Cumiar, Ponteareas

parroquia civil do concello de Ponteareas

Santo Estevo de Cumiar é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 173 habitantes (92 mulleres e 81 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 181 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 149 habitantes, sendo 69 homes e 80 mulleres.

Cumiar
Iglesia de Santo Estevo de Cumiar, Ponteareas.jpg
ConcelloPonteareas[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°11′24″N 8°27′03″O / 42.19, -8.45083333Coordenadas: 42°11′24″N 8°27′03″O / 42.19, -8.45083333
Poboación149 hab. (2014)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

PatrimonioEditar

A igrexa de Santo Estevo de Cumiar é románica. O arco triunfal é semicircular, pero moi irregular, probablemente por algunha reconstrución. Apoia en columnas entregas con capiteis moi deteriorados. No muro existe unha talla dun gran león moi esquemático coas catro patas dobradas cara adiante. Por unha inscrición sábese que a igrexa se edificou orixinalmente no século XII.

Este templo está moi reformado, pero aínda que conserva a portada occidental e o arco triunfal refeito. Nesta portada hai unha inscrición que data a igrexa no ano 1184, aínda que é probable que se trate dunha primeira fase pois moitos dos elementos da igrexa parecen máis tardíos.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de CumiarEditar

Lugares da parroquia de Cumiar no concello de Ponteareas (Pontevedra)

O Areal de Fontes | O Calvario | Candeira | Carballas | A Coutada | O Cruceiro | As Eiras | A Mo | Santa Cruz

Parroquias de PonteareasEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponteareas

Angoares (San Pedro) | Arcos (San Breixo) | Areas (Santa María) | Arnoso (San Lourenzo) | Bugarín (Santa Cristina) | Celeiros (San Fins) | Cristiñade (San Salvador) | Cumiar (Santo Estevo) | Fontenla (San Mamede) | Fozara (San Bartolomeu) | Guillade (San Miguel) | Guláns (San Xulián) | Moreira (San Martiño) | Nogueira (San Salvador) | Oliveira (Santiago) | Padróns (San Salvador) | Paredes (San Cibrán) | Pías (Santa Mariña) | Ponteareas (San Miguel) | Prado (San Nicolao) | Ribadetea (San Xurxo) | San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) | San Mateo de Oliveira (San Mateo) | Xinzo (Santa Mariña)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar