Paredes, Ponteareas

parroquia civil do concello de Ponteareas

San Cibrán de Paredes é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Ten tres entidades de poboación: O Picouto, O Ramallal e O Toucedo.

Paredes
Igrexa de San Cibrán de Paredes.
ConcelloPonteareas[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°15′27″N 8°31′01″O / 42.25754594, -8.51705363
Poboación49 hab. (2022)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Demografía

editar

Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 49 habitantes (23 homes e 26 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.

Situación

editar

A parroquia de Paredes encóntrase no límite nororiental da depresión do río Tea, na prolongación natural que representa o pequeno e encaixado val do río Borbén, que serve de unión entre as terras montañosas do interior da provincia e o val do río Miño.

Historia

editar

A primeira mención coñecida da parroquia é nun documento do ano 1113, no cal Urraca de León doa "Paretem" e outras posesións a Pelai Velázquez, iniciándose neste momento a súa vinculación cos señores de Sobroso, tal e como apunta Ramón Rodríguez. Francisco Ávila cita un documento do ano 1549 no que o bispo de Tui, Juan de San Millán, confirma a repartición dos seus décimos; do documento despréndese que ademais de ser unha das parroquias máis pequenas da diocese, posuía xa nese momento unha das economías máis precarias, o que posteriormente significaría a salvación de parte do seu patrimonio.

Patrimonio

editar

Igrexa de San Cibrán de Paredes

editar

O templo atópase na ladeira do monte Laredo. Ten restos románicos datados no século XIII, como os múltiples canzorros na parte superior dos muros laterais do templo e unha antefixa, que se alza sobre o vértice oriental do tellado da nave, formada pola combinación dunha cruz patada e outra de santo André, ou de catro lazos, integrada polas follas fusiformes dun cuadrifolio que ocupa os ángulos da primeira. A primeira reforma que se lle fixo data do ano de 1816, na que un mestre canteiro de Vigo consolidou a ábsida, o que probablemente supuxo a eliminación da antiga seteira e a apertura dun novo van rectangular no muro sur lateral da igrexa. A segunda reforma data do ano de 1875, na cal se fixo unha reedificación da nave, na que lle engadiron varios metros máis de lonxitude, fíxose unha nova fachada e un novo beirado en substitución do románico no muro sur e os primeiros metros do norte dende a fachada occidental. Tamén se substituíron os abeirados da ábsida, creouse a sancristía do muro sur e engadíronse os pináculos e cruces que ornamentan os vértices dos tellados.

Necrópole medieval de San Cibrán de Paredes

editar

Baixo os arredores da propia igrexa hai tumbas moi antigas de pedra. Moitas aínda conservan a súa fabrica medieval, da antiga necrópole medieval de Paredes.

Cruceiro do adro

editar

Situado no adro ao norte da igrexa. Posúe unha plataforma cuadrangular de dous chanzos. Ten un pedestal cúbico coas caras lisas e con arestas superiores e rebaixadas. Ten un varal de sección oitavada e posúe un capitel de forma cúbica con adornos e un anel de encontro co varal. A cruz non ten figuras.

Viacrucis

editar

Camiño ó redor da igrexa, formado por cruces de sección rectangular sobre o muro do adro. Algunhas destas cruces están perdidas.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Paredes

editar
Lugares da parroquia de Paredes no concello de Ponteareas (Pontevedra)

O Picouto | O Ramallal | O Toucedo

Parroquias de Ponteareas

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponteareas

Angoares (San Pedro) | Arcos (San Breixo) | Areas (Santa María) | Arnoso (San Lourenzo) | Bugarín (Santa Cristina) | Celeiros (San Fins) | Cristiñade (San Salvador) | Cumiar (Santo Estevo) | Fontenla (San Mamede) | Fozara (San Bartolomeu) | Guillade (San Miguel) | Guláns (San Xulián) | Moreira (San Martiño) | Nogueira (San Salvador) | Oliveira (Santiago) | Padróns (San Salvador) | Paredes (San Cibrán) | Pías (Santa Mariña) | Ponteareas (San Miguel) | Prado (San Nicolao) | Ribadetea (San Xurxo) | San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) | San Mateo de Oliveira (San Mateo) | Xinzo (Santa Mariña)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar