Oliveira, Ponteareas

parroquia civil do concello de Ponteareas

Santiago de Oliveira é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Ten doce entidades de poboación: A Áspera, A Bouza da Igrexa, O Casal, A Duca, Entrecotos, A Fraga do Rei, A Pedreira, A Portela, A Porteliña, Rabuñade, A Sobreira e Valverde.

Santiago de Oliveira
Igrexa parroquial.
ConcelloPonteareas[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°11′02″N 8°27′05″O / 42.183888888889, -8.4513888888889
Poboación302 hab. (2022)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Demografía

editar

Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 302 habitantes (160 homes e 142 mulleres), o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 295 habitantes.

Situación

editar

Parroquia do municipio de Ponteareas, a capital municipal dista 4 km, está situada nos somontes da serra de A Paradanta que determina o límite oriental da depresión do río Tea.

Historia

editar

A primeira mención que se ten nun documento da parroquia data do ano de 1156 e aparece co nome de Santiago de Uluvaria, tal e como nos recorda Francisco Ávila, nesta data Alfonso VII confirma a división de bens e de igrexas da diocese de Tui entre o bispo e o seu cabido, ao que pasa a pertencer esta fregesía. No ano de 1170 Fernando II doa esta parroquia ao bispo de Tui Juan I, tras a reconquista do territorio invadido polo reino de Portugal no sur de Galicia, e en recompensa polos terreos ocupados para o traslado da sede catedralicia a súa actual localización.

Etimoloxía

editar

A orixe do topónimo podería proceder dos cultivos de oliveira, que deberon de caracterizar esta zona durante gran parte da Idade Media.

Patrimonio

editar

Igrexa parroquial de Santiago de Oliveira

editar

Igrexa parroquial do século XVII, está situada ao pé do camiño antigo norte que pasa por Castromao, no lugar da A Bouza da Igrexa. É unha edificación dunha soa nave de planta rectangular e cuberta a dúas augas. O Ábsida é de planta cadrada cunha cuberta a catro augas, lixeiramente máis alto cá nave. Na fachada sur do ábsida, agrégase un volume de menores dimensións de planta rectangular e unha cuberta a dúas augas. No ano de 1870 fíxose unha ampliación e no ano de 1920 foi reconstruída parcialmente. Ten unha portada con espadana cun oco para dúas campás.

Víacrucis

editar

Camiño de cruces que se sitúa no adro da igrexa, do que quedan só dúas cruces de sección rectangular, atópanse diante da portada da Igrexa.

Calvario do Igrexario

editar

Restos dun calvario situado no contorno e no adro da Igrexa Parroquial de Santiago de Oliveira, quedando só a cruz central situada na chegada, das demais cruces quedan restos dos paus de pedra ao redor do adro. A cruz central posúe un pousadoiro, ten a plataforma rectangular dunha altura semi-soterrado cun pedestal ou base cúbico coas caras lisas e arestas superiores rebaixadas e sen ornamentos. Ten un varal cuadrangular formando unha cruz latina de sección cuadrangular. O pousadoiro esta formado por dous pedras rectangulares e o altar esta conformado por pedra con arestas rebaixadas.

Capela do Socorro

editar

Está situada ao pé do camiño coñecido coma A Verea Vella que rodea polo norte o castro de Castromao. A capela é do ano de 1777, está conformada por unha soa nave de planta rectangular e cuberta a dúas augas cunha cubrición de tella cerámica. A Portada cunha porta con arco e unha inscrición. Ten unha espadana cun oco para unha campá e está adicada a Virxen do Socorro.

Cruceiro da capela do Socorro

editar

Está situado no espazo libre no contorno da capela da Virxe do Socorro, está situada ao pé do camiño coñecido como A Verea Vella o nordeste da ladeira do castro de Castromao. Ten unha plataforma rectangular dunha altura de formigón cun pedestal ou base cúbico coas caras lisas e arestas superiores rebaixadas, sen ornamentos, Ten un caixón para esmolas e posúe un varal cuadrangular cun capitel moi erosionado. A cruz é de sección cuadrangular e non ten imaxes.

Casa do cura

editar

Está situada no noroeste do conxunto da igrexa parroquial, preto do camiño antigo. A casa accédese a través dun portalón cun lintel recto, a edificación principal ten planta rectangular de dúas alturas, cunhas escaleiras de acceso ao primeiro andar. Ten unha cuberta a tres augas rematada en pedra. A planta baixa está semi- soterrada onde antigamente situábanse a bodega e as cortes e no primeiro andar os usos relacionados coa vivenda.

Peto de ánimas

editar

Está situado nunha encrucillada no lugar da Sobreira. Trátese dun peto aberto, colocado sobre tres pedras formando un pedestal. Ten un caixón para as esmolas nun lateral do retablo. Posiblemente estivera coroado por unha cruz, hoxe desaparecida e susbtituída por unha nova recentemente. É un retablo de pedra, con policromía perdida. Preside o retablo San Antonio, con cinco ánimas entre lapas, tres en vertical e dúas debaixo deitadas. A central parece un bispo. Existe unha inscrición, que data o peto no ano de 1810.

Cruceiro de Rabuñade

editar

Está situado nunha encrucillada no lugar de Espallás en Rabuñade. Ten unha plataforma dun chanzo soterrado cunha base cúbica coas arestas rebaixadas. Posúe unha vara de sección cadrada cun capitel sinxelo. A cruz do cruceiro non ten figuras.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Santiago de Oliveira

editar
Lugares da parroquia de Oliveira no concello de Ponteareas (Pontevedra)

A Áspera | A Bouza da Igrexa | O Casal | A Duca | Entrecotos | A Fraga do Rei | A Pedreira | A Portela | A Porteliña | Rabuñade | A Sobreira | Valverde

Parroquias de Ponteareas

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponteareas

Angoares (San Pedro) | Arcos (San Breixo) | Areas (Santa María) | Arnoso (San Lourenzo) | Bugarín (Santa Cristina) | Celeiros (San Fins) | Cristiñade (San Salvador) | Cumiar (Santo Estevo) | Fontenla (San Mamede) | Fozara (San Bartolomeu) | Guillade (San Miguel) | Guláns (San Xulián) | Moreira (San Martiño) | Nogueira (San Salvador) | Oliveira (Santiago) | Padróns (San Salvador) | Paredes (San Cibrán) | Pías (Santa Mariña) | Ponteareas (San Miguel) | Prado (San Nicolao) | Ribadetea (San Xurxo) | San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) | San Mateo de Oliveira (San Mateo) | Xinzo (Santa Mariña)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar