Benvida á Galipedia, Onda de lume!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2013 ás 02:16 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Onda de lume. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 28 de outubro de 2013 ás 22:48 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Onda de lume.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 28 de outubro de 2013 ás 22:48 (UTC)Responder

Borrado de artigo editar

Boas Onda de lume! Vin que creaches o artigo Pink, mais non ten contido e hai máis dun mes que ten o marcador. Lamentándoo moito vou propoñer o seu borrado, non obstante se durante o tempo que dure a votación te comprometes a engadirlle contido (ou algún(ha) outr@ usuari@) pode que permaneza. Un saúdo! Piquito (conversa) 19 de xaneiro de 2014 ás 21:17 (UTC)Responder

Marilyn Manson editar

Que pretendiches facer con Marilyn Manson Marilyn Manson (banda)? Parece obvio que hai que borrar esta forma repetida. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 25 de abril de 2014 ás 20:43 (UTC)Responder

Marilyn Manson editar

Ola, Onda de Lume! Quedou o artigo Marilyn Manson (banda) referido ao grupo musical, pero Marilyn Manson quedou como redirección ao artigo do grupo; vas crear o artigo sobre o músico? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de abril de 2014 ás 23:26 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Onda de lume. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 30 de marzo de 2017 ás 18:25 (UTC)Responder

Interplay Entertainment editar

Boas Onda de lume, o artigo Interplay Entertainment, que fixeches ti, ten o marcador de tradución sen revisión, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 21:25 (UTC)Responder

The Sims 4 editar

Boas Onda de lume, o artigo The Sims 4, que fixeches ti, ten varios marcadores de atención, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 21:49 (UTC)Responder

Assassin's Creed: Lineage editar

Boas Onda de lume, o artigo Assassin's Creed: Lineage, que creaches ti, ten varios marcadores de atención, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 13:25 (UTC)Responder

Tamén Ezio Auditore. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 13:44 (UTC)Responder
E tamén Lista videoxogos de Paradox Interactive. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 14:11 (UTC)Responder
Boas de novo, tamén ten varios marcadores The Sims 4. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 09:13 (UTC)Responder
Tamén Paradox Interactive. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 09:22 (UTC)Responder

Red Dead Redemption 2 editar

Ola, Onda de lume. Quitei o marcador {enuso} dese artigo porque excede en moito o tempo recomendado para remata-la edición. Como é posible que che quedase esquecido poderías, quizais agora, dar remate á edición, dado que aínda ten algunhas eivas? Un saúdo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 17 de xuño de 2023 ás 09:37 (UTC)Responder

artigos de partidos políticos editar

Ola, Onda de Lume; quiteille o Modelo:Lixo ao artigo de Caminando Juntos porque o feito de que non teña representación non lle resta relevancia; de ser así, cumpriría eliminar moitos dos artigos incluídos en Categoría:Partidos políticos de Galicia‎, Categoría:Partidos políticos de España e en xeral noutras categorías correspondentes a outros lugares. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de xullo de 2023 ás 12:17 (UTC)Responder

Boas, @Usuario:Estevoaei. Eu creo que é spam, se nas próximas eleccións ten algunha representación poderíase volver a crear o artigo, para ver se ten algunha relevancia. Ademáis na traducción as referencias non quedaron ben postas. E o usuario que creou o artigo, ten outro con algúns problemas. Desculpa as molestias, un saúdo.--Onda de lume (Conversa) 19 de xullo de 2023 ás 12:30 (UTC)Responder

Isleworth editar

Boas, o artigo Isleworth, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 26 de novembro de 2023 ás 12:00 (UTC)Responder

Modelo:Xeografía política editar

Ola, Onda de Lume! O Modelo:Xeografía política non é aplicable a un accidente xeográfico, senón que está pensado para entidades administrativas. Para Gasherbrum I cumpriría mellor o Modelo:Montaña. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de febreiro de 2024 ás 11:10 (UTC)Responder

@Estevoaei E podo poñer o modelo de xeografía política nas parroquias e lugares?, porque estiven probando en Rececende, A Pontenova (parroquia) e en O Vilar das Pedras, Rececende, A Pontenova (lugar) e tamén sáeme ese erro (Error in template * unknown parameter name (Plantilla:Infobox political geography): "l_dissolved2"). Agradecería se me puideses resolver esa dúbida. Grazas Onda de lume (Conversa) 29 de febreiro de 2024 ás 11:42 (UTC)Responder
Tes a resposta en Conversa modelo:Xeografía política, na sección Código INE. De momento aínda non se incluíu en lugares e parroquias de Galicia mentres non se adecúe a esas particularidades. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de febreiro de 2024 ás 11:55 (UTC)Responder