Lorenzo Ghiberti

artista italiano

Lorenzo Ghiberti, nado en Florencia no 1378 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 1455, foi un escultor, ourive, arquitecto e escritor de arte italiano do Quattrocento.

Lorenzo Ghiberti
Nome completoLorenzo Ghiberti
Nacemento1378
Lugar de nacementoFlorencia (Italia)
Falecemento1 de diciembro de 1455
Lugar de falecementoFlorencia (Italia)
SoterradoBasílica da Santa Cruz
NacionalidadeItalia Italia
OcupaciónEscultura, ourivaría, arquitectura
FillosVittorio Ghiberti
Coñecido porPorta do Paraíso, valor descoñecido e Relicário dos Três Mártires
Na rede
Find a Grave: 19913 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa actividade artística como ourive. Con todo, non gañou fama até 1401, cando participou no concurso para decorar as segundas portas do baptisterio da catedral de Florencia, resultando gañador, ó renunciar ó premio ex aequo (con igual mérito) Brunelleschi, o outro finalista.

O seu triunfo no concurso resultou decisivo para a súa vida, posto que a magnitude da tarefa requiriu a creación dun taller de gran tamaño, que se convertería no principal da cidade durante medio século. Nel formáronse figuras destacadas do Renacemento, como Donatello, Michelozzo, Uccello, Masolino e Filarete.

O traballo nestas portas (Porta do Paraíso) durou máis de vinte anos (de 1403 a 1424), e incluíronse vinte episodios da vida de Cristo e oito tallas de santos, dun estilo minucioso, próximo ó gótico.

 
Porta do Paraíso. Baptisterio da Catedral de Florencia.

A súa obra tivo tanto éxito que posteriormente o gremio de comerciantes de Florencia encomendoulle o encargo de executar para o mesmo baptisterio unha terceira dobre porta, que acabou en 1452. Está decorada con dez baixorelevos de bronce dourado que representan escenas do Antigo Testamento, nun estilo totalmente diferente ó anterior, no que se aplican consecuentemente as regras da perspectiva renacentista. Miguel Anxo bautizou esta porta como «Porta do Paraíso», nome co que se segue coñecendo actualmente.

Resultou tamén finalista xunto a Brunelleschi no concurso para a construción da cúpula da catedral (Santa María das Flores), pero esta vez o traballo foille encargado a Brunelleschi.

Ghiberti esculpiu tamén algunhas estatuas de bronce para a igrexa florentina de Orsanmichele. Nos seus últimos anos escribiu os tres tomos de «I Commentarii» ( Os Comentarios), no que se incluían valiosas referencias a pintores e escultores italianos, así como unha autobiografía, que é a primeira que se conserva dun artista.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar