Basílica de San Lourenzo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
A Basílica de san Lourenzo é unha das igrexas máis grandes de Florencia; está situada na praza homónima que é a sede do mercado no centro da cidade. Posibelmente, é a igrexa máis antiga de Florencia e é considerada a primeira igrexa plenamente renacentista. Cando foi consagrada, no 393, estaba situada fóra da cidade enmurallada. Durante trescentos anos foi a catedral da cidade denantes que a praza bispal oficial fose transferida á igrexa de santa Reparata. Ten a dignidade de basílica menor.[1]
Basílica de san Lourenzo | |
---|---|
Edificio | |
Tipo | Basílica |
Estilo | Quattrocento, Renacemento |
Localización | Florencia |
Coordenadas | 43°46′30″N 11°15′14″L / 43.774888888889, 11.253863888889 |
Construción | |
Construción | 1421 |
Estimación de finalización | 1470 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Brunelleschi |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi o sepulcro de tódolos membros principais da familia Medici dende Cosme de Medici, até Cosme III.
Historia
editarOrixes
editarSegundo a tradición, foi fundada durante o século IV nun outeiro próximo ao curso (despois desviado) do Mugnone, grazas á doazón de Giuliana, matrona de orixe xudía. Xa no ano 393 foi consagrada como catedral da cidade ao mártir Lourenzo, en presenza de santo Ambrosio e san Cenobio. A zona naquel momento estaba fóra das murallas, como a maioría dos sitios de basílicas paleocristiás nas cidades romanas.[2]
O monticulus sancti Laurentii hoxe está oculto polos chanzos que, na súa disposición actual, datan de 1912-1913. Da igrexa primitiva non queda case nada. Os vestixios arqueolóxicos fragmentarios, non conectados organicamente, saíron á luz aquí e acolá baixo o chan da cripta, durante as escavacións dos anos sesenta e setenta do século XX. Nas obras de 1912-1913 atopáronse restos de casas e tendas construídas preto da igrexa.[2]
Notas
editar- ↑ "Basilica di S. Lorenzo". gcatholic.org (en italiano). Consultado o 3 de febreiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Touring Club 2007, p. 290
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Guida d'Italia, Firenze e provincia. Colección: Guida Rossa (en italiano). Touring Club Italiano. 2007.
Outros artigos
editar- Sancristía Nova da basílica de San Lourenzo.
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |