Paradox Interactive

Paradox Interactive, (antes unha división de Paradox Entertainment) é unha empresa distribuidora de videoxogos de estratexia sueca con sede en Estocolmo. Os seus principais programas son xogos de estratexia histórica polo cal é amplamente coñecida. O seu programador xefe é Johan Andersson.

Paradox Development Studio
TipoPrivada
Fundación1999
LocalizaciónEstocolmo
Persoas claveFredrik Wester (CEO)
Johan Andersson
IndustriaVideoxogos
Número de empregados479 (Marzo de 2020)[1]
Na rede
https://www.paradoxplaza.com/ e https://www.paradoxinteractive.com/
Facebook: ParadoxInteractive Twitter: pdxinteractive Instagram: paradox_interactive VK: pdxint Youtube: UC1JOnWZrVWKzX3UMdpnvuMg Twitch: paradoxinteractive Spotify: 75N2nC2KNgaQ1e6bGs0wyc Musicbrainz: 66750222-baa9-4db4-8e26-a22599df9f55 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ademais de facer os seus propios xogos e publicalos, encargouse de publicar xogos doutras empresas como é o caso de Knights of Honor da empresa Sunflowers ou Galactic Civilizations 2 de Stardock.

Títulos máis coñecidos

editar
  • Europa Universalis (2000) Comprende o período 1492-1792. Conversión do xogo de taboleiro.
  • Europa Universalis II (2001) Como secuela do primeiro título, aumenta o período de xogo dende 1419 a 1820 aínda que segue usando case os mesmos gráficos que a anterior edición. Presenta melloras menores respecto do seu predecesor, como as políticas internas.
  • Hearts of Iron (2002) Trata sobre a segunda guerra mundial.
  • Victoria: An Empire Under the Sun (2003) Trata sobre o período 1836-1920, a caída das bases do modelo do Antigo Réxime e as revolucións burguesa e industrial. Debido aos métodos para controlar a túa nación no xogo, este título gañouse a fama de ser o máis complicado á hora de entender a súa mecánica, aínda que é un reflexo do determinismo que dominaba o mundo político da época.
  • Crusader Kings (2004) Este trata sobre o período medieval dende 1066 ata 1453, concentrándose no manexo das familias reais, a partir do 1453 pódese exportar a partida ao Europa Universalis II e seguir xogando ata o ano 1820.
  • Hearts of Iron 2 (2005) A secuela, posúe mellores gráficos e mellor plataforma, así como melloras na diplomacia.
  • Hearts of Iron 2 Doomsday (2006) Ampliación da secuela sobre Hearts of Iron. Mellora aspectos do xogo e amplía o período de xogo ata o 1953, permitindo xogar unha hipotética 3ª Guerra Mundial trala segunda. Inclúe tamén un apartado de espionaxe.
  • Diplomacy, conversión do xogo de taboleiro.
  • Europa Universalis III (2007) Seguinte secuela da saga, orixinalmente cubría dende 1453 ata 1793, pero posteriormente as expansións estenderían o prazo dende 1399 ata 1821. Diferénciase das anteriores entregas polos seus gráficos en 3D e traballados detalles xeográficos (bosques, montañas, desertos, selvas...), aínda que nun principio non era moi distinto aos seus predecesores, as expansións engadiron moitísimos conceptos novos que revitalizaron o título e profundaron moito a xogabilidade.
  • Europa Universalis: Roma O xogo desenvólvese durante a época da República romana, a partir de 280 aC co inicio da guerra pírrica, e terminando co xurdimento do Imperio Romano no ano 27 antes de Cristo. Os xogadores teñen a opción de dirixir a calquera de máis de 53 faccións, que representan 10 culturas prominentes incluíndo cartaxinesa, celta, exipcios, gregos e romanos. O xogo foi lanzado para Microsoft Windows en abril do 2008.
  • Hearts of Iron III (2009) Terceiro xogo da serie "Hearts of Iron".
  • Victoria II (2010) Abarca o período que vai dende o ano 1836 ata o inicio do 1936.
  • Crusader Kings II (2012) Este é un videoxogo de estratexia que comprende o período entre 1066 e 1453. (Pódese comezar nos anos 769 e 867 utilizando as respectivas expansións).
  • Magicka (2011) Videoxogo de acción e fantasía onde se controla a magos a través de aventuras e desafíos, con moitas combinacións posibles de feitizos, un humor amplo, e numerosas parodias a videoxogos e películas.
  • Europa Universalis IV (2013) Última versión desta saga, cobre desde 1444 ata 1821. Mellora os gráficos da versión anterior e o seu funcionamento, engadindo múltiples sistemas de comercio e complexidade. A pesar deses engadidos, convértese no xogo máis fácil para os novos xogadores da saga.
  • Stellaris (2016) Xogo de estratexia de ciencia ficción. Unha mestura entre o estilo 4X deste tipo de xogos co estilo máis tradicional de gran estratexia doutros xogos de Paradox.
  • Hearts of Iron IV (2016) Última versión do xogo de estratexia da segunda guerra mundial, ambientado desde 1936 ata 1955.

Modificacións Afeccionadas

editar

Algo característico da gran maioría dos xogos que cargan co logo de Paradox é o seu maleabilidade, ao punto que no foro oficial de Paradox atópanse modificacións para todos os seus xogos feitas por usuarios.

  1. "Annual report 2019" (PDF). 17 de abril de 2020. p. paradoxinteractive. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de abril de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2020. 

Ligazóns externas

editar