Conversa usuario:Piquito/Arquivo 3

Último comentario: Elisardojm hai 9 anos no fío "RE:Novo trebello"

arquivado

editar

Ola, Piquito; agora mesmo non sei se hai por escrito algún tipo de criterio ou norma para arquivar, pero pode extraerse mirando os arquivos xa existentes, e vendo as votacións e propostas arquivadas. Na fin de semana botareille un ollo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de febreiro de 2014 ás 12:26 (UTC)Responder

Salto de esquí

editar

Boas Piquito!, deixei un comentario na páxina de votación do artigo que creo que é interesante que o leas. É sobre a ortografía. --AMPERIO (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 18:16 (UTC)Responder

O corrector da wikipedia creo que non vai (a min polo menos non me funciona). Eu teño instalado o Corrector de Galego feito polo Proxecto Trasno, baseado na normativa da RAG do ano 2003, e vai bastante ben (aínda que hai palabras raras que non colle) e que é para Firefox (algo que tamén tiven que descargar para poder instalalo, xa que antes adoitaba editar co Safari de Apple). Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2014 ás 18:29 (UTC)Responder

Exónimos

editar

Exactamente igual que había que proceder antes. Hai nome en galego? Daquela en galego. Non o hai, pois o nome oficial. Non hai nome oficial, pois o criterio que o primeiro editor siga, tendo en conta que debe haber redirección sempre. Dúbidas? --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de febreiro de 2014 ás 00:48 (UTC)Responder

Nomes duplos non, dado que a cidade ten dous nomes, pero non un nome duplo. :) Neses casos, como noutros casos, o criterio do primeiro editor debería ser suficiente (sempre que haxa redirección, claro). Unha aperta! --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de febreiro de 2014 ás 18:06 (UTC)Responder

Imaxe baloncesto

editar

Moi boas! Animarme é pouco ;) Os artigos das seleccións levan un pouquiño máis de tempo, pero tamén son moi interesantes! Grazas pola proposta! Póñome con eles axiña. --FleaRHCP (conversa) 13 de febreiro de 2014 ás 19:56 (UTC)Responder

RE:Enciclopedias

editar

Boas, coméntoche que estou buscando esta información, xa teño algunhas cousas pequenas e para a semana a ver se teño algunha máis, pero o que precisaba era a túa dirección de correo para mandarcha, se queres mándame un correo dende a miña páxina de usuario e xa che respondo coa información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2014 ás 01:09 (UTC)Responder

Para mandarme un correo tes que ir á miña páxina de usuario e na parte esquerda, na parte de ferramentas, tes que premer a ligazón "Enviar un correo electrónico a este usuario", iso lévate á páxina para escribir o correo. Mándame o correo que xa teño as fotos dalgunhas enciclopedias... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2014 ás 18:27 (UTC)Responder
Boeno, non te preocupes entón, cando teña un momento a ver se llas engado eu. E se precisas outra cousa xa sabes onde ando :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2014 ás 02:27 (UTC)Responder

RE:Papa galego

editar

Cando poda lle boto un ollo. --Norrin_strange (Fala-me) 17 de febreiro de 2014 ás 07:37 (UTC)Responder

RE:Gheorghiu

editar

Vale, botareille un ollo a ver se a atopo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 09:37 (UTC)Responder

Xa está amañado, non atopei a referencia orixinal pero atopei outra que tiña tamén a información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 00:36 (UTC)Responder

imaxes

editar

Ola, Piquito! A foto de Andrés Gaos é posible que non estea no dominio público, pois ao ser de autoría descoñecida tomada en 1926, quizais quen tirou a foto morrese despois de 1934, polo que non se cumpren os 80 anos desde a súa morte. En caso de dúbida como este eu sería prudente e non cargaría a imaxe. Algo similar pasa coa imaxe de Reveriano Soutullo e con algunhas imaxes de Manolo Quiroga. Neste caso concreto, quizais a través de Milagros Bará se poida saber a autoría.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de febreiro de 2014 ás 22:02 (UTC)Responder

Ola, Piquito! O feito de que a web adicada a Andrés Gaos (que por certo, a web ten copyright) use as imaxes non significa que o uso desas imaxes sexa correcto; calquera publicación debe indicar as fontes, e nesa web non se dá información ningunha sobre a orixe das imaxes.
Milagros Bará é a sobriña-neta de Manolo Quiroga, e é quen 'xestiona o patrimonio relacionao con el (é quen leva o facebook de onde tomaches as fotos, de feito). Por certo: puxen ligazóns internas aos autores das fotos de Quiroga que estaban identificados.
O das fotos de currículo non é correcto; igual que tampouco pasan ao dominio público as fotos das orlas, por exemplo. As orlas universitarias darían moito xogo para ter fotos de personalidades, pero non se poden subir á rede así como así, pois a empresa encargada de facer cada orla (a persoa que toma as fotos vaia) é quen ten os dereitos de autoría.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de febreiro de 2014 ás 07:49 (UTC)Responder

Penderecki

editar

Non entendo exactamente o que queres... :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de febreiro de 2014 ás 19:19 (UTC)Responder

Ahá. Síntoo moito. Estiven a outras cousas e non puiden atender isto ata hoxe. Sinto moito que non fose de máis axuda, pero imaxino que xa o resolviches totalmente. SE aínda hai cousas que non recuperaches, por favor, dime o que é e miro de solucionalo; con todo, imaxino que xa viches como é posible facelo. Unha aperta! --Xabier Cid Talk 2 me, please 22 de febreiro de 2014 ás 06:47 (UTC)Responder

administración

editar

Ola! Podes propoñer, abofé! O primeiro de todo, consúltao con esa persoa e fíxate en que cumpra os requisitos; despois segue os pasos indicados neas mesma páxina. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de febreiro de 2014 ás 19:12 (UTC)Responder

O de pechar a votación non te preocupes que xa alguén o fará; o de darlle os botóns non podo, ten que facelo un burócrata. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de febreiro de 2014 ás 12:08 (UTC)Responder

re:administración

editar

Gracias por pensar en mi como candidato a administrador. Por suposto que podes poñer a proposta. O do correo xa o teño activado. Un saúdo e gracias de novo! --AMPERIO (conversa) 25 de febreiro de 2014 ás 10:23 (UTC)Responder

Modelo de votación

editar

Piquito, esqueciches poñer o Modelo:Wikipedia/Votación para a elección de AMPERIO. Digocho para que o fagas ti porque inda non lin as normas para o proceso. Pontevedra78|Conversa 25 de febreiro de 2014 ás 14:18 (UTC)Responder

Boas outra vez. Eu teñoo visto nas votacións a administrador. Non sei se é obrigatorio ou non, pero sí o vexo necesario para saber o día que remata a votación. Pontevedra78|Conversa 25 de febreiro de 2014 ás 20:20 (UTC)Responder

Manuel Machado

editar

Ola, Piquito! Podes botarlle un ollo ao artigo de Manuel Machado (compositor)? Especialmente a sección "gravacións" resulta un tanto caótica, non se acaba de comprender. Un saúdo, e mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de febreiro de 2014 ás 10:31 (UTC)Responder

Ola, Piquito! Revisei o artigo por riba, e agora enténdese moito mellor, pero antes de contestarche tiña pendente buscar información sobre os nomes dos discos para saber que parte debe ir en cursiva (por exemplo: o título do primeiro é só O Lusitano ou é O Lusitano- Portuguese vilancetes, cantigas and romances?), e para saber se os títulos das pezas deberían ir entre aspas, ao pertenceren a un conxunto operístico maior. Se podo revísoo a fin de semana. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de marzo de 2014 ás 15:33 (UTC)Responder
Vaia trabuqueime no adxectivo; con "conxunto operístico" non me refería a 'relativo a unha ópera', senón a 'pertencente a unha obra conxunta maior' (isto é: unha canción iría entre aspas e o disco no que vai incluída iría en cursiva). --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de marzo de 2014 ás 18:49 (UTC)Responder

Cambios na elección de administradores

editar

Piquito, sería interesante que deses a túa opinión no debate aberto para cambiar a política de elección de administradores. Un saúdo, Pontevedra78·conversa 4 de marzo de 2014 ás 20:38 (UTC)Responder

Puccini

editar

Totalmente de acordo, aínda que creo que unha cousa non é incompatibel ca outra. --Anton45 (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 18:57 (UTC)Responder

Torneo feminino de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno 2014

editar

Boas Piquito! Xa vai pasar un mes desde a túa última edición no artigo Torneo feminino de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno 2014. Anímaste a rematalo?. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 22:25 (UTC)Responder

Nomes propios de persoas

editar

Boas Piquito! Como comentei na Taberna, estamos a traballar nunha proposta de política para os nomes propios nos artigos sobre persoas, e estaría ben que opinases (se podes e tes tempo). Moitas grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 7 de marzo de 2014 ás 08:07 (UTC) --Norrin_strange (Fala-me) 7 de marzo de 2014 ás 08:07 (UTC)Responder

Como dato curioso

editar

Respóndoche aquí por que creo que isto é máis unha curiosidade que algo a ter en conta, pero que vai na liña do que dis.

--AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 00:29 (UTC)Responder

Para nada é unha burrada o que dixeches! So contestei aquí por que é unha minoría moi reducida a que emprega isto, e xa ves que soa un pouco a cachondeo --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 00:39 (UTC)Responder
O do hóckey o dixen por que a túa última edición foi case hai un mes (de feito creo que o domingo o fai) e habería que retirar o marcador de uso, pero para nada te sentas forzado! Unha aperta!--AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 00:41 (UTC)Responder

Modelo:Hóckey sobre xeo

editar

Boas Piquito! Aquí tes o modelo que pedías: Modelo:Hóckey sobre xeo. Coido que está ben traducido, se ves algunha palabra que debería mudarse por outra non dubides en dicilo! Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 20:03 (UTC)Responder

RE:Nova Zelandia2

editar

Boas Piquito! Vin os teus comentarios na conversa da votación de Nova Zelandia. Recoloquei un pouco o que dicías do comezo do artigo e engadín unha ou dúas fotos máis. Tamén eliminei as referencias aos artigos principais sobre o fútbol e o rugby deixando só a de deporte en NZ e NZ nos XXOO.

