Safari (navegador)
Safari é un navegador web desenvolvido por Apple para os seus sistemas operativos macOS, iOS e IPadOS. O código utilizado para renderizar páxinas web baséase no motor KHTML, creado para o proxecto KDE. Como resultado disto, o motor interno de Safari é software libre e é liberado baixo os termos da licenza GPL. As melloras ao código de KHTML por parte de Apple son incorporadas ao código de KDE rapidamente.
Safari (navegador) | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | navegador web ![]() |
Epónimo | Safari (expedición) ![]() |
Historia | Safari version history (en) ![]() ![]() |
Versións
| |
Características | |
Sistema operativo | macOS, iOS, iPadOS e Microsoft Windows ![]() |
Linguaxe de programación | C++, C, linguaxe ensambladora, Objective-C e JavaScript ![]() |
Datas | |
Publicación | 7 de xaneiro de 2003 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Apple ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | apple.com… ![]() |
[ Wikidata ] |
En xuño de 2007 Apple anunciou unha versión de Safari para Windows, e puxo a disposición pública unha versión beta da mesma. Pero no 2012 Apple deixou fora a versión de Windows abandonándoa na versión 5.1.7.
Historia
editarA primeira versión beta de Safari foi presentada na exposición Macworld no ano 2003. A súa versión 1.0 lanzouse en xuño de 2003. A versión 1.1 publicouse en outubro do mesmo ano e converteuse na primeira versión de Safari en ser o navegador predeterminado para macOS.
Anteriormente ao lanzamento de Safari, Apple incorporaba o navegador Internet Explorer para Mac de Microsoft ás súas computadoras como navegador predeterminado. No Mac OS X v10.3, Internet Explorer continúa sendo incluído, pero xa non é o navegador predeterminado, e en Mac OS X v10.4 só se atopa Safari.
Apple Computer e Sun Microsystems decidiron unirse para substituír o motor KHTML por un novo motor denominado Sunrise, e que se incorporaría nas novas versións de Safari.
Características
editar- Motor de renderizado KHTML
- Interface de estilo metálico
- Administración de marcadores similar á de iTunes
- Integración da tecnoloxía multimedia de Apple, QuickTime
- Navegación dividida en lapelas, do mesmo xeito que a maioría dos navegadores actuais
- Caixa de texto para procura, a través do motor de procura de Google
- Lectura de feeds (RSS)
- Gardado de páxinas en arquivos locais
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Safari |