Lourenzo de Medici

estadista italiano e gobernante de facto da república de Florencia, mecenas das artes, diplomático, banqueiro, poeta e filósofo renacentista, pertencente á familia dos Medici

Lourenzo de Medici (italiano: Lorenzo di Piero de' Medici), nado en Florencia o 1 de xaneiro de 1449 e finado en Careggi o 8 de abril de 1492, tamén coñecido como Lourenzo o Magnífico polos seus contemporáneos, foi un estadista italiano e gobernante de facto[1] da República de Florencia durante o Renacemento italiano. Príncipe de Florencia, mecenas das artes, diplomático, banqueiro, poeta e filósofo renacentista, pertencente á familia dos Medici e tamén bisavó de Catarina de Medici.

Modelo:BiografíaLourenzo de Medici

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Lorenzo di Piero de Medici Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1449 Editar o valor en Wikidata
Florencia (República de Florencia) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de abril de 1492 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Careggi (República de Florencia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCapela dos Medici Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPalacio Medici Riccardi Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, poeta, escritor, banqueiro Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJohn Argyropoulos, Marsilio Ficino e Gentile de' Becchi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaMedici Editar o valor en Wikidata
CónxuxeClarice Orsini (1469, 1469 (Gregoriano)–1487) Editar o valor en Wikidata
ParellaLucrécia Donati Editar o valor en Wikidata
FillosLucrécia de Médici
 () Clarice Orsini
Pedro de Médici
 () Clarice Orsini
Madalena de Médici
 () Clarice Orsini
León X, papa
 () Clarice Orsini
Luisa de' Medici
 () Clarice Orsini
Contessina de Médici
 () Clarice Orsini
Clemente VII, fillo adoptivo
 () Giuliano de MédiciFioretta Gorini
Juliano II de Médici
 () Clarice Orsini Editar o valor en Wikidata
PaisPedro de Cosme de Médici Editar o valor en Wikidata  e Lucrécia Tornabuoni Editar o valor en Wikidata
IrmánsNannina de' Medici
Maria di Piero de' Medici
Bianca de Médici (1445-1488)
Giuliano de Médici
Giovanni de' Medici Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
The Nuttall Encyclopædia >>>:Medici, Lorenzo de
Library of the World's Best Literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1159080 Musicbrainz: 93d4bc61-111f-4c57-aa4a-757b199cdd5b Discogs: 1790545 IMSLP: Category:Medici,_Lorenzo_de' WikiTree: Medici-21 Find a Grave: 19914 Editar o valor en Wikidata

A súa vida coincidiu coa cúspide do Renacemento italiano temperán; a súa morte marca o final da Idade de Ouro de Florencia. A fráxil paz que axudou a manter entre os distintos estados italianos terminou coa súa morte. Os restos de Lourenzo de Medici repousan na Capela dos Medici na Basílica de San Lourenzo (Florencia).

Traxectoria

editar

Lourenzo foi considerado o máis intelixente dos cinco irmáns e tivo como titor un diplomático chamado Gentile Becchi. Participou en xustas, cetrería, caza e cría de cabalos para competir no Palio de Siena. O seu cabalo chamábase Morello.

Educouse primeiro en Venecia, máis tarde foi enviado a Milán con só dezanove anos en representación do seu pai, Pedro de Medici. Sendo Lourenzo aínda novo, Piero enviouno a numerosas misións diplomáticas, entre as que se contan viaxes a Roma para ver o Papa e a outras figuras políticas e relixiosas.

Con vinte anos, en 1469, a morte do seu pai obrigoulle a facerse cargo do Estado florentino baixo un pulso permanente co Reino de Nápoles. O seu carácter conciliador e diplomático permitiulle alcanzar a paz cos napolitanos en 1480 tras declararlle a guerra Fernando I de Nápoles. Os enfrontamentos entre os xefes de familia da república florentina mantiñan a cidade en tensión e Lourenzo debeu disputar a súa posición de forma permanente. Esta actitude levou a parte da historiografía a consideralo un déspota. Outros, con todo, considerárono un mantenedor da orde nun período moi convulso da historia da cidade italiana. O enfrontamento entre os Medici e os Pazzi -outra influente familia banqueira da cidade- mantívose durante todo o seu principado e sufriu, polo menos, dous atentados, o máis famoso dos cales sucedeu o 26 de abril de 1478, a conspiración dos Pazzi, que ocorreu fronte á Duomo de Florencia, un domingo en misa. Nesta descabelada operación os Pazzi acabaron coa vida do irmán de Lourenzo, Giuliano. Enfrontouse ao Papa Sisto IV no proceso de expansión dos Estados Pontificios.

Casado cunha das mulleres máis nobres da aristocracia, Clarice Orsini, conseguiu que o seu fillo fixese carreira como eclesiástico, de tal sorte que máis tarde chegaría a ser o Papa León X.

Como mecenas destacou no seu apoio a artistas do nivel de Sandro Botticelli, Leonardo da Vinci, Giuliano da Maiano e Michelangelo Buonarroti, entre outros. Estendeu a obra renacentista italiana polo resto das cortes europeas, grazas ás súas excelentes relacións.

Fundou, entre outras institucións, a Biblioteca Laurenciana. Enviados de Lourenzo recuperaron do leste de Europa gran cantidade de obras clásicas e montaron talleres para copiar os seus libros e difundir o seu contido a través de toda Europa. Apoiou o desenvolvemento do humanismo a través do seu círculo de amigos eruditos que estudaron os filósofos gregos e trataron de combinar as ideas de Platón co cristianismo. Neste grupo atopábanse os filósofos Marsilio Ficino, Poliziano e Giovanni Pico della Mirandola.

Na súa condición de banqueiro desatendeu os negocios herdados da familia e tivo moitos problemas para manter as actividades mercantís no oeste de Europa, perdendo as filiais de Londres, Bruxas e Lión (creada en 1466).

Mecenado

editar
 
Rappresentazione dei santi Giovanni e Paolo
 
Retrato de Lourenzo de Medici por Girolamo Macchietti

O mecenado de Lourenzo de Medici non consistiu tanto en financiar obras, como fixera o seu avó Cosme o Vello, senón en mandar os artistas máis destacados de Florencia (Botticelli, os Pollaiolo a Roma, Maiano a Nápoles, Sansovino a Lisboa, Verrocchio a Venecia etc.) a diversas cortes, practicando a «política de prestixio artístico». O seu gusto e o seu criterio eran moi valorados posto que, dotado dunha gran sensibilidade demostrada polos seus poemas, gustou de rodearse de artistas, filósofos e científicos: amaba o contacto coa intelixencia e o talento, como para cultivar nel mesmo unha especie de artista universal, para adquirir ou presentir todas as virtualidades do xenio. Á xeración viril, a de Cosme que se compracía en construír en todas as ordes, seguiu a dos estetas, admirablemente dotados, que prefiren o goce e a especulación á actividade. Isto ademais ten a súa explicación no feito de que había que facer avanzar numerosos traballos xa emprendidos, que as vilas dos Medicis eran xa numerosas en 1469 e que estaban adornadas con cadros e estatuas, quedando pouco sitio libre. O que si é certo é que entre todas as anticaglie que conservaban en xardíns e no interior dos palacios, artistas como Michelangelo puideron entrar en contacto directo coas obras da antigüidade clásica -e reparar algunhas, como é o caso de Donatello-, sen esquecer por exemplo que no Camposanto monumental de Pisa hai unha magnífica colección de sarcófagos romanos, probablemente a primeira fonte de inspiración para os escultores florentinos do Quattrocento.

Algúns estudosos proclaman a Lourenzo de Medici como un dos «padriños do Renacemento». Destácase o chamado «xardín de escultura» que fundou, co cal pretendía revivir a arte da escultura, case extinta en Florencia. Neste xardín impartiuse ensino gratuíto no proceso de esculpir aos máis talentosos aprendices dos talleres do momento, entre eles a Michelangelo, e foi alí onde este realizou varias das súas primeiras obras en mármore, como a Virxe das Escaleiras e a Batalla dos centauros. Para encher a necesidade de ter un mestre no xardín de escultura, Lourenzo contratou a Bertoldo, antigo aprendiz do famoso escultor Donatello, quen á súa vez foi aprendiz de Ghiberti. Bertoldo, malia a súa avanzada idade, ensinou a arte de esculpir o mármore aos seus aprendices do xardín, o cal lles deu as bases necesarias para revivir a escultura en Florencia.

editar
  1. Kent, F.W. (2006). JHU Press, ed. Lorenzo De' Medici and the Art of Magnificence. USA. p. 248. ISBN 0801886279. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar