Arcos, Ponteareas
San Breixo de Arcos é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 488 habitantes (240 mulleres e 248 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un lixeiro aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 445 habitantes.
Arcos | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de San Breixo de Arcos. | |
Concello | Ponteareas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 488 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
En 991 foi doada polo rei Vermudo II á Igrexa compostelá. Nela existiu un mosteiro de cabaleiros templarios. En 1377 o bispo tudense Juan de Castro entregoulle á súa igrexa varias terras, algunhas situadas nesta parroquia, para que puidesen ter capeláns.
PatrimonioEditar
En Arcos sitúase a Pena dos Namorados, con abundantes lendas, e a Pena do Equilibrio.
A igrexa parroquial de San Breixo de Arcos data de 1762, pero sufriu diversas ampliacións posteriores. No lugar da Serra hai unha pequena ermida dedicada á Virxe das Angustias, construída en 1684 e ampliada séculos despois.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de ArcosEditar
Lugares da parroquia de Arcos no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
---|---|
A Camba | O Correlo | A Estibada | A Gándara | A Igrexa | O Monte | Novexil | Ponte Alta | A Serra | Valverde | Veasque |