Sobre o que comentabas na miña páxina de conversa, penso, que o artigo está ben de longo, trata os mesmos temas que o da versión inglesa (que ten máis fotos iso si). O tema das referencias, considero que 275 referencias é una cifra boa. Ademais puxen unha referencia na frase As súas cidades sitúanse entre as de mellor calidade de vida no mundo. Se ves algo máis xa sabes! Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 16:01 (UTC)Responder

Xa engadín eu as ligazóns aos días da Semana Santa. --AMPERIO (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 00:31 (UTC)Responder
Perfecto, grazas polas novas achegas.--AMPERIO (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 00:54 (UTC)Responder

Boas, imaxino que o modelo de citas polo que preguntas é o de Cite enciclopedy. Nos temos o Modelo:Cita libro, que é o que aparece no resto do artigo, se te fixas, moitas referencias son da Enciclopedia de Nova Zelandia, así que podes usar ese. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 10:29 (UTC)Responder

Reino NZ

editar

Revertín por que deixaches o artigo baleiro, non sabía que ías crear o artigo. --AMPERIO (conversa) 16 de marzo de 2014 ás 16:57 (UTC)Responder

Por certo, hai unha ligazón a Reino de Nova Zelandia desde Modelo:Dominios de Nova Zelandia, dígocho para que non elimines a redirección ata que alguén non se decida a facer o artigo. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 16 de marzo de 2014 ás 17:01 (UTC)Responder

Maruxa

editar

Ola, Piquito; Acaba de chamarme Maruxa, díxome que está a esperar por ti para que traduzas o artigo :)
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de marzo de 2014 ás 09:35 (UTC)Responder

Nova Zelandia

editar

Ola, de novo! Comenteille a Amperio, que tamén anda metido co artigo Nova Zelandia, a existencia deste artigo, que quizais pode servir para o apartado "Historia de Nova Zelandia". Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de marzo de 2014 ás 11:16 (UTC)Responder

RE:Se tes un momento:

editar

Ola Piquito, antes de nada, perdoa pola tardanza. En canto ás 5 propostas que fixeches, non concordo coa primeira, xa que porque unha imaxe non sexa de calidade en Commons non quere dicir que non poida aparecer na portada da Galipedia, para iso temos as votacións, e se algunha imaxe non da a talla debería ser rexeitada na votación, e non polo feito de non ser de calidade en Commons. As seccións de novas e curiosidades parécenme unha boa opción, aínda que sempre que non saturen demasiado a portada e en canto ao artigo destacado sobre Galiza, eu de momento non o quitaría. Aínda que estou a favor de universalizar a Galipedia, a xente que a consulta a Galipedia amosa máis interese sobre os temas do noso país, xa que pode atopar mellores e máis completos artigos que noutras wikis, e polo tanto, non me parece que sobre esta sección. Porén, creo que si que habería que quitala se chegamos a un punto no que atopemos artigos que merezan ser destacados. Saúdos! --JaviP96 19 de marzo de 2014 ás 19:05 (UTC)Responder

Re: Pregrunta

editar

Ola Piquito, grazas por avisarme. Cando revertín a edición na Conversa:Reino de Galicia? só vin a sinatura do principio da páxina e non a contribución do usuario, que como ti dis é perfectamente correcta, por iso a borrei dun xeito precipitado. Xa está corrixido. Moitas grazas de novo. Saúdos. --Xas (conversa) 20 de marzo de 2014 ás 10:11 (UTC)Responder

RE

editar

Boas Piquito! Esta semana andarei bastante liado, non creo que poda. Se non hai presa, podo facelo despois. --Norrin (Fálame) 24 de marzo de 2014 ás 07:37 (UTC)Responder

Nova Zelandia

editar

Atopaches algo máis no artigo que se poda cambiar? Lembra que a votación para calidade aínda está aberta, non esquezas dar o teu voto! Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 23:57 (UTC)Responder

Estupendo, non te sintas obrigado a votar. Cales son os artigos cos que queres que te axude? --AMPERIO (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 14:56 (UTC)Responder
Xa están todos os AP de Nova Zelandia. Precisas axuda con algún dos artigos que estas a facer ti? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 23:36 (UTC)Responder
Con ese ou cos que teñas en uso/tradución.. --AMPERIO (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 23:42 (UTC)Responder

Ok, pois o dito. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 23:51 (UTC)Responder

RE:Graciñas

editar

Eu penso que os artigos de calidade son importantes para a Galipedia e por iso debemos facer o que poidamos para ter cada vez máis e de maior calidade. Vou poñer o aviso para o artigo de Harvey Milk xa que a votación aínda está a comezar.

Sobre o artigo de Penderecki podes avisarme cando o teñas listo pero non te creas que eu son un experto en ortografía, pero o que está claro é que catro ollos ven máis que un. Iso si, o problema é que non sei cando poderei poñerme con el, teño varias tarefas pendentes, estas semanas estou liado coas fotos dos premios María Casares e dos Mestre Mateo, pero como a iso lle daría prioridade quedaría xusto despois de revisar Pontedeume e dun tema sobre as superficies das parroquias, se che parece ben.

Sobre se propoñer ti o artigo podes estar tranquilo de que non hai ningún problema, o das autopropostas foi aceptado pola comunidade e pode usarse perfectamente. Sobre o tema de HdH non creo que haxa ningún problema tampouco, para min es un usuario moi ben considerado e penso que a comunidade tamén o ve así, para min o problema é o mesmo: non temos xente abondo para que fagan as súas "auto-tarefas" e teñan tempo para revisar os artigos de calidade, e falo por experiencia propia. E despois están os que non se decatan destes procesos, que son varios, e que esperemos que comecen a participar con esta nova medida. E ata podería comezar a entrar xente nova no proxecto, quen sabe! :)

A petición de revogación de HdH penso que foi precipitada xa que é unha medida bastante grave, comprendo perfectamente a túa posición e é lóxico que te molestara pero penso que nestes casos o mellor é tentar abrir outras vías de diálogo, para min o axeitado tería sido buscar un mediador, unha persoa neutral e con capacidade para ver o problema dende fóra. Agora xa pasou e penso que o mellor é non darlle demasiada importancia, volver á normalidade e, co tempo e diplomacia, tentar restablecer as relacións que se perderon.

Moito ánimo que estás a facer un estupendo traballo, eu non teño máis tempo para fedellar aquí, que xa me gustaría (teño no ordenador as referencias de Claudio Abbado que me pediras e aí están mortas de risa), pero que saibas que sempre tentarei botarche unha man e apoiarte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 09:50 (UTC)Responder

Salto de esquí

editar

Boas Piquito! Pechei a votación para artigo destacado sobre o salto de esquí co resultado de aprobado. Este será o texto que aparecerá na portada por se queres botarlle unha ollada. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 15:55 (UTC)Responder

Pois creo que xa está. Engadín o que dicías da historia: Deporte maioritariamente masculino durante varias décadas, o salto de esquí comezou a ter gran participación feminina na década de 1990, mais a primeira competición oficial recoñecida pola Federación Internacional de Esquí non tivo lugar ata 1998 en Suíza. Logo dun intento frustrado de incluílo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010, as mulleres participaron por primeira vez nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 celebrados en Sochi (Rusia), e quitei As pistas de salto están clasificadas segundo a distancia que os esquiadores percorren no aire, e ten especificacións sobre a área de saída, a curvatura e a zona de salto. Cada salto é avaliado de acordo coa distancia e o estilo de execución. A puntuación da distancia está en relación ao K-point, liña trazada na área de aterraxe, algúns metros antes do final da colina, e que serve como referencia para os saltos. A puntuación de cada xuíz que avalía o estilo pode acadar un máximo de 20 puntos, sendo descontados puntos en caso de erros, imprecisións ou imperfeccións no salto, no voo ou na aterraxe. para que non quedara tan longo. Ademais simplemente é un pequeno resumo do que é o artigo en si, o importante é que a xente se interese logo e vaia a ler o artigo completo no que aparecen todos eses datos. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 16:23 (UTC)Responder

RE:Borrado de votacións

editar

A votación para artigo de calidade de SIDA creo que non foi contra ningunha norma penso eu, simplemente retiráchela antes de rematar a votación e polo tanto non vexo que faga falta borrala. A votación para artigo de calidade da lista de óperas ten tantos comentarios posteriores que non estou seguro de que se poida borrar... Eu non teño claro que se debe facer con elas, por min deixábaas, pero se pensas que é mellor que se borren o mellor sería que o comentes no taboleiro dos administradores e así teremos outros puntos de vista sobre o tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2014 ás 16:38 (UTC)Responder

RE:MILK

editar

Tal vez un discordo sexa demasiado posto que o artigo non está tan mal, así que vouno mudar. Votei afirmativo para destacado porque como está agora, para mi xa é destacable, pero para calidade, e en relación co das eivas por exemplo na wikipedia en inglés teñen un cabezallo do artigo máis longo e máis referencias dos contidos. --AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 23:01 (UTC)Responder

RE

editar

Boas Piquito! Seica ultimamente estamos un pouco mais "tirantes", non o pretendía. O tema da política e que, penso eu, ía moi ben encamiñada. E, para ser sinceiros, antes ou despois haberá que facela, e penso que o que ti fixeches é un moi bo punto de partida. Por iso dame mágoa ver que "abandonas". Ánimo, e pensa que as cousas do palacio, van despacio. --Norrin (Fálame) 10 de abril de 2014 ás 06:34 (UTC)Responder

Re:Axudiña

editar

Coido que xa está amañado o que me pedías. Claro que podes poñer bandeiras nos árbitros, pero tes que poñer a correcta, para o caso de Alemaña tes que poñer o Modelo:DEU e non GER. Tamén mudei o dos penalties, se atopas algo mais dimo. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 12 de abril de 2014 ás 09:44 (UTC)Responder

Boas noites. No artigo Malvina Garrigues quedouche unha frase a medio traducir: "De 1849 a 1853 traballou Hoftheater ducal en Coburg, e en From 1849 to 1853 she worked at the ducal Hoftheater at Coburg, and in Gotha e Hamburgo.". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12 de abril de 2014 ás 20:35 (UTC)Responder

Compositores franco-flamencos

editar

Xa suprimín esa categoría inadecuada. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 3 de maio de 2014 ás 19:24 (UTC)Responder

Libro de estilo

editar

Boas! Comecei un novo tema na Taberna para concretar mais o libro de estilo, a ver se lle podes botar un ollo. --Norrin (Fálame) 5 de maio de 2014 ás 14:22 (UTC)Responder

RE:Nota

editar

Está moi ben!, paréceme ben poñela na taberna, así o que queira poderá revisala. Eu tamén a mirarei con calma cando teña un pouco máis de tempo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2014 ás 09:59 (UTC)Responder

Artigos de calidade

editar

Xa sabes que non me gusta autopropoñer artigos que fixen eu como artigos de calidade, nin sequera polo intermedio doutra persoa (se non é espontáneo, é dicir, se esta me pide que lle indique o artigo eu). Nos artigos científicos debería de haber unha comunidade de wikipedistas suficiente dedicada á área da ciencia que os avaliase (e nos demais campos específicos igual), pero iso non parece posible polo momento, polo que non se pode facer así. De todos modos, atendendo a túa petición, ocórreseme que poderías botarlle unha ollada ao artigo arqueas, que creo que está bastante completo, e ten unha estrela na wiki inglesa, da cal este artigo é fundamentalmente unha tradución.--Miguelferig (conversa) 13 de maio de 2014 ás 11:06 (UTC)Responder

RE:Boston Bruins

editar

Boas! Eu o que faría sería crear dos artigos, un xeral e outro máis específico para a historia, deixando no principal un breve resumo. Sobre o tema, a verdade é que o hockey sobre xeo non é o meu forte, polo que tampouco podo saber se as traducións das palabras máis técnicas están ben ou mal. Se cadra máis adiante cando remate os exames da universidade me poño un rato e o miro, pero non prometo nada eh :) Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 21 de maio de 2014 ás 15:02 (UTC)Responder

Krzysztof Penderecki

editar

Seguro que non queres votar para que sexa destacado? So falta un voto.. --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2014 ás 15:21 (UTC)Responder

Digocho sobre todo por que xa que non saíu para calidade, o cal é unha mágoa, xa sería o remate que tampouco saíra para a portada! Pero como vexas ti, tampouco quero obrigarte. --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2014 ás 15:23 (UTC)Responder

Boston Bruins

editar

Poder podo traducilo, será artigo de calidade na wikipedia francesa pero non sei como se elixiu xa que nada máis empezar xa dá datas incorrectas, o 9 de febreiro de 1924 como a obtención da franquía non se sostén, o primeiro contacto tívoo en marzo[1] e segundo esa fonte a franquía concedeuse no verán, algo que tamén se pode comprobar en webs serias [2]. O que non podo facer é comprobar dato por dato se o resto que se di é correcto. Vouno traducir pero non podo garantir o contido (aínda que se vexo algo raro comprobarei as fontes) nin que vaia ser un artigo de calidade.--Sernostri (conversa) 28 de maio de 2014 ás 18:23 (UTC)Responder

Pasados os primeiros parágrafos parece que despois o texto é máis coherente, veremos se entre mañá e pasado podo rematar a tradución.--Sernostri (conversa) 28 de maio de 2014 ás 20:32 (UTC)Responder
Pois si que se me pasou, se queres facer xa as últimas tempadas por min ben e despois traduzo do francés o que queda da quinta Stanley, aínda que se te ves con forzas para traducilo por min magnífico, preciso cambiar un pouco de tema, levoume bastante máis tempo do que pensaba facer a tradución. Tamén se ves calquera erro corríxeo sen problema, seguramente ti coñezas máis en profundidade o hóckey sobre xeo e poderás ver sen problemas cousas que a min se me pasaron.--Sernostri (conversa) 10 de xuño de 2014 ás 14:38 (UTC)Responder

RE:Xoán Carlos I de España

editar

Pois xa o tiña en mente o de abordalos, antes da noticia do luns. A ver se podo facer algo con eles. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 5 de xuño de 2014 ás 14:56 (UTC)Responder

Xa lle botei man ao do Rei Don Xoán Carlos. A ver se esta tarde atopo algo de tempo e podo facer algo co do futuro monarca. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 6 de xuño de 2014 ás 08:43 (UTC)Responder

Artigos "en uso" (e abuso)

editar

Ola Piquito! Moitas grazas por me avisares do esquecemento dos artigos Francisco I de Austria e María Leopoldina de Austria que tiña con marcadores de "en uso" desde hai máis de un mes. Á volta dunhas "minivacacións" nestes caloroos días, xa amañei a desfeita. Moitas Grazas. Unha aperta! --XoioÉche o que hai 14 de xuño de 2014 ás 18:11 (UTC)Responder

Tradución das citas

editar

Boas Piquito! Abrín un debate na Taberna para tentar aclararnos sobre a tradución/non tradución das citas, sería boa cousa contar coa túa participación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 16 de xuño de 2014 ás 08:05 (UTC)Responder

Sei que xa o debatiches Piquito, por iso desta vez, logo deste debate, presentarei unha proposta a votación e xa nos deixamos de debates eternos. Grazas por participar :) --Norrin (Fálame) 16 de xuño de 2014 ás 09:08 (UTC)Responder

Claudio

editar

Gracias a ti polo traballo! :). Mira, sobre o tema do "Principal Director Convidado", entendo que é un posto usual nas orquestras, o que non me encaixa é o nome, parece que é unha tradución incorrecta do inglés, non será "Director Principal Convidado". Se o nome é así entón non digo nada, é que como non teño nin idea do tema... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2014 ás 21:40 (UTC)Responder

Vale, xa vin que ese é o nome que se usa, aclarado entón. Irei mirando o resto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 08:42 (UTC)Responder
Xa revisei os teus últimos cambios e arranxei algúns detalliños, tamén retoquei a frase que lle faltaba un pouco de senso, lendo a referencia creo que entendín o caso e penso que agora está correctamente redactada. Sobre o tema do coro Philarmonic ese engadín un detalle na frase entendendo que é outro coro, pero despois pensando e revisando vin que a referencia que se achega nese punto parece que non ten a información que se indica no parágrafo. Poderías atopar a referencia dese parágrafo? Así poderíamos revisar iso. Sobre o das ligazóns internas é unha das cousas que se comentan no Wikipedia:Libro de estilo. É certo que non aumenta a información pero o que se pretende é mellorar a lexibilidade do artigo (o texto en cor negra é máis lexible que o texto en azul) e isto é unha mellora no artigo. Está claro que sen facer isto o artigo seguirá sendo de calidade e o que realmente importa é a información, e diso o artigo está servido. Eu tentarei amañalo ós poucos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xuño de 2014 ás 16:14 (UTC)Responder

Remo

editar

Buenas. He visto la creación del artículo de la Copa del Generalísimo y les escribía porque estoy escribiendo un libro sobre la historia de las traineras y me gustaría saber si podría ayudarme con algunos datos, fotografías o cualquier cosa que tenga. Gracias. --Vanbasten 23 (conversa) 10 de xullo de 2014 ás 14:28 (UTC)Responder

RE:Pregunta extrawikipédica

editar

Boas, perdoa pola tardanza na resposta pero esta finde non me puiden conectar e ata agora non tiven un momento para revisar a miña conversa.

A min, polo que te coñezo da wiki, parécesme un editor importante para o proxecto, e persoalmente paréceme moi ben que propoñas artigos teus, penso que os que editan os artigos son os que mellor saben como están e non vexo problema ningún en facelo, a responsabilidade da promoción ou non dun artigo é unicamente dos seus revisores.

Tamén valoro moito as túas propostas, sempre hai cousas que mellorar, non só hai que facer a enciclopedia, que si, pero para facela da mellor forma, con maior calidade e de maneira máis eficiente precisamos ferramentas e organizarnos da mellor forma xa que non somos moitos e o traballo non falta :).

O que non penso é que teñas ningún afán de protagonismo, eu o que vexo é que traballas para a Galipedia e tratas de que todo sexa cada vez mellor. Tampouco penso que te consideres por riba de ninguén nin vexo que te consideres mellor que os demais, xa che digo que te vexo como un colaborador máis do proxecto, integrado nel e na súa comunidade. Tamén creo que tratas ó resto de colaboradores con respecto e colaboras cos demais sen problema.

Coméntoche todo isto sinceramente, tal e como o penso, non tiven tempo aínda de revisar a miña lista de vixilancia, polo que non sei se esta pregunta ten relación con algún problema no proxecto ou non, así que non ten influencia ningunha. Se hai algún problema xa sabes o que penso, o mellor é tomar as cousas con calma e entender que todos os que traballamos día a día na Galipedia tentamos facer o mellor para o proxecto.

Se hai algún problema non debemos deixar que vaia a maiores, hai que falalo tranquilamente e tentar aclarar os malentendidos que poida haber. Agora xa non teño tempo de mirar as edicións porque é moi tarde, nos vindeiros días mirarei a túa última proposta e comentarei o que poida. Sinto non poder facer máis polo momento pero hoxe foi un día atarefado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2014 ás 00:39 (UTC)Responder

Eu non creo que haxa problema por ter un proceso de revogación de bibliotecarios, máis ben tamén penso que é necesario e mellor que se cree agora e non que haxa problemas cando faga falta. A ver se un día con tempo me animo e fago algo, pero non prometo nada porque hai cousas máis interesantes para facer :).
Sobre o tema de non participar nas votacións e nos comentarios penso que non é boa idea, non debe haber problemas en participar nas decisións e deliberacións que se realizan na comunidade, e se os hai penso que hai que comentalos e tentar amañalos, se precisas axuda con isto tamén podes contar comigo.
No tocante ós artigos de Galicia na portada, non estou de acordo de todo, paréceme ben que estén, o que non me gusta é que non teñan a calidade axeitada. Para solucionar isto penso que non hai que obsesionarse tanto con ter un artigo novo cada mes, se para unha portada non se atopa un artigo axeitado sempre pode repetirse un dos que xa pasaron por ela. Agora que xa hai máis de 100 artigos destacados sobre Galicia penso que non haberá problema en repetir algún se é necesario.
E sobre o tema da Traviata, polo momento aínda non o mirei, a ver se para despois das vacacións podo facerlle algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2014 ás 00:11 (UTC)Responder
Xa, xa entendo que non me pediches nada sobre o da política, era simplemente que me parece que deberíamos ter ese proceso definido por se fixera falta, e xa o teño pensado algunha vez antes de que mo comentaras ti. A min paréceme natural que se hai unha forma de facer unha cousa tamén debe haber unha forma de desfacela, ó mellor é por deformación profesional, non sei.
Sobre o das votacións coméntoche o meu punto de vista, a enciclopedia non a pode facer un só, hai que facela coa axuda dunha comunidade e para organizala hai que tomar decisións conxuntas. Tampouco digo que haxa que participar en tódalas conversas, só nas que cada un pense que pode aportar algo ou nas que sexa necesario conseguir un consenso dos editores.
Da Traviata xa sei que tampouco me pediches nada, é máis, fun eu o que me ofrecín ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2014 ás 11:21 (UTC)Responder

Tempada lírica da Coruña

editar

Acabo de decatarme deste comentario que fixeches na taberna o mes pasado. Conta comigo para colaborar nos dous artigos das óperas. Eso si, non teño moita idea de música nin óperas pero podo revisar o texto que me digas e mesmo traducir as partes que vexas necesarias da wiki.es ou wiki.en. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2014 ás 21:25 (UTC)Responder

Vale, cando teña un momento mirarei o artigo da Traviata e logo tentarei engadirlle o que poida da wiki.en. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2014 ás 07:50 (UTC)Responder

Re:Opinión

editar

Xa expresei a opinión que me pediches, Piquito, perdón pola tardanza, non me prodigo moito pola Galipedia ultimamente. Un saúdo e parabéns polo teu continuado esforzo a prol da mellora deste proxecto. --Paradanta (Cóntame) 16 de xullo de 2014 ás 16:36 (UTC)Responder

Lista das óperas

editar

Mira unha pregunta sobre a lista das óperas máis importantes. Atopei que Tancredi aparece dúas veces con comentarios diferentes, ten algunha razón especial ou poderían xuntarse as dúas liñas? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2014 ás 10:15 (UTC)Responder

