Stadin Gimmat

equipo feminino de hóckey sobre xeo de Helsinki, Finlandia

O Stadin Gimmat ou HIFK Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui (Finlandia). Foi fundado en 1982, e refundado en 2018. Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Malmin jäähalli, un pavillón con capacidade para 500 persoas.

Stadin Gimmat
HIFK Naiset
Fundación1982
Refundado: 2018
Cidade Helsinqui,
Uusimaa
Finlandia Finlandia
EstadioMalmin jäähalli
(500 persoas)
LigaNaisten Liiga
Campionatos1
AdestradorFinlandia Saara Niemi
Afiliado(s)HIFK Akatemia
CoresAzul, vermello e branco
                 
Na rede
https://stadingimmat.fi/
Facebook: StadinGimmat Twitter: StadinGimmat Instagram: hifk_naiset Editar o valor em Wikidata

Os maiores éxitos do equipo ata 2022 foron unha medalla de prata coseguida en 2022, así como tres medallas de bronce nas tempadas 1988, 1989 e 2021.

Historia

editar

Antecedentes

editar

HIFK Naiset foi un dos equipos que participaron na tempada inaugural da máxima competición feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia, a daquela denominada SM-sarja (renomeada Naisten Liiga en 2017).[1] O HIFK Naiset orixinal descendeu por problemas financeiros en 1989 e non volveu poñer ningún equipo no xeo durante as décadas seguintes.

Camiño ao regreso

editar

En 2015 o club capitalino retomou o traballo con nenas creando a "Gimmat skulaa", unha escola de hóckey sobre xeo para nenas.[2]

O primeiro intento de HIFK por poñer un equipo feminino de novo no xeo foi para a tempada 2017-18, logo de que o daquela propietario do Espoo United, Jussi Salonoja, anunciara que suprimiría todas as actividades femininas do club, tanto en baloncesto como en hóckey sobre xeo, por motivos económicos. A mediados de agosto de 2017 a televisión pública finlandesa, Yle, apuntaba a que se terían ofrecido as actividades do United feminino, así como unha praza na liga, se ben inicialmente prevíase que o equipo disputara os seus partidos como local en Espoo.[3] con todo finalmente as negociacións non chegaron a materializarse e o retorno de HIFK tivo que atrasarse.

Nacemento do Stadin Gimmat

editar
 
Saara Niemi foi nomeada adestradora do equipo no seu regreso ao xeo na tempada 2018-19.

O actual equipo foi fundado en 2018, comezando a competir dende a segunda categoría, a Naisten Mestis. Ademais do primeiro equipo, HIFK puxo no xeo catro equipos de base de distintas idades e un equipo afeccionado.[2]

Na súa tempada debut, a 2018–19, o equipo foi o gran dominador da Mestis, gañando os seus dez partidos (un deles na prórroga), e conseguindo un rexistro de 43 goles a favor por tan só 9 en contra nun equipo no que salientaron especialmente Saara Niemi (3+15), Miressa Mäkelä (8+6) e Fanny Jalonen (7+6).[4] Deste xeito HIFK clasificouse para a liga de clasificación para na Naisten Liiga xunto con RoKi,[4] na que as xogadoras da capital comezaron derrotando a RoKi (1-0) e Lukko (10-1) na primeira fin de semana de competición.[5] Finalmente HIFK conseguiu finalizar na primeira posición a liga de clasificación para a Naisten Liiga, conseguindo deste xeito o ascenso á máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés logo dunha gran tempada. O equipo só encaixou dúas derrotas na liguiña contra KJT Haukat (3-2) en Kerava e fronte a Lukko (3-2) en Rauma.[6][7]

Chegada á elite

editar
 
A veterana Karoliina Rantamäki chegou a Stadin Gimmat en 2019.

No verán de 2019 chegou ao club capitalino a destacada veterana Karoliina Rantamäki, que viña de xogar no SKIF Nizhny Novgorod da liga rusa as doce tempadas anteriores, e que foi designada capitá do equipo.[8][9] A tempada 2019-20 comezou co torneo de apertura da liga, desta volta disputado en Kuopio. O equipo recentemente ascendido comezou con forza a nova tempada gañando 1-6 a Sport no seu debut, mais na segunda xornada caería (3-6) fronte ás anfitrioas do torneo de apertura, KalPa, se ben o equipo axiña mudou a dinámica e gañou os seguintes encontros para situarse na segunda posición da táboa.[10][11][12] O equipo non foi quen de manter a dinámica gañadora e unha serie de malos resultados as afundiron ata a sétima posición, mais con opcións de clasificarse para o grupo superior ao chegar ás dúas últimas xornadas cun punto menos que Ilves,[13] mais finalmente as derrotas ante K-Espoo e HPK apartaron a HIFK do grupo inferior, tendo que loitar con TPS, Lukko e Sport, así como cos equipos da Mestis RoKi e APV, por unha das dúas prazas para os play-offs.[14] Finalmente o equipo conseguiu clasificarse para os play-offs ao finalizar o grupo inferior na primeira posición con nove vitorias e tan só unha derrota.[15]

Primeiras medallas

editar
 
Xogadoras de Stadin Gimmat na tempada 2021-22.

Primeiro campionato

editar

O nome Stadin Gimmat significa literalmente Mulleres de Helsinqui ou Rapazas de Helsinqui. O nome emprega a lingua falada na capital finlandesa: Stadi é o nome de Helsinqui na fala local (o "n" final indica o xenitivo) e Gimma significa muller ou rapaza (engadindo o "t" forma o plural).[16][17]

Pavillón

editar
Artigo principal: Malmin jäähalli.
 
Esterior do Malmin jäähalli.

As Stadin Gimmat xoga os seus partidos como local no Malmin jäähalli.[18] A pista de xeo, inaugurada o 2 de marzo de 2006, está situada no distrito de Malmi e ten capacidade para 500 persoas.[19]

O equipo ten xogado tamén como local no Helsingin jäähalli, no distrito de Töölö da capital de Finlandia.[2][20] Precisamente neste estadio o equipo proclamouse campión finlandés por primeira vez na súa historia o 21 de marzo de 2023 ante 1 311 persoas.[21]

Personalidades

editar

Xogadoras

editar

Cadro actual

editar

Actualizado a 14 de febreiro de 2024.[22]

# Nac Xogador/a Posición[a] S/G[b] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
30   Vainio, MiiaMiia Vainio G E (20 anos)
31   Skodova, BlankaBlanka Skodova G E (26 anos) Šternberk, República Checa
33   Lahtinen, KiiaKiia Lahtinen G E (20 anos) Porvoo, Finlandia
34   Laitajärvi, EmmiEmmi Laitajärvi G E (17 anos) Ikaalinen, Finlandia
4   Yrjölä, SiiriSiiri Yrjölä D E (19 anos) Vantaa, Finlandia
7   Andersson, NellyNelly Andersson D D (17 anos) Kotka, Finlandia
12   Palin, IlonaIlona Palin D E (18 anos) Raseborg, Finlandia
12   Holm, AadaAada Holm D E (18 anos) Mäntsälä, Finlandia
15   Saukkonen, MikaelaMikaela Saukkonen D E (24 anos) Hyvinkää, Finlandia
16   Holmberg, HeidiHeidi Holmberg D E (17 anos) Mikkeli, Finlandia
22   Kitula, EveliinaEveliina Kitula D D (19 anos) Helsinqui, Finlandia
24   Huttunen, OliviaOlivia Huttunen D E (17 anos) Helsinqui, Finlandia
26   Vihervuori, Satu-MaariaSatu-Maaria Vihervuori D E (19 anos) Vantaa, Finlandia
88   Locatelli, AthenaAthena Locatelli (A) D E (32 anos) Bourg-de-Péage, Francia
92   Kylliäinen, OliviaOlivia Kylliäinen D E (20 anos) Lappeenranta, Finlandia
9   Karlberg, NellieNellie Karlberg F E (19 anos)
11   Rantamäki, KaroliinaKaroliina Rantamäki (C) F E (46 anos) Vantaa, Finlandia
13   Huotari, VeeraVeera Huotari F E (25 anos) Oulu, Finlandia
14   Lehikoinen, AinoAino Lehikoinen F E (15 anos) Helsinqui, Finlandia
18   Pejzlová, MichaelaMichaela Pejzlová F E (27 anos) Pardubice, República Checa
20   Korhonen, EricaErica Korhonen F E (18 anos) Kirkkonummi, Finlandia
23   Kemppainen, JohannaJohanna Kemppainen (A) F E (26 anos) Mäntsälä, Finlandia
25   Galbrun, SehanaSehana Galbrun F (18 anos) Saint-Martin-d'Hères, Francia
29   Pere, AnniAnni Pere F E (20 anos)
39   Suhonen, SaraSara Suhonen F E (18 anos) Vantaa, Finlandia
72   Rozier, ClaraClara Rozier F D (26 anos)
76   Salonen, PauliinaPauliina Salonen F E (19 anos) Turku, Finlandia
86   Vanhanen, SanniSanni Vanhanen F E (19 anos) Nokia, Finlandia
91   Liikala, JuliaJulia Liikala (A) F E (23 anos) Peräseinäjoki, Finlandia


Capitás

editar
 
Karoliina Rantamäki en 2023. Rantamäki foi nomeada capitá do IFK en 2019.

Dende a súa refundación en 2018 o equipo tivo dúas capitás. A primeira delas foi Saara Suomikallio, que capitaneou o equipo no seu debut na Mestis. Co ascenso á máxima categoría chegou a veterana xogadora internacional coa selección finlandesa Karoliina Rantamäki, que foi nomeada capitá do equipo, posto que ostenta na tempada 2022-23.

Capitás das Stadin Gimmat
Nome(s) Período
Saara Suomikallio 2018–19
Karoliina Rantamäki 2019–

Adestradoras

editar
 
Saara Niemi no banco do IFK durante un partido en 2023.

Dende o regreso á competición do equipo feminino de HIFK, Saara Niemi (de solteira Tuominen) dirixe é a súa adestradora. A tempada antes do debut das Stadin Gimmat Niemi dirixiu o equipo chinés Kunlun Red Star da CWHL, co que chegou á final.[2]

Adestradoras das Stadin Gimmat
Nome(s) Período
Saara Niemi 2018–

Palmarés

editar

Trofeos colectivos

editar
SM-sarja/Naisten liiga
 
O IFK gañou a Aurora Borealis Malja en 2023.
  • A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. HIFK Naiset gañou dúas veces o trofeo: 2023 e 2024
    • 1 medalla de prata como segunda clasificada dos play-offs:2022
    • 3 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1988, 1989 e 2021

Trofeos individuais

editar
  1. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    • G: Goalie (porteiro)
    • D: Defenceman (defensa)
    • F: Forward (atacante).
  2. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
  3. Antes denominada Naisten SM-sarja.
Referencias
  1. "HIFK" (en finés). Leijonat.fi. 4 de febreiro de 2023. Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Kauhala, Hannu (26 de abril de 2018). "HIFK julkisti naisten joukkueen, aloittaa ensi kaudella Mestiksessä". Länsi-Suomi (en finés). Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  3. Tammilehto, Teemu; Leinonen, Simu (15 de agosto de 2017). "HIFK on kiinnostunut Salonojan hylkäämästä Espoo Unitedin naisjoukkueesta". Yle.fi (en finés). Consultado o 13 de novembro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Valkjärvi, Reetta (21 de febreiro de 2019). "Naisten Liigan karsintasarja alkaa lauantaina – Nämä joukkueet pelaavat kahdesta paikasta Liigassa kaudella 2019–20" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  5. Mennander, Pasi (27 de febreiro de 2019). "HIFK:lla vahva alku Naisten Liigan karsinnoissa – Kaksi Liiga-paikkaa jaossa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  6. Mennander, Pasi (10 de marzo de 2019). "Naisten Liigan karsintasarja pelattiin päätökseensä – HIFK:lle ja Lukolle liigapaikat kaudelle 2019–20" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  7. "Ottelut" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  8. Löfman, Sini (7 de setembro de 2019). "HIFK:n konkarihyökkääjä Karoliina Rantamäki: ”Kiva olla taas Suomessa”" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 19 de outubro de 2022. 
  9. "Karoliina Rantamäki" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 19 de outubro de 2022. 
  10. Laakso, Mika (8 de setembro de 2019). "Naisten liiga jatkuu tänään - sarjanousija HIFK aloitti kauden vahvasti". Jatkoaika (en finés). Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  11. Mennander, Pasi (9 de setembro de 2019). "Naisten Liigan kauden avausturnauksen tuloskertaus – HPK, KalPa ja K-Espoo aloittivat kautensa kahdella voitolla" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 19 de outubro de 2022. 
  12. Mennander, Pasi (16 de setembro de 2019). "Näin pelattiin Naisten Liigassa viikonloppuna – K-Espoo jatkaa puhtaalla pelillä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 19 de outubro de 2022. 
  13. Mennander, Pasi (25 de novembro de 2019). "Naisten Liigan alkusarjavaihe huipentuu ensi viikonloppuna – Ilves vai HIFK ylempään loppusarjaan?" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 19 de outubro de 2022. 
  14. Mennander, Pasi (3 de decembro de 2019). "Sarjataulukkokatsaus: Naisten Liigan alkusarjavaihe pelattu – Näin kausi jatkuu" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 19 de outubro de 2022. 
  15. Mennander, Pasi (3 de febreiro de 2020). "HIFK ja Sport pudotuspeleihin Naisten Liigan alemmasta jatkosarjasta – Lopputaulukko" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 19 de outubro de 2022. 
  16. "Stadi" (en finés). Urbaani Sanakirja. Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  17. "Gimma" (en finés). Urbaani Sanakirja. Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  18. "TURVALLISUUS JA LIPUNMYYNTI STADIN GIMMOJEN KOTIOTTELUISSA" (en finés). hifk.fi. 3 de setembro de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  19. "Malmin jäähalli" (en finés). okk.fi. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  20. "Jäähalli, Helsingin jäähalli" (en finés). stadissa.fi. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  21. Seppä, Lassi (21 de marzo de 2023). "HIFK on Suomen mestari − dramaattinen loppuratkaisu toi Stadin Gimmoille historialliset kultamitalit". jatkoaika.com (en finés). Consultado o 13 de marzo de 2023. 
  22. "KOKOONPANO HIFK" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  23. "Marianne Ihalainen to be honoured" (en inglés). IIHF.com. 8 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  24. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Points (Marianne Ihalainen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  25. Niemeläinen, Jonne (16 de marzo de 2021). "Huikeat tehot kerännyt 19-vuotias KalPa-hyökkääjä Elisa Holopainen palkittiin Naisten Liigan runkosarjan parhaana – huomenna edessä kauden tärkein peli". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  26. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Goals (Tiia Reima Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  27. Mennander, Pasi (22 de marzo de 2022). "Duvin, Nilsson, Yrjänen, Rakkolainen ja Havana – Naisten Liigan ensimmäiset kausipalkintojen voittajat julkistettu" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  28. "Awards - Naisten Liiga (W) Rookie of the Year (Noora Räty Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  29. Mennander, Pasi (23 de marzo de 2020). "Naisten Liigan kauden 2019–20 palkitut pelaajat ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  30. "Awards - Naisten Liiga (W) Fair Play Player (Emma Laaksonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  31. Mennander, Pasi (13 de xuño de 2022). "Naisten Liigan kauden 2021–22 palkitut pelaajat ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 14 de novembro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar