Andrea del Verrocchio

Andrea di Michele di Francesco de Cioni, máis coñecido como Andrea del Verrocchio, nado en Florencia entre 1434 e 1437 e finado en Venecia no ano 1488, foi un escultor e pintor italiano. Foi un artista polifacético, porque ademais da escultura e a pintura, practicou a ourivaría e a música e mesmo estivo interesado nas matemáticas. O seu traballo foi influenciado polas últimas obras escultóricas de Donatello. O seu obradoiro era xa plenamente renacentista.

Infotaula de personaAndrea del Verrocchio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalAndrea di Michele di Francesco de Cioni
Biografía
Nacemento(it) Andrea di Michele Cioni Editar o valor em Wikidata
c. 1435 Editar o valor em Wikidata
Florencia Editar o valor em Wikidata
Morte7 de outubro de 1488 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Venecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Florencia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo italiano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Florencia
Pistoia (pt) Traducir
Orvieto (pt) Traducir
Venecia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor (década de 1460–), arquitecto , músico , debuxante arquitectónico , tallador de imaxes , orfebre , escultor , bronze sculptor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDesiderio da Settignano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato, arte sacra, nudez na arte, figure (en) Traducir e arte animal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoRenacemento italiano e Renacemento Editar o valor em Wikidata
ProfesoresGiuliano Verrochi (en) Traducir e Donatello Editar o valor em Wikidata
AlumnosLeonardo da Vinci, Lorenzo di Credi (pt) Traducir, Pietro Perugino, Domenico Ghirlandaio (pt) Traducir, Francesco Botticini (pt) Traducir e Sandro Botticelli Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalDesiderio da Settignano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MecenasMedici Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: e0ef7926-563b-4706-ba2b-8c7000ac8919 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Florencia entre 1434 e 1437, na parroquia de Sant'Ambrogio (a súa casa natal sitúase hoxe entre a Vía dell'Agnolo e a Vía de' Macci). A súa mai, Gemma, tivo oito fillos, dos que Andrea era o quinto. O pai, Michele di Cione, era fabricante de tellas, e máis recadador de impostos. Andrea non casou nunca, mais axudou a algúns dos seus irmáns e irmás. O seu irmán Simone foi monxe en Vallombrosa e chegou a ser abade de igrexa de San Salvi. Outro irmán foi obreiro téxtil e unha das irmás casou cun barbeiro.

A fama de Andrea medrou cando foi acollido na corte dos Medici, para a cal traballou até poucos nos antes de morrer, cando decidiu marchar para Venecia, aínda que mantivo o seu obradoiro florentino. Comezou o seu traballo como ourives no taller de Giuliano Verrocchi, do que seguramente Andrea colleu o sobrenome polo que é aínda hoxe coñecido. O seu primeiro contacto coñecido coa pintura remonta ao ano 1460, cando traballou en Prato, con Fra Filippo Lippi, no coro do Duomo desa cidade.

O primeiro documento que o cita procede do ano 1452, é involúcrao nunha rifa na que resultara ferido un home polo mesmo artista.

Selección de obras editar

Escultura editar

Pintura editar

Das súas pinturas apenas ha algunha na que non se vexa a man doutros artistas que traballaran no seu taller, como Il Perugino, Lorenzo de Credi, Leonardo da Vinci,...

Véxase tamén editar