Outra cousa, na frase "Unha das máis populares do repertorio de Donizetti[7], que tomaba o relevo Romani." da ópera Lucrezia Borgia creo que lle falta algo, non será "que tomaba o relevo de Romani"? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2014 ás 10:26 (UTC)Responder
Grazas a ti polo traballo no artigo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xullo de 2014 ás 15:44 (UTC)Responder

Arqueas

editar

Xa propuxen eu o artigo, é que xa falara diso con Miguel fai uns días precisamente :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2014 ás 11:55 (UTC)Responder

A verdade é que non caera no de agosto, pero penso que non haberá problema porque grazas ós avisos penso que haberá xente abondo para que saia escollido, e se non tampouco pasa nada, volvemos a propoñelo cando pase o tempo e maloserá. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de agosto de 2014 ás 08:20 (UTC)Responder

Campionato Europeo de Hóckey 2014

editar

Mira, un compañeiro da asociación foi facer fotos ó Campionato Europeo de Hóckey, fixo este artigo e bastantes fotos que están aquí, coméntocho por se hai algunha foto que che interese para poñer nalgún artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de agosto de 2014 ás 10:28 (UTC)Responder

Ébola

editar

Ola. Recibín a túa mensaxe sobre o Ébola. Fixen as seguintes páxinas novas:

  • Ebolavirus. Trata do xénero ao que pertencen estes virus.
  • Virus Ébola. Trata sobre o principal virus causante do Ébola, que é a especie Ebolavirus Zaire (agora xa lle chaman simplemente virus Ebola). Foi unha páxina complicada polo caos de nomenclatura que hai, xa que estes virus cambiaron de nome moitas veces, hai confusión (mesmo na literatura) entre o nome da "especie" e os "virus" (unha especie pode ter varios "virus"), e os especialistas non aceptan os nomes oficiais establecidos polo ICTV. Ten menos que a páxina inglesa porque borrei algunhas cousas deliberadamente, pero penso que ten suficiente.
Ademais diso estou ampliando a páxina sobre a enfermidade causada polo virus, que será o que máis interese ao público seguramente, que se titula Ébola. Esta páxina xa estaba feita e tiña só 1.679 bits. Pretendo ampliala a 86.000 bits con material da wikipedia inglesa, onde foi candidato a ser artigo de calidade, pero non foi aceptado porque non chegaba a cumprir todos os criterios (son moi esixentes). Non sei cando a acabarei porque é moi longa e estou a facer outras.

Ademais, na wikipedia inglesa teñen un artigo longuísimo sobre a epidemia actual de 2014, que eu non teño intención de facer, porque me parece unha noticia demasiado actual (aínda non rematou nin sequera), que parece máis unha noticia para un periódico ou telediario que para a wikipedia. Polo menos haberá que agardar a que acabe a epidemia. De todos modos, na páxina Ébola fálase algo de todas as grandes epidemias incluída esta de 2014.

Por ben ser, habería que facer tamén as páxinas dos outros catro ebolavirus que tamén poden producir a enfermidade (virus Reston, Bundibugyo, Costa do Marfil e Sudán), e outro sobre febres hemorráxicas víricas en xeral, pero o corpo non me dá para tanto polo momento. Talvez máis adiante. Adeus.--Miguelferig (conversa) 5 de agosto de 2014 ás 20:34 (UTC)Responder

Modelo teatro

editar

Alá abaixo na miña lista de tarefas tiña pendente amañar o mapa de localización do Modelo:Teatro e parece que xa funciona, mira Teatro Jofre. Non fixen nada pero debeu ser que se amañou fai tempo cando se fedellou no modelo do mapa de localización. Unha cousa menos :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de agosto de 2014 ás 12:37 (UTC)Responder

Pois si que era boa cousa conseguir máis artigos de calidade pero así, agora mesmo, non me decato en cales se podería traballar para que puideran saír escollidos, tentarei revisar algún cando volva das vacacións :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de agosto de 2014 ás 20:16 (UTC)Responder
O artigo da evolución xa lle votei o ollo eu tamén :), o que pasa é que aínda teño que miralo con calma e despois tamén falarei con Miguel a ver o que di el xa que é o experto e ademais é o maior editor do mesmo. Cando o teña revisado mirarei algúns dos que me comentas. Se queres, cando remate de mirar o da evolución póñome a mirar o de Sibelius e despois coméntoche o que vexa. E eu non me preocuparía polas propostas, se o artigo é de calidade non debe importar o tema, o que importa é o contido e debe valoralo a comunidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2014 ás 23:02 (UTC)Responder
Vale, pois entón, se teño tempo xa o mirarei cando o propoñas. Xa vin que os artigos de música clásica non tiveron moita aceptación, pero é normal, coa pouca xente que somos non é de estrañar, a min mesmo chámanme pouco pero penso que participar na revisión dun artigo que é candidato a calidade paga a pena o esforzo que hai que facer. Polo tanto eu penso que se cres que o artigo ten calidade abondo para presentalo non deberías dubidalo.
Si vin a proposta de Sirius pero como vin que a votación ía moi ben xa non o mirei porque non é un tema que me chame e porque non teño tempo para máis, poreime a mirar o artigo da evolución e iso xa non sei canto tempo me levará. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de agosto de 2014 ás 00:18 (UTC)Responder

Artigos de calidade

editar

Boas Piquito. O artigo de The Smashing Pumpkins coido que hai que actualizalo algo, a ver se me poño a elo; ao da Guerra de Inverno botareile un ollo no tema das referencias. Un saúdo! --Beninho (conversa) 8 de agosto de 2014 ás 16:16 (UTC)Responder

RE:Avisos

editar

Pois témome que non vai poder ser porque a páxina que hai que modificar, esta, é unha páxina do software Mediawiki e está protexida para que só a poidan cambiar os administradores. Tampouco pode facerse un sistema automático para cambiala porque tería que ter permisos de administrador igualmente (polo menos non se me ocorre). Cando teña un momento, se non o fai ninguén antes, porei eu o aviso, aínda que como este mes está o aviso global de Wiki Loves Monuments non sei se lle sairá correctamente a todo o mundo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2014 ás 10:12 (UTC)Responder

títulos

editar

Ola, Piquito! Vendo títulos de pezas músicais vexo que hai a Sinfonía nº 104 (Haydn), Sinfonía Nº 1 (Mahler), Sinfonía Nº 5 (Mahler), Sinfonía Nº 29 (Mozart), Sinfonía nº 39 (Mozart), Sinfonía Nº 1 (Shostakovich), Sinfonía Nº 1 (Sibelius), Sinfonía Nº 4 (Sibelius) e Sinfonía Nº 8 (Sibelius). Penso que é preciso homoxeneizar nº/Nº, e creo que a forma correcta debe ser en minúscula, , pois a abreviatura é así, non existe a variante . Como o ves?

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de setembro de 2014 ás 21:49 (UTC)Responder

Ola, Piquito; para mudar o título tes que pulsar na lapela que pon "mover", á dereita da de "historial", e pór o título novo. Así consérvase o historial do artigo. Logo é preciso revisar as ligazóns cara ao artigo e corrixilas.
Anoto o artigo de Sibelius para revisar. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de setembro de 2014 ás 09:11 (UTC)Responder
Xa o sistema che pregunta se queres mover a páxina de conversa tamén. Ti proba sen medo, que así é como se aprende. Para desfacer sempre hai tempo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de setembro de 2014 ás 14:07 (UTC)Responder

Sibelius

editar

Ola, Piquito!

Estiven botándolle un ollo ao artigo Sibelius. Está moi ben redactado. Retirei algúns *sen embargo, que son incorrectos en galego, e mudei a forma xove polas máis recomendadas novo ou mozo. Mudei algún pronome mal colocado e puxen un par de cursivas, e corrixín o nome da nota musical *do por . Por certo, os nomes das notas musicais son substantivos comúns, polo que deben ir en minúscula, mesmo nos títulos das obras ("sinfonía en sol menor", no canto de "sinfonía en Sol menor"). Tamén mudei algunhas terminacións en -ra por -se cando o verbo estaba en subxuntivo. O adxectivo gran antes dun substantivo que comece por vogal transfórmase en grande (un gran libro, un grande amigo).

Unha cousa: non se entende moi ben o final do quinto parágrafo da sección regreso a Finlandia, antes da cita en que se refire a Liszt. Podes revisalo?

Ollo coas mencións a "euros da actualidade", pois o valor dunha moeda muda constantemente, e habería que ir actualizándoo decote. É preferible pór a cifra real, e se acaso entre parénteses unha explicación aproximada do cambio actual.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de setembro de 2014 ás 01:17 (UTC)Responder

RE:Idea

editar

É complicado, para que os medios se interesen hai que ter unha nova, algo que sexa diferente e teña relevancia. Unha simple xuntanza de voluntarios non me parece que dea para saír na TV, tería que ter algunha cousa máis aparellada, algo semellante ó que se fixo para o décimo aniversario..., pero aí tiña unha razón de ser, non sei...

Eu polo momento non teño moito tempo para organizar iso e ademais decembro é un mes complicado porque a xente non ten moito tempo.

O que si che podo comentar, en primicia xa que teño pendente de comentalo na taberna ;), é que coa asociación de Wikimedia vaise facer unha xornada no MUNCYT de Coruña en outubro (se todo segue ben) e espero que a charla sea sobre a Galipedia e que se faga un obradoiro na mesma. Tentarei organizar unha xuntanza despois das actividades, nuns días darei máis detalles na taberna. Xa se verá a difusión que ten.

E si, xa vin que presentaches o artigo, paréceme ben, nun mes hai tempo para revisalo e amañar as cousas que fagan falta. Aínda que eu prefero que non haxa máis dunha votación a calidade no mesmo mes, porque así non me da tempo a miralas, a ver se a xente se anima e lles bota un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de setembro de 2014 ás 13:00 (UTC)Responder

Música libre

editar

Por se non a coñeces, coméntoche que onte atopei unha páxina web, esta, que ten música clásica en dominio público. Varios dos seus contidos xa foron pasados a Commons e así poden utilizarse nos artigos da wiki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2014 ás 08:00 (UTC)Responder

Michael Jackson

editar

Moitas grazas. Tiña pensado revisar tódalas referencias despois de rematar a tradución, pero coido que tes toda a razón, xa non poido pospoñelo máis e agora póñome con iso. Un saúdo. --Breogan2008 (conversa) 19 de setembro de 2014 ás 16:20 (UTC)Responder

RE:Axudiña

editar

Si, revisarei o artigo pero non sei cando me poderei poñer con el porque teño varias cousas pendentes. O que si podo facer cando teña un momento libre será revisar os problemas coas referencias, supoño que iso non me levará moito, aínda que nunca se sabe. Para as citas temos Modelo:Cadro de citas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de setembro de 2014 ás 23:37 (UTC)Responder

RE:Obxectivo conseguido

editar

Xenial, son moi boas novas, o que pasa é que eu non sei se vou poder adicarme moito a axudar coa segunda fase. Xa ves que aínda non puiden revisar o artigo que me dixeches e sigo tendo case as mesmas tarefas pendentes, avanzo moi pouco a pouco. Non vin o artigo do ébola pero como está proposto tentarei botarlle un ollo, sobre os outros penso que non poderei miralos, polo menos en pouco tempo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2014 ás 21:30 (UTC)Responder

Ébola outra vez

editar

Non te preocupes, Piquito. Non me molestou para nada que o propuxeras, todo o contrario, un sempre se sente afagado se consideran que o seu traballo foi bo. O único é que nos artigos hai niveis de calidade, e un artigo pode ser bo (e merecer ir de artigo destacado na portada, por exemplo), pero ao mellor non chega a un nivel de excelencia como para ser considerado de calidade. O que é absurdo é o contrario: un artigo considerado de calidade que despois non é aprobado para ir na portada, o cal tamén ten pasado. Eu tamén creo que o artigo está entre os mellores das wikipedias sobre este tema (por iso penso que fixemos ben en poñelo na portada), e que hai moi poucos que o superen ou igualen (desde logo o artigo en castelán non), pero, dado que está principalmente baseado no artigo inglés, que alí foi proposto pero non aprobado como de clase A, pois creo que polo momento está ben na categoría de artigo destacado mellor que na de artigo de calidade. Iso non di nada en contra do artigo. Na propia wikipedia inglesa incluírono nun CD Selection deses que fan eles, porque o consideran bo, e xa solucionaron algúns dos problemas que tiña antes (cando foi proposto para categoría A). Para min ten algunhas cousas mellorables na parte de epidemioloxía e vacinas; e a parte de historia e de epidemioloxía solápanse un pouco; deberían de aclararse dunha vez (por parte dos investigadores, a OMS, o CDC) algunhas cuestións que están un pouco en dúbida (pódese contaxiar polo aire? e antes de apareceren os síntomas?) para que o artigo poida ser máis rotundo; e a parte dos medicamentos experimentais podería ser ampliada; a parte do brote de 2014 sempre está desactualizada porque, en realidade, esa é ata certo punto unha sección de "novas" que están ocorrendo continuamente (hoxe tiven que engadir algo sobre esa enfermeira española contaxiada e as cifras de mortos cambian cada mes), e por desgraza a OMS prevé que a epidemia seguirá ata ben entrado o ano que vén (iso se non acaba estendéndose por todo o mundo); habería que darlle formato ás referencias (agora estou con outros artigos e, unha vez acabadas as vacacións, xa empecei a traballar, polo que teño menos tempo). Algúns dos nomes tampouco sei como é mellor dicilos (non me refiro a ébola/ebola, que iso xa é o primeiro), senón a outros como virus Bosque Taï ou virus Bosque de Taï (Taï Forest) e outros detalliños. Tamén creo que unha sección sobre o virus Reston é demasiado longa (ese virus ten a súa propia páxina). Na páxina inglesa o artigo está a cambiar continuamente, porque agora está de actualidade e traballan moito nel, ata o punto de que tiveron que semirrestrinxilo aos editores.-Miguelferig (conversa) 7 de outubro de 2014 ás 17:09 (UTC)Responder

RE: Amherst

editar

Boas Piquito! O mapa meteorolóxico ten tamén os datos en graos centígrados. A solución que lle vexo, posto que é máis un problema de escala, é que alguén que controle algo sobre os modelos poda invertir os datos para que resalte os graos ºC por riba dos Fahrenheit. --AMPERIO (conversa) 11 de outubro de 2014 ás 09:49 (UTC)Responder

bloqueos

editar

Ola, Piquito. A maioría dos vandalismos feitos un luns pola mañá son desde IPs de centros educativos por adolescentes que andan a xogar. Polo xeral estes vandalismos non son reiterados, senón que ao cabo dun anaco acaban por aburrirse e deixar o asunto. Eu son partidario de facer o menor número de bloqueos posibles, porque algunhas das IP son compartidas por varios colexios, institutos ou facultades, polo que facer un bloqueo impide que outr@s usuari@s poian aprender a manexarse na wiki. Nalgúns casos, cando os vandalismos son moi reiterados, procuro facer bloqueos breves (de 2 horas), pois así a persoa decátase de que está a ser controlado, pero sen que isto supoña prexuízos a terceiros.

Para outra vez en vez de mandarlle unha mensaxe persoal a un administrador, deixa unha mensaxe no Taboleiro dos administradores, para que calquera o poida ler.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de outubro de 2014 ás 08:26 (UTC)Responder

Galencontro 2014

editar

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)Responder

Tamén se pode facer o encontro en Coruña aínda que se faga outro noutro sitio. Eu en Coruña vou ter que estar un dos dous días seguro, e de paso que se participa na actividade, ó rematar pode quedarse nalgún sitio para tomar algo e estar de palique un pouco... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2014 ás 10:51 (UTC)Responder

Cristóbal Halffter

editar

Ola, Piquito!

Navegando por un artigo dunha novela de Stefan Zweig mirei que o compositor berciano Cristóbal Halffter fixo unha ópera en base a ese texto. Anímaste a traducir o artigo ao galego? Está bastante completo en castelán.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de outubro de 2014 ás 09:36 (UTC)Responder

Ola!
A novela de Stefan Zweig é Schachnovelle; no artigo en inglés da mesma, The Royal Game, dise que "An opera based on the novel will premiere at the Kiel Opera House on 18 May 2013. The music is by Cristóbal Halffter, and the libretto is by Wolfgang Haendeler"; no artigo en alemán, Schachnovelle, dise que "Der spanische Komponist Cristóbal Halffter komponierte 2012 für das Kieler Opernhaus eine Oper zur Schachnovelle. Das Libretto schrieb Wolfgang Haendleler. Die Oper wurde am 18. Mai 2013 in Kiel uraufgeführt".
Agardo que che sirva de axuda. O material non corre présa, pero resulta interesante. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de outubro de 2014 ás 21:33 (UTC)Responder

Le Sacre du printemps

editar

Boas, eu traduciríao por: "Sobre as valoracións coas que irrumpiu o veterano compositor Camille Saint-Saëns despois da estrea, Stravinsky observou que non eran posibles, xa que Saint-Saëns non asistira á mesma". É o sentido que lle vexo eu á frase. Espero terche axudado. --Breogan2008 (conversa) 23 de outubro de 2014 ás 23:31 (UTC)Responder

Aviso de votación artigo

editar

Ola Piquito, mira unha cousa, xa vin que propuxeches un novo artigo para calidade, e agora habería que poñer o aviso para que saia na cabeceira das páxinas, pero como mañá imos poñer o do evento do Día da Ciencia en Galego, importaríache que o aviso do artigo se puxera para a seguinte semana para que non quede a cousa moi liada? Estaría igualmente unha semana e estaría dentro do plazo da votación... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 09:11 (UTC)Responder

Moi ben, grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 12:08 (UTC)Responder

En uso

editar

Ola Piquito, grazas por avisar. A verdade é que o artigo estab rematado, pero esquecérame de retirar o marcador. Saúdos! --Beninho (conversa) 4 de novembro de 2014 ás 06:56 (UTC)Responder

RE:Actividade Coruña

editar

Non teño aínda todos os detalles que me preguntas, aínda non se fixou a axenda, en principio a idea é facelo durante todo o día 13 e 14. Tampouco sei se haberá algunha actividade máis a maiores do editatón, cando teña máis detalles xa os porei na taberna.

O que si está claro é que só se vai centrar en científicos, xa que un dos impulsores é o MUNCYT, pero a túa presenza estaría moi ben para axudar ós novos editores que poidan asistir xa que os teus coñecementos da Galipedia serían moi útiles. Ademais, se te achegaras poderíamos facer unha pequena reunión, ó rematar os actos, con outros editores "de vello" da Galipedia. E outra máis, se te apuntas para axudar (pode ser un dos días ou os dous) a asociación correría cos teus gastos de desprazamento e dietas se fose necesario, como xa comentei na taberna.

Sobre o de Salónica e os xudíos. O termos *xudío aparece moi poucas veces, menos de 20, co cal da máis traballo facelo co bot que a man, e o de Salónica habería que revisalo con calma porque en moitos dos casos aparece co equipo Aris Salónica F.C. (habería que cambiar de nome ese artigo tamén?, eu diría que non, se Salónica tamén se acepta, iso é o que di o artigo...) co cal tampouco pode facerse automáticamente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2014 ás 12:13 (UTC)Responder

Pois o que terías que facer sería controlar un pouco o que fan os asistentes na wiki e tentar resolver as dúbidas e problemiñas que vaian tendo. Por exemplo o outro día un preguntábame se un libro que tiña a ligazón o poñía en ligazóns externas ou en bibliografía, outro preguntoume como podía atopar a páxina de conversa dun usuario, xa ves, cousas moi básicas que para ti non teñen ningunha "ciencia" ;) Con axudar neses temas xa sería moi boa cousa porque o sábado estaba eu só con 15 persoas e houbo algúns momentos de descontrol.
E logo se quixeras poderías botarlle un ollo á presentación que vou poñer na Galipedia do Editor Visual (foi o que presentei en Lugo e só son unhas dez transparencias), que é o que se lles ensina á xente que se achega ó proxecto para facilitarlle a edición. É moi doado de usar, é algo do estilo do Word pero moitísimo máis sinxelo, pero tampouco terías que ser un experto porque xa che digo que con axudar coa outra parte xa sería abondo, das cousas complicadas xa se ocuparían outros. Xa me contarás como o ves e espero que te animes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2014 ás 09:44 (UTC)Responder

RE:Editatóns

editar

Pois si, foi unha casualidade que esperemos que se repita máis e tamén de forma máis variada. O asunto é que estas actividades están organizadas por esas asociacións que teñen os seus propios obxectivos, e ademais o editatón de Lugo xa é esta finde e non se pode cambiar toda a filosofía do evento a estas alturas (xa foi publicado incluso nalgúns xornais). Está claro que se houbese tempo sempre se podía comentar todo pero o desta finde xa non vai poder ser. Eu propuxen que fixeran unha lista adicional con outros artigos como ti comentas de campos da ciencia pero polo momento non se engadíu, se queres podes comentalo na páxina da conversa para que se amplíe.

O evento da Coruña é un pouco máis complicado, está organizado pola FECYT e vai a facerse en varios museos de España ó mesmo tempo. Obviamente eles queren promocionar a ciencia de España e non creo que lles interese facer artigos de científicos extranxeiros. Iso si, o editatón será para tódalas linguas, cada un poderá facer os artigos na wiki que queira, castelán, catalán, galego, inglés, etc. O de promocionar o acto de Coruña en Lugo só poderá ser como comentario, xa que o de Coruña aínda non está publicado en ningún lado nin está pechada a súa organización.

E por facer que Wikimedia (España) organice actos en Galicia non te preocupes, se temos unha idea de actividade relacionada coa Galipedia, a súa promoción, formas de mellorala, etc, tan só hai que "traballala" presentala e casi podo asegurarche que eles non terían moito problema en colaborar, se precisamente o que busca a asociación é actividades para facer (sempre e cando haxa xente para organizalas, claro, o maior problema é a xente...) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de novembro de 2014 ás 14:29 (UTC)Responder

le sacre du printemps

editar

Ola, escríbote para avisar de que fixen unha corrección neste artigo sen darme conta de que tiña o aviso de en uso. Non estaba rexistrado nese momento polo que sae unha ip. espero non terche fastidiado algo que estiveses a editar. En todo caso pídoche desculpas.Servando2 (Dime) 5 de novembro de 2014 ás 18:23 (UTC)Responder

Rutas de Dodro

editar

Imos deixalo así; as referencias venxe mellor deste xeito e, canto ás rutas de sendeirismo, eu puxen os enlaces no corpo do artigo coa idea de que fose máis fácil o acceso para aquelas persoas interesadas neste tipo de actividades ó aire libre.

Nos próximos días dedicareime a recompilar información e empezarei a redactar xa o apartado de economía. --Dodro (conversa) 15 de novembro de 2014 ás 09:39 (UTC)Responder

Citas con corchetes

editar

O que eu sempre entendín é que cando se poñen entre corchetes partes dunha cita significa que son partes que non estaban na cita orixinal pero que a persoa que fai a cita introduce para que esta se entenda mellor. Por exemplo, se empezas unha cita no medio dunha frase podes poñer antes a parte previa omitida que facilitará o entendemento da frase (esa parte engadida ao mellor estaba a máis distancia no orixinal ou é un resume que se fai). Tamén pode servir para aclarar algo con maior precisión, como cando engade nunha das citas desa páxina [she said], para saber que é ela a que está dicindo iso e non outra persoa, xa que se non se pon non quedaría claro. Outras veces aparecen en medio dunha palabra porque son tamén partes engadidas omitidas polo autor do orixinal. Esta omisión puido deberse a un erro do autor orixinal (de ortografía, conxugación, etc.), ou a que fixo unha abreviación ou unha frase cortada (omitindo unha parte) ou a que (en documentos antigos) pode haber partes do documento borradas ou rotas ou que non se entenden. Iso é o que eu creo, pero tampouco son experto.--Miguelferig (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 11:18 (UTC)Responder

Os corchetes de frases ou palabras enteiras engadidas tradúceos e mantenos como corchetes na tradución. Pero os de partes dunha palabra xa non sei, porque a parte que falta pode ter sentido enchela no outro idioma e non tanto na tradución. Unha cousa recomendable, ademais de traducir a cita, é deixar a cita orixinal nunha nota a rodapé. Pero pregunta a ver se alguén sabe máis disto.--Miguelferig (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 16:49 (UTC)Responder

RE:Varias cousas

editar
1. Pois eu non son un experto nesas cousas, pero o que entendo é que as partes entre corchetes son cousas que non estaban explicitamente no texto pero que se engaden para facilitar a súa comprensión, nestes casos hai que traducilas e poñelas entre corchetes tamén. Cando o que está entre corchetes é só unha letra entendo que será que falta, pola razón que sexa, no texto orixinal, nestes casos se a palabra traducida non se parece en nada á palabra en inglés penso que non ten moito senso poñer ningunha letra entre corchetes porque non se ten ningunha correspondencia, nos casos nos que as palabras sexan similares e se vexa unha relación entre as letras entón eu tamén as poría. Paréceme importante o que di Miguel de por nas traducións unha nota co texto orixinal engadindo algo que indique que é unha tradución feita na Galipedia. Pode ser algo do estilo: "Tradución na Galipedia do texto en inglés (ou o idioma que sexa): Bla, bla, bla."
2. A web de Arquivoltas está nas ligazóns externas do artigo :) Home as catedrais están ben, pero tamén hai moitas outras cousas, o caso é que nos poñamos con elas :). O que xa non sei é se á xente lle interesará máis este tema ou outro. O que si penso que deberíamos facer é un wikiproxecto para ver se conseguimos un grupiño de usuarios que lles interese traballar especificamente en conseguir artigos de calidade. Se conseguimos dez usuarios poderíamos pedirlles que cada un deles se encargara de traballar nun artigo e cando o tivera listo o resto encargaríase de revisalo para aumentar a súa calidade ata que chegara ben pulido á votación...
3. Pois non sei, polo momento penso que hai tempo sen problema pero vou preguntar e xa che conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de novembro de 2014 ás 01:41 (UTC)Responder
Boas, dixéronme os da asociación que podías avisar cando quixeras, eso si, que non fose o día do tinglado :) Saúdos,

Catedral de Ourense

editar

Boas. Xa lin esa idea de crear un equipo para mellorar os artigos das catedrais, pero non creo que esa idea calle. Polo menos, a min non me interesa. Outra cousa é que fun a Ourense hai uns días, fixen unha chea de fotos e observei que o artigo da catedral era mínimo, esa foi a razón de meterme con el. Tamén teño fotos da de Lugo (e moitas ganas de volver a vela). Mirarei o que me dis do Calixtino, pero só teño información do Libro V, a Guía do Peregrino, e dos outros catro só teño referencias vagas. A ver que se pode facer. Mirarei tamén o modelo que me dis, por se lle faltara ou sobrara algo. Xa te contarei. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 23 de novembro de 2014 ás 23:09 (UTC)Responder

  • Nunca considerei Iria Flavia como catedral pero tampouco cho podo asegurar. Para min que son 5 as catedrais de Galicia (Santiago, Lugo, Ourense, Tui e Mondoñedo) pero vexo que temos tamén as "concatedrais" de Vigo e Ferrol. Algunha vez vin incluída como catedral a Colexiata do Sar. Non che sei. Atendendo á definición (territorio baixo a xurisdición dun bispo ou dun arcebispo), Iria Flavia tivo que selo porque alí tiña a sé o bispo Teodomiro e alí o foron buscar cando descubriron a tumba de Santiago. Esa sé trasladouse logo desde Iria Flavia a Compostela. Pero non sei se daquela se chamaban catedrais, basílicas ou que. Preguntarei a ver se mo explican. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de novembro de 2014 ás 00:12 (UTC)Responder

HdXdT

editar

Referíame a detalles nas táboas (cousas como o centrado das caixas, a aliñación do texto, o axuste do ancho das columnas...) que agora xa están melloradas. --. HombreDHojalata.conversa 26 de novembro de 2014 ás 12:33 (UTC)Responder

Actividade e galencontro Coruña

editar

Boas, anunciei unha actividade na taberna que podería ser do teu interese, tes máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 11:36 (UTC)Responder

Ben, pois xa nos veremos para outra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 13:42 (UTC)Responder

Nova proposta na taberna

editar

Fixen unha nova proposta na taberna, cando teñas un momento bótalle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 01:53 (UTC)Responder

Boas!, mira, paréceche ben o que comentei na taberna de poñer o aviso a partir do día 7 de xaneiro e ata finais dese mes? É que ti tes razón en que esta semana non vai ser a mellor para facer o experimento, pero é que tampouco quería que estivera demasiado tempo para que non saturara demasiado. Ti que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de decembro de 2014 ás 10:46 (UTC)Responder
Vale. O que non sei moi ben o que queres dicir é co da compatibilidade cos anuncios de votación a artigo de calidade, queres dicir que si se poderán poñer ó mesmo tempo os dous anuncios?
Paréceme complicado acadar 18 AC nun ano, para min revisar máis dun ó mes "rómpeme os esquemas" :) É que revisar ao xeito un artigo dese tamaño e complexidade leva moito tempo e non sempre se poden aparcar tódalas outras tarefas, e supoño que iso tamén afecta ó resto da xente...
Ah, e case me esquecía, o evento de Coruña foi unha ruína, eu estiven alí o sábado todo o día e non foi ninguén..., supoño que a data non era moi axeitada...Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de decembro de 2014 ás 08:42 (UTC)Responder

RE:Xesús

editar

Boas Piquito! Faime gracia a túa proposta porque eu mesmo mo teño plantexado varias veces, mais dame un "respeto"... Tentarei botarlle un ollo con calma neste Nadal, vale? Saúdos! --Norrin (Fálame) 23 de decembro de 2014 ás 23:15 (UTC)Responder

Bach

editar

Sen problema ningún. Ti fai o que precises e xa o collerei eu cando me digas. Non hai présa. Boas festas, Pedro --Lameiro (conversa) 25 de decembro de 2014 ás 23:05 (UTC)Responder

Réquiem (Mozart)

editar

Boas noites. No artigo Réquiem (Mozart) deberías botar un vistazo a estas frases que me resultan confusas:

  • Na sección "O manuscrito na Exposición Universal de 1958", escribes Nalgún momento da feira, alguén puido términos acceso ao manuscrito, arrincando un anaco da esquina inferior ...
  • Na sección "O Réquiem na literatura", na cita: Escoita, pois: Tres semanas havai, voltei tarde á casa....

De paso, repasa algunhas correccións que fixen no artigo, por se ves algún problema. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 26 de decembro de 2014 ás 19:20 (UTC)Responder

Proposta

editar

Boas, fixen unha proposta en Conversa:Galicia na que creo que deberías participar. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 10:36 (UTC)Responder

Xusto acababa de responderte. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 17:05 (UTC)Responder

RE:Avisos

editar

Pois quedáramos en poñelo ata fin de mes para que puidera estar un tempiño e así poder avaliar un pouco os resultados. A seguinte vez que se poña xa non sei cando será, haberá que comentalo na taberna cando vexamos como sae desta vez. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 00:50 (UTC)Responder

Teatro alla Scala

editar

No artigo Teatro alla Scalla dis que "O teatro tiña ... un dos maiores escenarios de toda Italia (16,15 m d x 20,4 m w x 26 m h)". Deberías explicar que dimensións son esas -d, w e h- para que sexan comprensibles ó común dos lectores. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 23:55 (UTC)Responder

Wikirreto

editar
  Ola Piquito. Lánzoche un Wikirreto   --~~~~

--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 11:05 (UTC)Responder

O Wikirreto é o de menos, o importante é ampliar os artigos que xa temos para que non sexan simples bosquexos, como é o caso dos que mencionas, así que calquera edición será boa. Por certo, como sei que soes participar, abrín hoxe unha votación para elixir artigo de calidade Revolución de Outubro. Se queres podes botarlle unha ollada e dar a túa opinión. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 15:03 (UTC)Responder

RE:Revolución de outubro

editar

Boas Piquito! Están ben as correccións que fas. A aclaración de que Petrogrado é o actual San Petersburgo eu non a poría xa que a ligazón vai cara alí, pero non está mal que estea. Sobre o parágrafo que dis no que aparecen tres veces a mesma referencia non é cousa miña, eu só traducín o texto da wikipedia en castelán onde o teñen así, se consideras que habería que deixar unha soa ao final por min estupendo xa que non afecta ao contido e é algo menor.

O parágrafo do "sacrificio" ven a dicir que o pobo de Petrogrado estaba farto de ter que facer sacrificios (pasar fame, enviar aos seus homes a unha guerra que se estaba perdendo) e andar cambiando de goberno (kadetes era como se chamaban os membros dun dos partidos).

Non atopo o punto con minúscula que me dis, onde esta?--AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2015 ás 17:17 (UTC)Responder

Vale xa o atopei, estou un pouco parvo hoxe. --AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2015 ás 17:30 (UTC)Responder

O texto que faltaba estaba na referencia, debín de equivocarme á hora de pechar a primeira. Paréceme ben o que me comentas. Grazas! --AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2015 ás 17:34 (UTC)Responder

O das referencias non é cousa miña, de feito eu o fixera así en catro columnas e foi Usuario:HombreDHojalata quen o cambiou por que
co {{Listaref|colwidth=30em}} o número de columnas das notas axustase á resolución de pantalla

. --AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2015 ás 18:00 (UTC)Responder

Global account

editar

Hi Piquito! As a Steward I'm involved in the upcoming unification of all accounts organized by the Wikimedia Foundation (see m:Single User Login finalisation announcement). By looking at your account, I realized that you don't have a global account yet. In order to secure your name, I recommend you to create such account on your own by submitting your password on Special:MergeAccount and unifying your local accounts. If you have any problems with doing that or further questions, please don't hesitate to contact me on my talk page. Cheers, DerHexer (conversa) 15 de xaneiro de 2015 ás 00:41 (UTC)Responder

RE:Guerras Médicas

editar

Vou ver se podo facer algo para melloralo. En primeiro lugar eu comezaría polo que ven indicado na páxina de conversa do artigo, e logo xa vemos se se pode engadir algo máis de contido. --AMPERIO (conversa) 17 de xaneiro de 2015 ás 09:32 (UTC)Responder

Ampliei un pouco artigo (de 62.727 bytes a 71.424 bytes) engadindo os puntos Antecedentes do conflito e Paz con Persia que poden valer para dous dos puntos que había marcados por facer na conversa do artigo (antecedentes e consecuencias). Queda engadir referencias e facer o apartado do papel de Alexandre Magno. O problema que lle vexo, e que aínda que é unha tradución do artigo francés alí utilizan un modelo de referencias diferente do noso polo que vai ser complicado nun artigo tan longo engadir todas as referencias que eles teñen alí, pero a ver se entre os dous podemos facer algo. --AMPERIO (conversa) 17 de xaneiro de 2015 ás 11:35 (UTC)Responder
O das referencias que te comentaba é isto: <ref>Airton Pollini, {{opcit}}, {{pp.}}19-21.</ref>., que utiliza modelos que nos non temos ou que son diferentes. Pero é un problema menor, xa que a maioría das referencias do artigo están no formato <ref>{{harvsp|Green|2008|p=69}}</ref>. que nos si temos. Cando acabe os exames poreime co traballo. Apertas! --AMPERIO (conversa) 18 de xaneiro de 2015 ás 09:54 (UTC)Responder

RE:Cursivas nos títulos

editar

Estiven revisando o artigo en inglés pero non atopo como fan iso, usa un cento de modelos e non atopo cal o pode facer, síntoo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2015 ás 00:47 (UTC)Responder

Así, cando preguntaches xa estaba amañado. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2015 ás 09:55 (UTC)Responder

Re:Revolución de Outubro

editar

Grazas por indicar todos os erros que lle viches ao artigo. Corrixín algúns e deixei un comentario na conversa da votación. O tema da ortografía a min aparéceme ben no corrector do ordenador, pero revisarei de novo. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 26 de xaneiro de 2015 ás 16:41 (UTC)Responder

RE:Consulta sobre un procedemento

editar

Eu creo que simplemente ese tema habería que debatelo na conversa do Wikipedia:Libro de estilo, propono alí e imos falando do tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2015 ás 21:40 (UTC)Responder

Revolución de Outubro

editar

Ola, Piquito! Botareille un ollo pois. Unha cousa antes de comezar: No cabezallo pon que os sucesos comezaron o 7 de novembro, pero no recadro da dereita na data pon que a revolución tivo lugar entre o 6 e o 8 de novembro. Cumpriría homoxeneizar as datas. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de xaneiro de 2015 ás 15:08 (UTC)Responder

Xa está solucionado, estaba mal a data da caixa. A revolución tivo lugar entre o do 25 de outubroxul./ 7 de novembrogreg. e o do 26 de outubroxul./ 8 de novembro de 1917greg.. Xa engadín o día no apartado "A debilidade do goberno" aínda que penso que se entendía ben que data era, por que máis adiante fálase da medianoite do día 7, pero está ben poñela para evitar erros. Xa están todos os Comité Central con maiúscula. As Asembleas Constituíntes tamén están con maiúscula e o VTsIK, queda especificado varias veces no artigo que é o Comité Executivo Central de Todas as Rusias, non creo que dea lugar a erro. Se atopas algo más non dubides en dicilo. Unha aperta!--AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2015 ás 11:39 (UTC)Responder

Quebec Nordiques

editar

Deixo aquí o mesmo que na conversa da votación:

Fixen unhas pequenas correccións no artigo Quebec Nordiques. O que si decateime é que dis cousas como: As mellores participacións do equipo de Quebec nas series eliminatorias foron nas 1981-82 e 1984-85, que entendo que se refire ás tempadas, pero eu o vexo raro así, tal vez poderíase utilizar outra palabra como ...nas series eliminatorias foron entre 1981-82...

Logo usas moito introducidos, como por exemplo en Membros do Hall of Fame onde dis Esta sección presenta os principais xogadores da historia dos Nordiques que foron introducidos no Hockey Hall of Fame. ou catro xogadores foron introducidos no Hall of Fame despois. O uso de introducidos é correcto neste caso, pero vese raro, sóame un pouco ao inglés were introduced.

De momento iso. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2015 ás 13:16 (UTC)Responder

Animaríaste a facer os artigos Battle of Quebec e Good Friday Massacre? Penso que estaría ben telos xa que do contrario pode parecer que é que esqueciches traducir eses nomes. Saúdos!--AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:45 (UTC)Responder
Piquito, modifiquei a posición de dúas imaxes no artigo, penso que estaban mellor á dereita que á esquerda, para facilitar a lectura do texto. Espero que non che importe. --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 16:22 (UTC)Responder
O das fotos mudeino por que ao ser tan grandes víase un pouco raro e sobrecargado. Se ves que queda mellor da outra forma desfai a edición e listo :) --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 18:03 (UTC)Responder

Fotos de parroquias de Carballo

editar

Boas, mira, coméntoche por se non o coñecías, que hai un proxecto da Galipedia para conseguir imaxes de tódalas parroquias de Galicia, e en Carballo faltan nove... Se algún día che cadra de pasar por algunha delas e levas a man unha cámara..., a ver se lle podes tirar unha fotiño :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 16:21 (UTC)Responder

Revisión de foto

editar

Boas, a foto de Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Ponte Nafonso - Outes - Noia - 01.jpg foi cambiada por unha de mellor calidade, se queres podes revisar o teu voto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de febreiro de 2015 ás 18:00 (UTC)Responder

Monte Carmelo

editar

No artigo Monte Carmelo (zarzuela) escribes que No carme de Mamá Dolores, chamado Monte Carmelo..., e máis adiante: O terceiro cadro transcurre no carme de Monte Carmelo.... Vexo que a RAE define carmen como En Granada, quinta con huerto o jardín, significado que cadra perfectamente co sentido das frases. O caso é que non se pode traducir ese carmen polo noso carme, que só é -polo que eu sei- nome de muller. Pero resulta que en galego existe quinta, que che valería perfectamente: quinta. Propiedade rural composta de casa e terreo de labranza ao redor. Pero prefiro que fagas ti o cambio por se queres buscar outra opción. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14 de febreiro de 2015 ás 20:27 (UTC)Responder

Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Castelo de Santo Antón

editar

Ola Piquito.

Bótalle un ollo. A ver que tal agora.

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2015 ás 21:30 (UTC)Responder

Sibelius

editar

Sen problema. Lerei con coidado o artigo que me dis. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16 de febreiro de 2015 ás 22:05 (UTC)Responder

Bueno, xa está lido e corrixido. Excepto un par de cousas que tes que decidir ti. Dis que "O 4 de setembro de 1933 Paul Voigt, a copista de Sibelius durante moito tempo". Supoño que ese tal Paul será un home, como se ve poucas liñas despois: "Sibelius… entregou novas pilas de manuscritos con música ao copista". Non corrixo ese uso feminino probablemente erróneo.
Máis adiante un cadro no que hai unha frase que non se entende: "O silencio de Sibelius é o estruendo da súa beatificación. O Eque stado finlandés que elevou a Sibelius ao nivel de heroe nacional tamén xogou un papel importante".
Noutra frase: "escribiu que todo o que podía estar concetado sen dúbida coa Oitava Sinfonía era unha única páxina dun borrador dunha...", substitúo ese concetado por relacionado.
E unha última observación: ¿por que deixaches as datas das notas en inglés? Por exemplo: Consultado o 2 August 2013. Pero hai moitas máis.
Máis nada. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16 de febreiro de 2015 ás 23:16 (UTC)Responder
Si que había máis, pero a nota quedou agochada baixo o teclado. Hai unha sección "Progeso e prevaricación" na que dis que "Durante varios anos, nunha prolongada correspondencia co director e con Downes, Sibelius vacilou e prevaricou". Prevaricar é un delito, e só poden facelo funcionarios ou xuíces que ditan resolucións inxustas a sabiendas. Non creo que sexa o caso de Sibelius, que o que parece que fixo foi mentir e enganar a todos, dando largas e largas, non prevaricar. Terás que buscarlle outro termo. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de febreiro de 2015 ás 00:07 (UTC)Responder

Aviso de wikimaratón en Vigo

editar

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)Responder

Grazas polo comentario, xa respondín alí ó tema da difusión. Sobre o tema dos avisos eu penso que están indo ben, se o miras en xeral eu creo que aumentou o número de persoas que participan nas votacións. É certo que non tódalas votacións teñen a mesma participación, pero eu teño a impresión de que en xeral con esta medida si aumentou o número de usuarios que participaron nelas. E non podemos deixar de lado a visibilidade que sempre teñen nos lectores en xeral, cambiar de cando en vez a apariecia sempre da máis impresión de que o proxecto "ten vida" que deixar sempre a páxinas igual. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 11:45 (UTC)Responder
Non, o problema foi que me liei con outra cousa, xa está feito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2015 ás 02:04 (UTC)Responder

Méritors do artigo

editar

Eu creo que, á marxe de que creases ou traballases moito no artigo, cómpre sinalarlle os méritos. Non vexo o problema sempre que se informe de maneira obxectiva. O valoración, na fin de contas, fana os usuarios, non os editores do artigo en cuestión. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23 de febreiro de 2015 ás 14:35 (UTC)Responder

Noches en los jardines de España

editar

Boas noites. No artigo Noches en los jardines de España hai unha frase que terás que corrixir. Dis que se trata dunha obra impresionista "na que as evidencias españolas e francesas se mostran evidentes". Demasiada evidencia ¿non cres? Búscalle outra redacción, por favor. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 23:39 (UTC)Responder

Taboleiro dos administradores

editar

Copiei a conversa sobre o nome dos artigos á conversa de West Side Story (musical) e engadín un comentario. Tes razón que é mellor explicar as cousas ós novos usuarios que facelas, pero nese momento non tiña tempo para máis e pensaba en explicarllo con tranquilidade cando tivera outro momento, estamos de acordo niso.

E non me molestan os comentarios que son para que mellore como usuario e para que mellore o proxecto :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 01:46 (UTC)Responder

Artigo Armonia Universal

editar

Ola Piquito, efectivamente, a páxina non debería ter sido creada. Estou dacordo coa súa eliminación. Disculpa as molestias. Gracias pola túa axuda. Un saúdo --Armoniauniversal (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:48 (UTC)Responder

Johannes Brahms

editar

No artigo sobre Johannes Brahms hai unha frase que non entendo: "Era un mestre do contrapunto, a complexa e altamente disciplinada que fixo famoso a Johann Sebastian Bach". Aí me falta unha palabra ou un cambio na redacción. A ver se lle dás vento e fas esta frase comprensible. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 15:07 (UTC)Responder

Doce aniversario da Galipedia

editar

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Cesión de fondos / licenciamento

editar

Pois non. A cesión de fondos a unha institución (pública ou privada) non implica, necesariamente, licenciamento a todo o mundo cunha licenza libre, que permita mesmo uso comercial e obra derivada, que é o que nós precisamos.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 5 de marzo de 2015 ás 22:47 (UTC)Responder

RWC 2015

editar

Boas Piquito. Xa ves, aquí andamos, adicándolle moito menos tempo que antes, pero ainda activo. Tomo nota da túa idea de facer algo coa Copa do Mundo de Rugby deste ano. Haberá que facer algo interesante á altura do evento. Seguiremos falando. JonnyJonny (conversa) 10 de marzo de 2015 ás 22:43 (UTC)Responder

RE: Administración

editar

Ola! Grazas polo ofrecemento, a verdade é que se bota en falta o de ser administrador :). Se queres propoñer a nova votación, como xa houbo outra antes, a forma máis correcta creo que sería:

Crear Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Banjo (reelección) con un contido semellante a este:

== [[Usuario:Banjo]] (reelección)==
* Quero propoñer a [[Usuario:Banjo|BaNjo]] para que sexa de novo administrador. 
**A votación previa atópase en [[Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Banjo]]
**Os detalles de renuncia e revogación están atópanse en [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos#Usuario Banjo en calidade de administrador]] 

~~~~

;a favor

;en contra

;neutro

;comentarios

Logo podes poñer o teu voto ahí, e despois habería que engadir {{Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Banjo (reelección)}} ao final de Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións

Ademáis habería que deixar un aviso na sección de propostas da taberna. Xa que parte do meu comentario unha resposta alí en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Wikipedia:Elección de administradores anunciando que creaches a votación debería ser suficiente.

De novo, moitas grazas, saúdos! -Banjo tell me 13 de marzo de 2015 ás 10:21 (UTC)Responder

Lista de cantatas de Johann Sebastian Bach

editar

Ola! para as instancias onde apareza "{{SortKey" podes usar o Modelo:Orde -> "{{Orde", xa é unha adaptación dese (creei Modelo:SortKey antes de darme conta disto, agora mesmo aparece ben no artigo pero volverá a estar en vermello en canto se borre). O "{{Hs" xa o creei dende o da wiki en:, ese polo momento pode quedar así (hay moito traballo pendente nos modelos :D ). Saúdos -Banjo tell me 13 de marzo de 2015 ás 11:19 (UTC)Responder

Creo que xa quedou, bótalle un vistazo ahí :) Banjo tell me 13 de marzo de 2015 ás 12:04 (UTC)Responder

Adaptación do formato dos números no sistema wiki

editar

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

RE: Bach

editar

Comezado, ireino facendo a poucos. En xeral está ben, as correccións son principalmente "Trindade" (no canto de Trinidade), e sustituín algúns termos por outros máis usuais. Saúdos! --Norrin (Fálame) 17 de marzo de 2015 ás 08:06 (UTC)Responder

ADN

editar

Ola. En relación co que me comentas sobre diversos artigos de bioloxía que poderían propoñerse para artigos destacados, penso que o artigo do ADN ou o da célula teñen unha calidade comparable cos doutros wikis onde foron destacados como de calidade (e en boa medida son traducións deses). Tamén creo que está na mesma situación o artigo núcleo celular. Con respecto ao da evolución, é moi extenso e tradución do artigo inglés (de calidade), pero dos temas referentes ao campo da evolución hai poucas páxinas feitas na galipedia, polo que ten moitos termos fundamentais e artigos principais en vermello (o cal non é culpa do artigo, claro), que son importantes para entender ben o que se di, e isto contrasta cos artigos antes mencionados (célula, núcleo, ADN), dos que hai xa feitas páxinas para a maioría dos termos adicionais que aparecen neles. A evolución tampouco é un campo no que eu me dedique a facer moitas páxinas. Ao artigo de evolución tamén lle faltan por traducir algunhas imaxes. Eu deixaría o artigo da evolución para máis adiante, pero os outros tres artigos penso que xa están listos.--Miguelferig (conversa) 19 de marzo de 2015 ás 17:19 (UTC)Responder

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña

editar

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Moldavia

editar

Ao respeto tiña pensado deixar a categoría Nados en Moldavia para a rexión histórica, a da rexión de Moldavia para a parte rumana e a da República de Moldavia para o país independente. O problema e o que me fai dudar é se incluir estas dúas últimas e a dunha parte de Ucraína (Bukovina) na categoría de Nados en Moldavia, era a idea inicial pero non sei se aportaría moito á galipedia. Agradecería unha segunda opinión.--Anton45 (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 13:22 (UTC)Responder

  • Concordo contigo pero non só conta a comodidade senon a exactitude e xa hai precedentes en casos similares, como é Macedonia, ca República de Macedonia e a rexión de Grecia, xa que no esencial tanto México coma España ou Estados Unidos as fronteiras históricas correspóndense cas actuais e non hai unha disputa entre países. Pero tes toda a razón comentareino na taberna a ver como o ven os galipedistas.--Anton45 (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 13:40 (UTC)Responder

RE:Slipknot

editar

Grazas! Os cambios perfectos, sempre agradezo que me revisen o traballo, diso se trata isto :D A verdade é que sí deixei bastante contido sen traducir, todavía se lle pode sacar máis "chicha" ao artigo, pero en canto considerei que xa estaba completo para ser destacado (que andamos cortos) deixeino ahí e púxenme con outras cousas. Cun pouco máis de traballo definitivamente podería ser de calidade, hai material ahí dabondo para traer :) Tentarei centrarme primeiro en crear os artigos relacionados, para tornar en azul cantas máis ligazóns mellor, e logo a ver se lle dou un repaso ao artigo en sí. Calquera cousa que queras engadir ou facer ahí adiante, moi agradecido :D Banjo tell me 7 de abril de 2015 ás 19:47 (UTC)Responder

RE:Idea

editar

Boas Piquito, grazas por comentarme a túa idea, realmente é unha boa proposta pero polo momento non a vexo moi viable..., concentrar os esforzos de toda a comunidade, ou da maioría dela, nun tema concreto e nun momento concreto é moi complicado porque somos moi poucos e cada un ten a súa parcela de traballo..., e xa o sabes ben, non hai wikiproxecto que vaia adiante na Galipedia... Eu, como moito, proporía este traballo unha vez ó ano, podería aproveitarse, por exemplo, a semana do Día das Letras Galegas..., ou a semana do aniversario da Galipedia, algo dese estilo...(que se funcionara, aínda que fora de forma regular, polo menos unha vez ó ano, mellor sería iso ca nada! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2015 ás 16:15 (UTC)Responder

Cadro xogadores Calgary Flames

editar

  Feito! (creo). Bótalle un vistazo, se ves que algo está mal ou hai que cambiar calquera cousa avisa. Saúdos! Banjo tell me 12 de abril de 2015 ás 21:13 (UTC)Responder

RE:Xornadas, maratóns, encontros...

editar

Unha aproximación ó que conto está aquí. Esa é a base, logo de cada vez conto algo distinto dependendo das cousas que teña na cachola :) Paréceme boa idea o que me dis e tentarei comentalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2015 ás 10:39 (UTC)Responder

A verdade é que grazas á xente da Facultade e de GPUL a resposta foi estupenda, veremos se algún dos novos usuarios queda enganchado e espero que esta actividade continúe a repetirse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2015 ás 11:38 (UTC)Responder

RE:Novo trebello

editar

Pois o das traducións van a instalalo hoxe, penso que aínda non está activo porque non me aparece nas preferencias, supoño que haberá que esperar a mañá.

Eu realmente non teño moitos trebellos activos para a edición, acabo de revisar as miñas preferencias e dos que teño activos os únicos que realmente me axudan son: o revisor ortográfico, o hotcats e o detector de homónimos. Realmente para a edición-edición só serve o hotcats. Logo no firefox teño instalado o corrector ortográfico que tamén me axuda moito. Se ti tes algunha outra ferramenta que che axude..., conta, conta! :)

As xornadas da UDC foron un éxito grazas á xente da Facultade, e haberá que ir mellorando nos vindeiros anos :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de abril de 2015 ás 11:50 (UTC)Responder

Xa está instalado o trebello do tradutor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de abril de 2015 ás 21:39 (UTC)Responder
Parece que non ten activada a tradución automática ó galego, vou mirar se se pode amañar, pero non creo que isto sexa para hoxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de abril de 2015 ás 22:16 (UTC)Responder
Non te preocupes, o que pasa é que aínda non está instalado, fixen a petición pero non sei cando o terán listo porque parece que hai que instalar varias cousas no servidor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2015 ás 22:19 (UTC)Responder

artigos tecnoloxía

editar

Os dous máis probables poden ser CPU ou Software. Nos próximos días tentarei poñerme con algún deles, de vez en cando vaime ben centrarme nun só artigo :) Banjo tell me 21 de abril de 2015 ás 17:26 (UTC)Responder

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade

editar

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Listo, mensaxe enviada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:33 (UTC)Responder

Michelangelo

editar

Boas Piquito sobre as proposta que fas sobre o artigo Michelangelo penso que estarian ben, polo que sé o desexas non te prives pois penso que todo o que sexa mellorar o xa feito sempre esta ben. Un saudo e xa verei se podo facer algo máis polo artigo--Alfonso mande 24 de abril de 2015 ás 22:39 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Piquito/Arquivo 3".