Assassin's Creed: Brotherhood

Assassin's Creed: Brotherhood, é un videoxogo de acción-aventura e sixilo de ficción histórica, desenvolvido por Ubisoft Montreal.[1] O xogo foi lanzado a nivel mundial para PlayStation 3 e Xbox 360, comezando en América do Norte o 16 de novembro de 2010. Máis tarde foi lanzado para Microsoft Windows en marzo de 2011, seguido por unha versión para OS X en maio de 2011.

Assassin's Creed: Brotherhood
Desenvolvedor(es)Ubisoft Montreal
Distribuidora(s)Ubisoft
Director(es)Patrice Désilets (antes de xuño do 2010), Patrick Plourde (despois de xuño do 2010)
Produtor(es)Sébastien Puel, Jade Raymond (Produtor Executivo)
Deseñador(es)Patrice Désilets (Director Creativo)
Escritor(es)Jeffrey Yohalem
Corey May (Historia)
Artista(s)Mohamed Gambouz
Compositor(es)Jesper Kyd
MotorAnvil
XéneroAcción-aventura, Sixilo, en terceira persoa
Modos de xogoUn xogador, Multixogador
ClasificaciónBBFC=15, CERO=Z, ESRB=M, OFLCA=MA, OFLCZ=R16, PEGI=18, USK=16
Plataforma(s)PlayStation 3, Windows, Xbox 360, Steam OS, Mac OS
Formato(s)DVD, Blu-Ray
SerieAssassin's Creed
Na rede
Web oficial
IMDB: tt1699759 Discogs: 344618 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É a terceira entrega da serie de Assassin's Creed e o segundo episodio ou secuela de Assassin's Creed II. Conta novamente con Ezio Auditore da Firenze como protagonista, quen agora é un lendario Mestre Asasino, que lidera ao seu recente fundada irmandade na cazaría dos Templarios en Roma. A historia de Assassin's Creed: Brotherhood ten lugar inmediatamente despois da trama de Assassin's Creed II, co asasino do século XVI en Italia, Ezio Auditore e a súa busca para restaurar a orde dos asasinos e destruír aos seus inimigos: a familia Borgia. Cruzándose con estes feitos históricos, suceden as actividades de hoxe en día do protagonista da serie Desmond Miles, que revive os recordos do seu antepasado Ezio para atopar unha maneira de loitar contra os inimigos dos Asasinos, os templarios, e para evitar a apocalipse de 2012.

Assassin's Crede: Brotherhood baséase nun mundo aberto presentado dende a perspectiva en terceira persoa cun enfoque principal en usar as habilidades de combate e de sixilo de Ezio e Desmond para eliminar os brancos e explorar o medio. Ezio é capaz de explorar libremente Roma do século XVI para completar misións secundarias fóra da trama principal. O xogo introduce un compoñente multixogador á serie, presentado como un programa de adestramento dos Templarios.

O xogo recibiu eloxios dos críticos, xunto con múltiples premios, incluíndo un premio BAFTA ao Mellor Xogo de Acción. En novembro de 2011, lanzouse Assassin's Creed: Revelations, secuela directa deste Assassin's Crede: Brotherhood e terceiro e último episodio de Assassin's Creed II, que serviu como conclusión da historia de Ezio Auditore e continuou a historia de Desmond Miles.

Argumento editar

Despois de escapar do ataque dos Templarios ao final de Assassin's Creed II. Desmond Miles, Lucy Stillman, Rebecca Crane e Shaun Hastings foxen a Monteriggioni, establecendo un novo agocho nas ruínas da Vila Auditore. Despois de restaurar a electricidade nos vellos túneles baixo a vila, o xogador unha vez máis toma o control de Ezio Auditore a través da memoria xenética de Desmond Miles usando o Animus 2.0. A súa misión é atopar o Froito do Edén, un artefacto importante e misterioso que podería impedir o desastre inminente que está a chegar nese mesmo ano, que se cre foi perpetrado polos Templarios.

A historia de Ezio continúa en 1499, onde sae da Bóveda, confundido polo que viu no interior. Escapa de Roma co seu tío Mario Auditore e chega a Monteriggioni. Unha vez en casa, Ezio é consolado pola posibilidade de que a súa vinganza persoal rematou e que os seus días como un asasino terminaron; con todo, Nicolás Maquiavelo desafía a decisión de Ezio de deixar ao Español Rodrigo Borgia, agora o Papa Alexandre VI, vivo. Á mañá seguinte, Monteriggioni é asediada por César Borgia, fillo de Rodrigo, quen asasina a Mario, secuestra a Caterina Sforza (unha aliada que Ezio coñece en AC II) e leva o "Froito do Edén". Ezio logra escapar coa súa familia por uns pasadizos secretos que hai na vila e viaxa a Roma, o centro da Orde Templaria en Italia, unha vez máis, buscando vinganza contra os Borgia. Alí, descobre que os Asasinos están a fallar na loita contra a corrupción. Decidido a rescatar o Gremio, Ezio convence a Maquiavelo de que ten todo o necesario para reunir unha Irmandade o suficientemente poderosa como para destruír aos Templarios e o seu novo inimigo, César Borgia.

Durante o próximos catro anos, Ezio executa misións coa intención de paralizar a influencia Borgia na capital, saboteando os recursos de César e asasinando a persoas clave próximas e/ou traballando con el no proceso, e pouco a pouco vaise restaurando Roma á súa antiga gloria. Ezio convértese en líder da Orde e é ascendido ao rango de Il Mentore (en italiano, "O Mentor").

César, sabendo das accións de Ezio, enfróntase ao seu pai e desesperadamente pídelle máis diñeiro e o propio Froito, Rodrigo Borgia (o Papa) négase e tenta envelenar ao seu fillo, ao darse conta de que a ambición polo poder de César non pode ser mantida baixo control. César, con todo, dá a volta á mesa cara ó seu pai e mátao. Ezio despois de decatarse da localización do Froito, recupérao tras unha persecución e unha batalla contra os gardas no interior da Basílica de San Pedro. Ezio utilízaa para esmagar as forzas de César e retirar o apoio dos seus seguidores. Cesár é arrestado polo exército do Papa Xulio II e é levado á prisión de Viana, España.

Ezio utiliza o Froito, unha vez máis, para atopar a César, que escapa do cárcere e cercou unha pequena cidade de  Viana en Navarra,España. Nesta atópase con César nas ameas dun castelo en ruínas e loita contra el, César afirma que non pode ser matado pola man do home, polo que incita a Ezio a "deixar que o destino decida", deixándoo caer das ameas. Tras isto, Ezio regresa a Roma e esconde o "Froito" nunha cripta construída debaixo do Coliseo.

Utilizando as coordenadas tomadas dos recordos de Ezio, Desmond, Lucy, Shaun e Rebecca viaxan ao templo, coa intención de utilizar o "Froito" para localizar o resto dos templos para esconder as outras Pezas do Edén das mans dos templarios. Mentres Desmond entra no templo, é enfrontado por aparicións holográficas dun ser chamado Juno, que parece ser da mesma raza que Minerva; con todo, nin Lucy, Shaun ou Rebecca pódena ver ou oír. A maioría dos seus comentarios céntranse na falta de coñecemento da humanidade. Afirma que a humanidade é "inocente e ignorante"; que as persoas non naceron para ser sabias, recibindo tan só cinco do seis sentidos: vista, olfacto, gusto, tacto e oído, pero carecendo de coñecementos. A súa carencia de coidado logo diminúe a medida que de súpeto anóxase, gritando "'Temos que deixarvos como erades!"

Mentres Desmond achégase ao Froito e tócao, ao tempo conxélase arredor del, aínda que pode moverse e falar. Juno enigmáticamente dille a Desmond que descende da súa raza e do seu inimigo, e que hai unha muller que se supón que o acompaña a través "da entrada", pero ela non está con el. Ela toma o control do corpo de Desmond e obrígalle a apuñalar a Lucy no abdome. Ambos caen ao chan, Lucy, aparentemente morta e Desmond entrando en estado de coma. Nos créditos, pódese oír a dous homes, un deles o pai de Desmond, discutir sobre se deben poñer a Desmond de novo no Animus.

Sistema de xogo editar

Assassin's Creed: Brotherhood é un videoxogo de acción-aventura en terceira persoa cuxa énfase principal é o sistema de xogo ao estilo sandbox nun mundo aberto na antiga cidade de Roma. Como nos títulos anteriores, a mecánica principal do xogo está baseada en movementos de parkour, sixilo, axilidade, estratexia, loitas, esgrima, agochos (fardos de heno, follas, bancos, mesturarse coa multitude), asasinatos e un sistema de pelexa corpo a corpo. O sistema de combate presenta múltiples mellorías e por primeira vez na serie, o xogo ofrece un modo multixogador xunto con máis de 15 horas de modo dun só xogador.[2]

O xogo introduce un novo sistema de xestión: o xogador pode recrutar novos membros destruíndo as 15 "torres Borgia" en Roma, onde as tropas papais atópanse estacionadas, e logo rescatando cidadáns descontentos polo acoso dos gardas. O xogador, como Ezio, pode envialos a múltiples tarefas por toda Europa ou chamalos como apoio durante misións (se non están ocupados antes). Colocar tarefas aos novos asasinos fanos gañar puntos de experiencia, e o xogador pode personalizar a súa aparencia, habilidades e adestramento con armas ata certo grao, consumindo os puntos de habilidade que eles gañaron. Os asasinos poden morrer en misións, das cales non regresarán. Ezio domina novos dispositivos como o paracaídas de Leonardo da Vinci, o cal pode ser usado para saltar de edificacións altas, xunto aos dardos venenosos, un veleno de máis rápida acción, unha ballesta e a habilidade para blandir e lanzar armas máis pesadas como machadas.[2]

A contorna principal é Roma, que caeu na ruína debido á regra corrupta do papado de Borgia e dos templarios nos Estados Pontificios e a concentración de toda a riqueza no Vaticano. Do mesmo xeito que a cidade de Monteriggioni en Assassin's Creed: II, o xogador é capaz de investir na cidade e ser testemuña do seu desenvolvemento e desbloquear recompensas.[3] O xogador ten que conquistar e destruír torres Borgia para liberar zonas da cidade da influencia da familia.[2] Ao completar isto desbloquéanse novas misións e oportunidades. Roma é a cidade máis grande creada na serie despois das dúas primeiras entregas (Roma é tres veces máis grande que Florencia de Assassin's Creed: II), e inclúe cinco distritos variados: Vaticano, Centro, Trastevere, Campagna e Antico.[2] A diferenza das entregas anteriores, as viaxes entre diferentes cidades ou rexións xa non está presente, xa que a maioría da acción no xogo lévase a cabo arredor da cidade de Roma. En lugar diso, unha rede de túneles na cidade permite ao xogador viaxar a diferentes sectores da cidade con facilidade. Con todo os xogadores poden explorar toda a cidade de Roma, visitar o porto de Nápoles, unha parte de Navarra, España, e Monteriggioni na actualidade.

O sistema de combate foi modificado. Atacar primeiro e accións ofensivas son máis mortais en Brotherhood que nos xogos anteriores onde os contraataques eran os máis eficientes. Antes disto pasaba, que o xogador esperase ata que a IA atacara, o cal retardaba o ritmo da loita. A IA neste xogo é por tanto máis agresiva e pode atacar a inimigos de forma simultánea. Para derrotalos, Ezio pode utilizar a pelexa corpo a corpo e armas de longo alcance ao mesmo tempo, así como introducir o canón oculto no combate. Despois de matar a un inimigo, o xogador pode iniciar un momento de execucións para despachar a varios inimigos rapidamente. Ezio pode lanzar armas pesadas (machadas, lanzas e espadas) aos seus inimigos. Hai novos inimigos, ademais das que se observan en Assassin's Creed: II como xinetes, arcabuceiros, gardas papais e outros.

Os cabalos xogan un papel máis importante en Brotherhood, non só utilízanse como un medio de transporte (dentro da cidade por primeira vez), senón como un compoñente de secuencias acrobáticas e de combate avanzado tamén, permitindo armas de longo alcance ser utilizadas ao montalos. Brotherhood tamén introduce varios tipos de asasinatos relacionados con cabalos. Hai obxectos ambientais como a maceta colgante en Assassin's Creed: II para moverse máis rápido dentro da cidade (un sistema de túneles arredor da cidade permite viaxar rápido), así como novos obxectos como ascensores de mercadoría para rubir edificios ou estruturas altas rapidamente.[4]

A diferenza de entregas anteriores, Desmond pode saír do Animus case a calquera momento. Isto permite a Desmond explorar a cidade actual de Monteriggioni. Ao xogador tamén se lle ofrece adestramento virtual, un minixogo onde o xogador pode probar as súas habilidades de free running e de combate.

Desenvolvemento editar

Assassin's Creed: Brotherhood foi desenvolvido por Ubisoft Montreal. Montreal tamén traballou en dous dos outros xogos principais da serie Assassin's Creed e por tanto foi elixido para dirixir a produción da terceira entrega. En novo episodio de Assassin's Creed con multixogador foi anunciado durante 2009, os resultados do terceiro cuarto fiscal de Ubisoft, sen revelar o seu nome. A principios de maio de 2010, un empregado de GameStop publicou en Internet algunhas imaxes dunha caixa co título Assassin's Creed: Brotherhood mentres que Ubisoft estaba a promocionar o xogo en Facebook e Twitter. Ubisoft logo confirmou a autenticidade destas imaxes.[5] Brotherhood non foi numerado a diferenza de Assassins Creed II, porque os xogadores, e mesmo os propios desenvolvedores esperarían un novo escenario e un novo antecesor mentres que este é só a continuación da historia de Ezio.[6]

O xogo foi desenvolvido principalmente por Ubisoft Montreal no Canadá. A produción foi axudada en parte por outros catro desenvolvedores de Ubisoft: Annecy, Singapura, Bucarest e Québec. O modo multixogador foi desenvolvido principalmente por Ubisoft Annecy, o estudo responsable de crear o modo multixogador de Tom Clancy's Splinter Cell: Chaos Theory.[7][8] Ubisoft tamén anunciou plans para contido descargable (DLC) despois do lanzamento do xogo. Dous xogos DLC gratuítos foron lanzados baixo as denominacións "Animus Project Update 1.0 DLC" e "Proxecto Animus 2.0". O primeiro inclúe o novo mapa Mont Saint-Michel e un modo novo, Alianza Avanzada. "Proxecto Animus 2.0", foi lanzado en xaneiro de 2011, tamén gratis, e inclúe outro mapa, modo e a introdución dun sistema de clasificación de xogadores.[2] Dende o punto de vista de rendemento, Ubisoft comentou que esperaban que os ocos entre as versións de PlayStation 3 e Xbox 360 serían aínda máis pequenos con Brotherhood.[9]

Aínda en desenvolvemento, o director creativo Patrice Désilets deixou antes da presentación do xogo no E3 2010. Ubisoft e o xefe de produción Jean-Francois Boivin afirmou que el só tomou unha "pausa creativa" despois de completar a súa tarefa en Brotherhood.[10] Un teaser trailer do modo multixogador foi lanzado no sitio oficial antes da E3. Un trailer debut cinematográfico foi difundido durante o E3 2010 na conferencia de prensa de Ubisoft xunto cunha proba do inicio do xogo. Assassin's Creed: Brotherhood chegou a disco de ouro o 28 de outubro de 2010.[11] A versión de Microsoft Windows ten soporte para Nvidia 3D Vision e multimonitor a través de AMD Eyefinity. Tamén utiliza protección de copia Tagès, así como plataforma de servizos en liña de Ubisoft, pero non require unha conexión a Internet sempre activa para xogar.[12] O 30 de novembro de 2010, publicouse unha novelización do xogo. A novela é unha secuela da novela anterior.

Recepción editar

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
GameRankings(PS3) 90.05%[13]
(X360) 90.59%[14]
(PC) 88.40%[15]
Metacritic(PS3) 90/100[16]
(X360) 89/100[17]
(PC) 88/100[18]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
1UP.comA-
Edge8/10[19]
Eurogamer10/10[20]
Game Informer9.25/10
GamePro     
GameSpot8.5/10
GameTrailers9/10
IGN8/10
OXM (US)8/10[21]

Assassin's Creed: Brotherhood recibiu altas puntuacións por parte dos críticos. Con máis de 90% de puntos positivos, Brotherhood gañouse a aprobación de Metacritic e GameRankings. Tamén o modo Multixogador recibiu excelentes comentarios, considerándose o mellor Multixogador en E3 2010.

A secuela de Assassin's Creed: Brotherhood, Assassin's Creed: Revelations foi lanzada en novembro de 2011. Segundo os desenvolvedores Revelations non é "Assassin's Creed 4", xa que a terceira entrega non sería protagonizada por un personaxe pre-existente.

Notas editar

  1. marketplace xbox. "Assassin's Creed La Hermandad". Consultado o 20 de marzo de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Gamescom 2010: 13 killer Assassin's Creed: Brotherhood facts". ComputerAndVideoGames. 18 de agosto de 2010. Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  3. Gaskill, Jake (18 de agosto de 2010). G4tv.com, ed. "Assassin's Creed: Brotherhood for Xbox 360 - Preview". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  4. 1UP.com (ed.). "AC: Brotherhood Preview for PC, 360 from". Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  5. Mike Fahey (5 de maio de 2010). "GameStop Placeholder Art Names Assassin's Creed: Brotherhood - Update". Kotaku. Consultado o 11 de xullo de 2010. 
  6. Ubisoft (16 de xuño de 2010). YouTube, ed. "Assassins Creed Brotherhood ComDev Conversation - Ubisoft E3 2010 [Europe]". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2010. Consultado o 16 de xullo de 2010. 
  7. Nz.playstation.com, ed. (21 de xullo de 2009). "PlayStation 3 News Articles: - Assassin's Creed Brotherhood announced". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2010. 
  8. Rob Crossley (11 de maio de 2010). develop, ed. "Five-studio brotherhood for new Assassin's Creed". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2010. Consultado o 11 de xullo de 2010. 
  9. GamingUnion.net, ed. (2 de novembro de 2010). "Assassin's Creed: Brotherhood PS3 Performance Should Match Xbox 360". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2010. Consultado o 2 de novembro de 2010. 
  10. David Scammell (9 de xullo de 2010). GamerZines, ed. "Assassin's Creed's Production Manager discusses Patrice Desilets' departure". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2010. Consultado o 11 de xullo de 2010. 
  11. Joystiq.com, ed. (28 de outubro de 2010). "Assassin's Creed: Brotherhood goes gold, new trailer goes to Rome". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2010. 
  12. Purchese, Robert (11 de febreiro de 2011). Eurogamer, ed. "Assassin's Creed: Brotherhood PC details". Consultado o 12 de febreiro de 2011. 
  13. "Assassin's Creed: Brotherhood (PlayStation 3) reviews at". GameRankings. 19 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  14. "Assassin's Creed: Brotherhood (Xbox 360) reviews at". GameRankings. 19 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  15. "Assassin's Creed: Brotherhood (PC) reviews at". GameRankings. 19 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  16. "Assassin's Creed: Brotherhood (PlayStation 3) reviews at". Metacritic. 19 de xuño de 2011. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  17. "Assassin's Creed: Brotherhood (Xbox 360) reviews at". Metacritic. 19 de xuño de 2011. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  18. "Assassin's Creed: Brotherhood (PC) reviews at". Metacritic. 19 de xuño de 2011. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  19. "Assassin's Creed Brotherhood Review". Edge Magazine. 18 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 9 de abril de 2011. 
  20. Tom Bramwell (16 de novembro de 2010). "Assassin's Creed: Brotherhood Review". Eurogamer. Consultado o 9 de abril de 2011. 
  21. Channell, Mike. "Assassin's Creed: Brotherhood". Official Xbox Magazine. Consultado o 22 de xullo de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar