Espoo
Coordenadas: 60°12′20″N 24°39′20″L / 60.20556, -24.65556
Espoo, en finés, (Esbo en sueco) é unha cidade situada na costa sur de Finlandia. Forma parte da Área Metropolitana de Helsinqui xunto con Helsinqui, Vantaa e Kauniainen. Espoo está situado ao oeste de Helsinqui e Vantaa, mentres que encerra a Kauniainen. Outros municipios próximos son Nurmijärvi e Vihti no norte e Kirkkonummi no Oeste.
Espoo | ||
---|---|---|
| ||
![]() | ||
Localización | ||
País | Finlandia | |
Rexión | Uusimaa | |
Subrexión | Gran Helsinqui | |
Xeografía | ||
Superficie | 528,14 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 252.730 hab. (2012) | |
Densidade | 809,36 hab./km² | |
Outros datos | ||
Alcalde | Jukka Mäkelä | |
Páxina Oficial |
A superficie total de Espoo é de 528 km² e a súa poboación compóñena unhas 235.000 persoas (31-12-2006).
Historia Editar
Aínda que os primeiros habitantes de Espoo chegaron durante os séculos XII e XIII, non foi ata os anos 50 do século XX cando comezou o seu maior desenvolvemento. Debido á súa proximidade con Helsinqui, Espoo converteuse nun lugar de residencia para os traballadores da capital.
Demografía Editar
A súa poboación creceu dende os 22.000 habitantes en 1950 até os 210.000 no ano 2000. A media de incremento da poboación entre o ano 1964 e o 2006 é duns 3.900 habitantes anuais. Continúa o incremento de poboación, mais nos últimos anos faino a un ritmo moito menor.
Evolución do número de habitantes (31 de decembro):
A poboación por nacionalidade era o 1 de xaneiro de 2007: 95.1% nacionalidade finesa e 4.9% outra nacionalidade. A relixión do 77.4% da poboación era a luterana, 1.3% ortodoxa, 1.3% outras crenzas, e o 19.9% dos cidadáns non tiña afiliación relixiosa ningunha.
Poboación por áreas (2006);28;11894;1033;1042] | |||
---|---|---|---|
Área | Poboación | Área | Poboación |
Leppävaara | 58,048 | Vanha-Espoo | 33,613 |
Espoonlahti | 48,649 | Pohjois-Espoo | 9,754 |
Tapiola | 41,905 | Kauklahti | 6,191 |
Matinkylä | 33,613 |
Situación Editar
O obxectivo da cidade foi a de desenrolarse preservando a natureza, o que conduciu a unha peculiar planificación da cidade baseada na construción de diversos núcleos urbanos separados entre eles por amplos espazos de zonas verdes e bosques. Espoo está así dividida nas seguintes áreas: Espoon keskus, Espoonlahti, Kalajärvi, Kauklahti, Leppävaara, Matinkylä-Olari, e Tapiola.
A Universidade Politécnica de Helsinqui encóntrase en Otaniemi, Espoo, distrito no que residen as sedes de diversos institutos de investigación e empresas tecnolóxicas, por exemplo Nokia.
O seu equipo de fútbol é o FC Honka Espoo cuxo estadio se chama Tapiolan Urheilupuisto.
Personalidades do lugar Editar
- Children of Bodom, grupo.
- Kimi Räikkönen, piloto de Fórmula 1.
- Ari Vatanen, piloto de rallies.
- Aki Hakala, batería de The Rasmus.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Espoo |
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Páxina Web da cidade de Espoo Arquivado 20 de abril de 2006 en Wayback Machine.
- Sitio oficial da Universidade Politécnica de HelsinquiArquivado 23 de marzo de 2005 en Wayback Machine. - situada en Otaniemi, Espoo