Moreira, Ponteareas
San Martiño de Moreira é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 675 habitantes (345 mulleres e 330 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 654 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 723 habitantes, sendo 361 homes e 362 mulleres.
Moreira | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Moreira | |
Concello | Ponteareas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°09′00″N 8°30′30″O / 42.15009836, -8.50822412Coordenadas: 42°09′00″N 8°30′30″O / 42.15009836, -8.50822412 |
Poboación | 723 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
A parroquia limita con Salvaterra de Miño e está a dous quilómetros de Ponteareas e a catorce quilómetros de Portugal, ten un enlace coa autovía A-52 Ourense-Vigo.
Está bañada polo río Tea e conta cunha zona recreativa.
Ten algunhas industrias: cristalería, fábrica de mobles rústicos e outra de mobles de cociña, taller mecánico, serradoiro de pedra e fábrica de madeira.
FestasEditar
Celébranse dúas festas importantes no ano: a finais de agosto a Virxe da Consolación e a mediados de novembro a do patrón, San Martiño.
PatrimonioEditar
- Cruceiro de Moreira: situado no torreiro, próximo á Igrexa, no barrio de Vilanova, Ten catro escalinatas de pedra e unha base cadrada coa inscrición: " EN 1875 AL RDO ABAD D.M. M Rº". O fuste é cilíndrico e vai rematado nun colar con decoración de sogueado que dá paso ao chapitel de estilo clásico con adobíos de follas de acanto e volutas nas esquinas, caras de anxos no centro e rematado en ábaco curvilíneo. A cruz é latina, de sección cilíndrica e con nós imitando as pólas dunha árbore e con cartela de INRI. No anverso aparece un cristo cunha anatomía moi marcada. No reverso a virxe co fillo no colo.
- Ponte das Partidas, ponte medieval sobre o río Tea.
- Igrexa de San Martiño.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Moreira, Ponteareas.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de MoreiraEditar
Lugares da parroquia de Moreira no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
---|---|
A Amarela | O Calvario | A Cañota | Chan de Espiño | As Covas | A Feira | Macadín | Os Muíños | A Peroxa | O Pontillón | Rañe de Abaixo | Rañe de Arriba | Requeixo | A Ribeira do Río | Sixas | O Soutiño | Urcela | Vilanova |