Regador

Un regador[1] é un recipiente de metal, cerámica ou plástico que contén a auga para regar as plantas. Dispón dun colo ou biquela que remata nunha alcachofa a través da que se verte a auga, e, un mango para o seu manexo. A capacidade do recipiente pode oscilar entre os 0,5 litros para plantas de interior, e os 10 para uso xeral en xardinaría. Ao final do colo os regadores adoitan ter unha alcachofa ou roseta (pequena tapa perforada por multitude de buratos) para converter o chorro continuo de auga en "ducha" e evitar a excesiva presión sobre a terra ou as plantas delicadas.

Regador de metal.

HistoriaEditar

O termo regador rexistrouse por primeira vez en 1692. Antes desa data coñecíaselle como "cacharro de regar". En 1885, os regadores "Haws" foron patentados por John Haw, quen substituíu a asa montada na parte superior por unha redonda na parte posterior.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para regador.