Assassin's Creed: Lineage

Assassin's Creed: Lineage é unha serie de tres curtametraxes de acción en vivo que narran a historia de Giovanni Auditore, pai de Ezio Auditore, protagonista de Assassin's Creed IIAssassin's Creed: Brotherhood e Assassin's Creed: Revelations.[1][2] A historia destes curtas toma lugar meses antes dos sucesos de Assassin's Creed II. Os episodios foron producidos por Ubisoft e o primeiro foi estreado o 26 de outubro de 2009 en YouTube.[3] As curtametraxes teñen o obxectivo de promoción para o xogo, así como un intento de Ubisoft para facer o seu primeiro paso na industria do cine. Foron dirixidos polo director de cine canadense Yves Simoneau.[4]

Assassin's Creed: Lineage
Ficha técnica
Título orixinalAssassin's Creed: Lineage
DirectorYves Simoneau
ProdutorPierre Raymond

Serge Hascoet
Yannis Mallat
Yves Guillemot

Ian Whitehead
GuiónWilliam Reymond, Yves Simoneau
IntérpretesRomano Orzari

Devon Bostick
Claudia Ferri
Harry Standjofski
Manuel Tadros
Michel Perron
Peter Miller

Roc LaFortune
MúsicaGeorge S. Clinton
FotografíaGuy Dufaux
MontaxeIsabelle Malenfant
EstudioUbisoft Montreal, Hybride Technologies
Estrea2009
Duración36 minutos
OrixeCanadá
Francia
Na rede
http://assassinscreedlineage.uk.ubi.com/
IMDB: tt1587390 Filmaffinity: 508723 Allocine: 175114 Allocine: 7749 Allmovie: v546388 TV.com: movies/assassins-creed-lineage Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

A película é unha precuela do videoxogo Assassin's Creed II. Céntrase en Giovanni Auditore, o pai do personaxe principal do xogo, Ezio Auditore da Firenze. Giovanni é un nobre italiano e membro secreto da orde dos Asasinos que vive en Florencia, a finais do século XV (Renacemento).

Trala morte do duque de Milán, o asasino Giovanni Auditore recibe o encargo de investigar o crime. A súa misión é descubrir aos responsables e as razóns do brutal asasinato. Pero as respostas que atopa implican ás familias máis poderosas de Italia e desvelan unha conexión co propio Vaticano. Canto máis se achega á verdade, o propio Giovanni convértese en obxectivo do complot, polo que debe relevar os nomes dos conspiradores antes de ser vítima el mesmo. A historia presenta a situación antes de Assassin's Creed II, e aos inimigos de ambos, Giovanni e o seu fillo Ezio.

Episodio 1

En 1476 en Florencia, Giovanni Auditore, un asasino, tenta descubrir unha conspiración contra Galeazzo Maria Sforza, duque de Milán e un dos aliados de Lorenzo de Medici, para quen traballa. A investigación lévalle ata Milán, onde tentará evitar que ocorra o peor.

Episodio 2

Ao perseguir os asasinos de Sforza, Giovanni chega a Venecia, onde intercepta unha carta codificada dos conspiradores. Descodificar este documento para desvelar os nomes de quen orquestraron a conspiración será de vital importancia.

Episodio 3

Incapaz de descifrar o contido da carta, Giovanni decide levala a Roma para desenmascarar aos líderes da conspiración, pero alí descobre que esta é máis grande e máis perigosa do que pensara.

Elenco editar

  • Romano Orzari como Giovanni Auditore
  • Manuel Tadros como Rodrigo Borgia[5][6]
  • Alex Ivanovici como Lorenzo de Médici
  • Devon Bostick como Ezio Auditore
  • Jesse Rath como Federico Auditore
  • Claudia Ferri como María Auditore
  • Michel Perron como Uberto Alberti
  • Roc Lafortune como prisioneiro
  • Arthur Grosser como Papa Sixto IV
  • Shawn Baichoo como pai Antonio Maffei
  • Frank Fontaine como Marco Barbarigo
  • Peter Miller como duque de Milán
  • Harry Standjofsky como Silvio Barbarigo
  • Maxime Savaria como mensaxeiro templario

Notas editar

  1. Giovagnoli, Max (2011). "Plan Transmedia". Transmedia Storytelling: Imagery, Shapes and Techniques (en inglés). Lulu.com. p. 43. ISBN 9781105062582. 
  2. Manco, Emanuele (2012). "Assassin's Creed, cronologia del successso". En Guadalupi. Effemme 2 (en italiano). Delos Digital srl. p. 132. ISBN 9788867750184. 
  3. "The first episode of the Assassin’s Creed Lineage short movies will be aired on 8 YouTube homepages worldwide on Oct. 27th". 19 de outubro do 2009. 
  4. "Assassin's Creed Lineage: Révélations.". 29 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2009. Consultado o 20 de outobro de 2009. 
  5. Coudé-Lord, Michelle (13 de novembro de 2009). "Manuel Tadros dans la peau d'un pape". Journal de Montreal (en francés). Consultado o 1 de febreiro de 2020. 
  6. Terrace, Vincent (11 de novembro de 2014). Internet Drama and Mystery Television Series, 1996-2014. McFarland Publishing. p. 12. ISBN 9780786495818. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar