Assassin's Creed II

videoxogo de 2009

Assassin's Creed II é un videoxogo de historia ficticia, acción e aventuras en mundo aberto, desenvolvido por Ubisoft Montreal e distribuído por Ubisoft. É o segundo título da serie Assassin's Creed, unha secuela do videoxogo de 2007 Assassin's Creed, e o primeiro título da 'triloxía Ezio'. O videoxogo foi lanzado para PlayStation 3 e Xbox 360 en novembro de 2009, en marzo de 2010 estivo dispoñible para Microsoft Windows, en outubro dese mesmo ano para OS X.

Assassin's Creed II
Desenvolvedor(es)Ubisoft Montreal
Distribuidora(s)Ubisoft
Director(es)Patrice Désilets
Deseñador(es)Benoît Lambert
Artista(s)Mohamed Gambouz
Compositor(es)Jesper Kyd
MotorAnvil
Lanzamento17 de novembro de 2009: PlayStation 3 e Xbox 360
XéneroAcción e aventura
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI PEGI 18 (2009-2010).svg
CERO CERO Z.svg
USK USK 16.svg
Plataforma(s)PlayStation 3
Xbox 360
Microsoft Windows
Mac OS X
Páxina oficialPáxina oficial
SerieAssassin's Creed
editar datos en Wikidata ]

A historia está ambientada no século XXI e segue a historia de Desmond Miles, que revive a memoria xenética do seu devanceiro Ezio Auditore da Firenze. O argumento principal céntrase no Renacemento en Italia durante o século XV e comezos do século XVI. O xogador pode explorar Florencia, Venecia, Toscana e Forlì e guiar a Ezio na súa misión de vinganza contra os responsables da morte da súa familia. No xogo é preciso empregar as habilidades de combate e sixilo, para que Desmond comece a descubrir os misterios sobre a antiga raza coñecida como Primeiras Civilizacións coa esperanza de rematar co conflito entre os Asasinos e os Cabaleiros Templarios.

A produción de Assassin's Creed II comezou pouco despois do lanzamento de Assassin's Creed empregando un novo motor de xogo, o Anvil. O xogo recibiu a aclamación da crítica e vendeu máis de 9 millóns de copias até maio de 2010. A versión de PC foi acollida con certo criticismo por mor do sistema de xestión de dereitos dixitais. O xogo ten un follow-up, Assassin's Creed II: Discovery e unha secuela directa, Assassin's Creed: Brotherhood.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar