables.

Por outra banda, cando queiras respostar a outro usuario, hai dous sistemas: ou escribes na súa páxina de conversa ou, dende a túa, no comezo da resposta debes colocar o signo "@" seguido sen espazos do nome de usuario da persoa a quen te queres dirixir. Este é o procedemento para que o sistema lle mande un aviso. Se non o fas así, ti escribes pero ao usuario non lle chega ningún aviso.

Ánimo, e a mellorar eses artigos que tes comezado por aí. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 21 de xaneiro de 2022 ás 08:11 (UTC)Responder

Moitas grazas pola solución da duda, tes toda a razón. Pablo131415 (conversa) 21 de xaneiro de 2022 ás 08:14 (UTC)Responder
Xa llo comentei e dixome que non sabía o das etiquetas. Pablo131415 (conversa) 21 de xaneiro de 2022 ás 08:25 (UTC)Responder

Hola @MAGHOI se copias algo pero pos debaixo de onde procede (o citas) en teoría non poderían borrarche o artigo polo copyright es que teño esa duda por que @Estevoaei quere borrarme a paxina da batalla do lago Fei. Gracias. Un saudo. Pablo131415. Pablo131415 (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 10:23 (UTC)Responder

Ola, de novo, Pablo131415. Témome que o usuario Estevo ten razón. Na dúbida que expresas, hai algo que está mal entendido. En primeiro lugar, pódese traducir un contido que xa está na wikipedia noutra lingua. Nese caso, asúmese que ten a licenza pertinente e non hai maior problema. Iso si, hai que indicar de onde se traduce, por exemplo, no resumo de edición. Se é outro contido da Wikipedia, non se pode traducir se ten copyright; si se podería se a licenza o permitise. É dicir, pódese traducir unha lei, por pór un exemplo, porque a licenza o permite neste caso; pero non se pode traducir un fragmento dunha novela, aínda que o fagas ti, porque o texto ten copyright, mesmo se ti o traduces e porque a Wikipedia, non é unha fonte primaria; ten que estar publicado anteriormente.
Outra cousa é, se eu a partir dunha fonte determinada (supoñamos unha noticia do periódico ou un libro) fago un artigo, coas miñas palabras e aquelas afirmacións que eu faga, as referencio (indicando que a "idea/contido" está tomada deste libro, deste autor, desta edición, da páxina "x").
Espero que agora o teñas entendido. Vin as túas conversas con outros usuarios e debes enternder, que son recomendacións ou avisos porque estás a facer algo mal. Por iso, se hai un contido que ten dereitos, elimínase directamente porque podería ser delictivo. Na Galipedia, sempre, partimos da base da "boa vontade" de todo o mundo e de aí, os marcadores nos artigos ou os avisos nas páxinas de conversa. Se les as ligazóns de benvida, hanche aclarar moitas cousas. Non se permite calquera tipo de edición, e aínda que é unha plataforma descentralizada, non hai xerarquías específicas, si estamos persoas que tratamos de que o proxecto chegue a bo porto. Por iso, hai unha estrutura de formato, e por iso, calquera usuario, se ve que algo está mal pode editar para corrixilo. Finalmente, lémbroche que preferimos calidade a cantidade; queremos artigos ben realizados, ben traballados e ben presentados. Non todos están así, pero ese é o obxectivo e por iso veñen as correccións.
Ánimo, e atende as recomendacións que che fan. Entendo que poida ser algo frustrante pero todos pasamos por aí, e se fan en beneficio do proxeecto. A darlle duro. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 20:19 (UTC)Responder

Traducións automáticas editar

  Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita en Duck Duck go. Dito artigo foi marcado como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. --RubenWGA (conversa) 18 de xaneiro de 2022 ás 17:34 (UTC)Responder

Non foi unha traducción autimatica. Pablo131415 (conversa) 18 de xaneiro de 2022 ás 20:40 (UTC)Responder
Hola pero xa hai 2 que me borraches e non eran traduccions automaticas se o modifico ao menos poderias miralo como fai Breogan2008 ou outros. Pablo131415 (conversa) 18 de xaneiro de 2022 ás 20:53 (UTC)Responder

Artigos con problemas editar

Ola de novo Pablo. Por favor, antes de seguir creando novos artigos, tenta arranxar os anteriores que quedaron a medias para evitaren que sexan incluídos marcadores de mantemento nos mesmos e así evitar tamén que sexan eliminados da Galipedia. Entre eles: Abdicación de Xoán Carlos I, Tepeticpac, Cabo Prioriño ou Blue Monday (data), que contan con, ao menos, un marcador. A creación reiterada de artigos sen revisión posterior e con problemas notables (sexan ou non traducións) pode chegar a constituír un acto vándalico que pode conlevar un un bloqueo temporal.

Lembra botarlle unha ollada ás seguintes guías de edición Wikipedia:Como comezar a colaborar, Wikipedia:Como escribir un bo artigo, Axuda:Como editar unha páxina ou Wikipedia:Libro de estilo para coñecer os patróns a seguir na construción e estrutura dos artigos. Asemade, bótalle outra ollada ás seguintes políticas fundamentais da Wikipedia: os cinco piares básicos e o que a Wikipedia é e o que non é. Debemos sempre presupoñer boa fe de cara aos demais usuarios nas súas posibles edicións/reversións, aínda que non sexan do noso agrado, dado que na maioría dos casos teñen razón de ser pois "a maioría das persoas que traballan no proxecto están a tentar axudar o proxecto, non prexudicalo."

Contáctanos se tes calquera dúbida, ou se non estás completamente seguro de cando eliminar ou non un marcador de mantemento dun dos artigos problemáticos para continuar creando máis. Estamos á túa disposición para calquera cuestión que necesites. Aprezamos moitísimo a túa actividade e iniciativa na Galipedia e convidámoste a seguir colaborando arreo connosco. Desculpa as molestias, unha aperta e moitas grazas, --RubenWGA (conversa) 18 de xaneiro de 2022 ás 23:56 (UTC).Responder

Moitas grazas. Pablo131415 (conversa) 19 de xaneiro de 2022 ás 07:32 (UTC)Responder

Fogos de artificio editar

Boas, o artigo Fogos de artificio, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 19 de xaneiro de 2022 ás 16:24 (UTC)Responder

Grazas xa imaxinaba pero deume pouco tempo vou tentar amplialo. Pablo131415 (conversa) 19 de xaneiro de 2022 ás 20:08 (UTC)Responder

Posible violación de dereitos de autoría en Rubber Duck editar

Ola, Pablo131415, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Rubber Duck, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. --RubenWGA (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 13:30 (UTC)Responder

Sintoo moito pero o traducin eu non entendo. Pablo131415 (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 14:10 (UTC)Responder
Poderiamos facer algo? Pablo131415 (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 14:11 (UTC)Responder
Ademáis pusen de onde proveniía. Pablo131415 (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 14:13 (UTC)Responder

dereitos de autoría editar

Ola, Pablo. Xa se che explicou: en Wikipedia:Dereitos de autoría indícase que non é posible empregar contido protexido con Copyright, nin indicando a súa orixe. Non podes facer un copia e pega dunha web, ou un libro, con dereitos de autoría. Se queres podes traducir artigos desde outra Wikipedia. Por exemplo, podes traducir es:Rebelión de Kaga, mesmo usando o tradutor interno da Wikipedia (Axuda:Como traducir un artigo).

Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 25 de xaneiro de 2022 ás 16:05 (UTC)Responder

Estamos nelo Pablo131415 (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 16:54 (UTC)Responder

Artigos con problemas editar

Ola Pablo. Vexo que segues a crear artigos sen revisión e que teñen moitos problemas de ortografía, formato e non cumpren co mínimo de calidade esixible para un artigo novo. Coido que xa che avisaron que se non arranxas os artigos que vas creando poden ser motivo de eliminación rápida da Galipedia, como xa pasou nalgúns casos. As túas colaboracións non deberían depender da boa vontade doutros usuarios que vaian aquelando o mínimo indispensable para manter o artigo. Se segues a crear artigos novos sen revisión posterior e con problemas notables pode chegar a constituír un acto vándalico que pode conlevar un bloqueo temporal. Por favor, antes de seguir a crear novas entradas, pregaríache que revises os que xa creaches, neste wiki valoramos máis a calidade que a cantidade. Sei que pode resultar máis doado e gratificante comezar novos artigos, pero unha vez máis, se non cumpren cos requisitos esixidos serán eliminados. Se tes dúbidas ou preguntas non deixes de preguntar, todos empezamos metendo a zoca e aprendendo aos poucos. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 26 de xaneiro de 2022 ás 11:44 (UTC)Responder

Ao ser moitos, non podemos controlar ben o que fan os nosos compañeiros, pero intentaremos facer o que dixestes. ~~~ Pablo131415 (conversa) 26 de xaneiro de 2022 ás 12:25 (UTC)Responder
Entendo logo que é unha conta colectiva? É por un traballo académico? É dicir, hai máis dunha persoa controlando esta única conta de usuario? Breogan2008 (conversa) 26 de xaneiro de 2022 ás 12:37 (UTC)Responder
Acadmico non é e máis ben un intento de melorar a galipedia e fomentar o galego. Pablo131415 (conversa) 26 de xaneiro de 2022 ás 18:01 (UTC)Responder
Pero se estámos facendo mal perdón, en principio eramos duas persoas pero quixeronse unirse máis e así terminou. Pablo131415 (conversa) 26 de xaneiro de 2022 ás 18:05 (UTC)Responder
Ademáis non todos pero apeu creo artigos curtos coa información xeral, porque nin guen lese a paxina enteiro, ou equibocome? Así que tento facer articulos nin moi largos nin moi curtos para que a xente acuda a wikipedia antes que outras webs con menos imformación, porque está demostrado que se ves algo curto tes máis ganas de leerlo mentras que se e máis longo xa non o les por rque un texto largo quitaste as ganas de lelo. Pablo131415 (conversa) 26 de xaneiro de 2022 ás 18:13 (UTC)Responder
Boas de novo Pablo! As políticas da Wikipedia estabelecen que cada conta debe ser usada por unha única persoa, polo que antes de seguir traballando desta maneira pregaríache que cada persoa que edita dende esta conta faga a súa propia. Agradecemos o traballo e a boa vontade por mellorar a Galipedia, pero esta non é a mellor maneira de colaborar, polo difícil que é controlar unha conta como a que me describes. Preocúpame especialmente cando dis que sodes moitos, animádevos a facer cada un a súa conta. Non custa nada e fará máis fácil a coordinación. Respecto do que me contas da maneira na que fas os artigos, a extensión dun artigo non é sinónimo de calidade, é certo, pero non podemos facelos pensando en que sexan curtos ou nas ganas que teña de lelos fulanito. Isto non é un post de redes sociais ou un blog senón unha enciclopedia, e os artigos deben ter a máxima calidade posible, ser completos, estar ben escritos e estar referenciados. Se tes dúbidas da maneira na que deben crearse os artigos tes ligazóns moi útiles na táboa de benvida desta páxina de conversa. Un saúdo. Breogan2008 (conversa) 8 de febreiro de 2022 ás 10:10 (UTC)Responder

Aviso editar

Ola, Pablo131415. Este vai ser o derradeiro aviso que recibas. Como xa se che indicou hai varias cousas que estás a facer mal e non se ve, polo de agora, que mudes de actitude. A maiores, hai varias cousas importantes que estás a incumprir. Por exemplo: as contas son individuais, Non pode haber varias persoas detrás dunha conta, nin tampouco unha persoa con varias contas. Valoro as túas intencións de promoción do galego e da Galipedia pero cómpre un mínimo de calidade e os teus artigos son moi curtos e teñen moitos problemas que non dás arranxado e provocas un certo estrés no resto dos usuarios. Por iso, outro usuario advertiuche que esa actitude, facer artigos a mazo de calquera xeito, podería considerarse vandalismo.

Polo tanto, chámote a que vaias amañando os artigos anteriores antes de comezar outros: podes comezar por Orcasitas. De non facelo, procederei a bloquea-la túa conta. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 8 de febreiro de 2022 ás 10:13 (UTC)Responder

Perdón @MAGHOI e que non deume tempo a rematalo pero tiña pensado amplialo como o Anteriora de Martín Da Barca Pablo131415 (conversa) 8 de febreiro de 2022 ás 14:18 (UTC)Responder
E o de que axa varias persoas xa so quedamos dous e o outro de bastante calidade.
Un Saudo. Pablo131415 (conversa) 8 de febreiro de 2022 ás 14:24 (UTC)Responder

Roland Bartetzko editar

Ola, Pablo131415. O artigo que vés de crear Roland Bartetzko ten vaias eivas expresivas: é unha tradución automática e non atende as normas de formato que empregamos na Galipedia. Corrixín algunhas pero, chámote a que as mellores nun prazo breve ou, de non facelo, o artigo será eliminado. Como xa che comentara nalgunha ocasión, preferimos calidade a cantidade. Daquela, tamén podes tratar de mellorar algúns dos moitos artigos que precisan revisión. Polo de agora, podes colocar o marcador "enuso" para ires mellorando e corrixindo este artigo. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 15 de outubro de 2022 ás 12:00 (UTC)Responder

Android APK editar

Ola, Pablo. O artigo Android APK é un desastre, tanto na redacción (unha soa oración con numerosas faltas de concordancias sintácticas, como "unha APK [...] son aplicacións"), coma na ortografía (*desarroio, *aún, *persoáxes, "ha feito"...) ou no contido (sen formato enciclopédico, nin referencias nin categorías). Ademais, xa se che dixo moitas veces que debes indicar de onde tomas a información, e segues sen facelo. Non hai por onde collelo. Anímote a probar a facer edicións nunha subpáxina de usuario, por exemplo Usuario:Pablo131415/probas, e aí ir incluíndo contidos que cando estean listos se poidan pasar a un artigo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de xaneiro de 2023 ás 12:04 (UTC)Responder

Boas Pablo! Vin que fixeches algunhas edicións máis despois de ter o marcador de borrado pero como xa che explicou Estevo non é abondo. Vin tamén que se creou unha versión na wikipedia en castelán que imaxino que ficheches ti mesmo e que tamén foi borrada (ten en conta que xa existe co título es:APK (formato). Eu aconsellaríache que comezases facendo unha tradución (non automática) dese artigo co mesmo título ou que fagas probas como che aconsellou Estevo. Lémbroche de novo estas guías de edición Wikipedia:Como comezar a colaborar, Wikipedia:Como escribir un bo artigo, Axuda:Como editar unha páxina ou Wikipedia:Libro de estilo. É mellor facer as cousas pouco a pouco e ir aprendendo o funcionamento da wiki e non facer as cousas ás presas porque a calidade é o que conta á hora de manter un artigo. Calquera dúbida só tes que preguntar.--Breogan2008 (conversa) 26 de xaneiro de 2023 ás 12:09 (UTC)Responder
Non foi traducción automatica oproblema foi que equivoquieme e creeina na wikipedia en castelá en vez na galega pensando que era a galega. Pablo131415 (conversa) 26 de xaneiro de 2023 ás 12:12 (UTC)Responder