Abrir o menú principal

Filippo Brunelleschi

arquitecto, escultor e enxeñeiro do Renacemento italiano

Filippo Brunelleschi, nado no 1377 e finado o 15 de abril de 1446, foi un grande arquitecto florentino do Renacemento italiano.

Filippo Brunelleschi
Masaccio, cappella brancacci, san pietro in cattedra. ritratto di filippo brunelleschi.jpg
Nome completoFilippo di ser Brunellesco di Lippo Lapi
Nacemento1377 e 1376
 Florencia
Falecemento15 de abril de 1445, 1445, 1446 e 15 de abril de 1446
 Roma
SoterradoSanta María del Fiore
Ocupaciónescultor, enxeñeiro civil, enxeñeiro e arquitecto
Coñecido/a porSpedale degli Innocenti, Santa María del Fiore, Basílica do Espírito Santo e Crucifix in Santa Maria Novella
editar datos en Wikidata ]
Escultura de Brunelleschi

TraxectoriaEditar

Participou no concurso que se realizou en 1401 para elixir a segunda porta de bronce do baptisterio de Florencia, realizando unha composición no relevo que demostraba unha preocupación polo fondo humano da obra representada. Negouse a colaborar con Lorenzo Ghiberti, os dous foran gañadores ex-aequo, na realización conxunta da porta e marchou cara Roma e co seu amigo Donatello entrou en contacto cos monumentos antigos que virou cara a arquitectura.

De volta a Florencia realizou a súa primeira grande obra, a cúpula da catedral de Florencia o que lle supuxo a resolución de complexos problemas técnicos e se converteu nun símbolo da primacía da cidade e o seu entronque histórico coa antiga Roma. No Hospicio florentino, obra de 1419, Brunelleschi domina xa as proporcións o que caracterizara a súa obra fronte a infinitude gótica. Na capella Pazzi acada un punto culminante no ritmo medido e contrastado dos elementos arquitectónicos resaltados en pedra gris sobre o muro branco. Brunelleschi foi o que estableceu os novos canóns clásicos de ritmos serenos, xeometría clara e simetría, nese novo canon vai ter unha importancia fundamental o seu descubrimento dos principios da perspectiva, isto é o modo de representar o espazo de tres dimensións sobre unha superficie plana dende un só punto de vista.

Na súa arquitectura Brunelleschi vai aplicar a perspectiva como método para analizar o espazo e estes principios seguiron a utilizarse na arte occidental ata a chegada do cubismo.