Igrexa de Santo Estevo de Cumiar

construción relixiosa en Cumiar, Ponteareas

A igrexa de Santo Estevo de Cumiar é a igrexa parroquial de Cumiar ao leste do concello de Ponteareas, xunto a Mondariz. É un templo románico. Por unha inscrición sábese que a igrexa se edificou orixinalmente no século XII.

Igrexa de Santo Estevo de Cumiar
Igrexa de Santo Estevo de Cumiar
PaísEspaña
LocalizaciónCumiar (Ponteareas)
Coordenadas42°11′24″N 8°27′03″O / 42.19, -8.45083333
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

Este templo está moi reformado, pero aínda que conserva a portada occidental e o arco triunfal refeito. A portada occidental ten dúas arquivoltas apuntadas planas e de aresta viva que apoian sobre columnas de capiteis vexetais sinxelos. Nesta portada hai unha inscrición que data a igrexa no ano 1184, aínda que é probable que se trate dunha primeira fase pois moitos dos elementos da igrexa parecen máis tardíos.

O arco triunfal é semicircular, pero moi irregular, probablemente por algunha reconstrución. Apoia en columnas entregas con capiteis moi deteriorados. No muro existe unha talla dun gran león moi esquemático coas catro patas dobradas cara a adiante.

Galería de imaxes

editar