Nokia
fabricante de teléfonos móbiles finlandés
Nokia é un fabricante de teléfonos móbiles finlandés, ademais dunha das principais empresas do sector das telecomunicacións. Con sede en Espoo (Finlandia), Nokia é unha das marcas máis coñecidas dentro e fóra da Unión Europea.
Nokia | |
---|---|
Connecting People | |
Tipo | Multinacional (NYSE: NOK) |
Fundación | 1865 |
Localización | Tapiola (Finlandia) |
Fundador | Knut Fredrik Idestam |
Persoas clave | Olli-Pekka Kallasvuo |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Teléfonos móbiles, equipamento para telefonía móbil |
Número de empregados | 117.212 |
Na rede | |
https://www.nokia.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nokia tamén produce infraestrutura para redes de telefonía móbil e outros equipamentos de telecomunicacións para aplicacións como a telefonía tradicional por voz, RDSI, acceso a Internet por banda larga, radio profesional móbil, Voz IP, e unha liña de receptores de satélite.
Historia
editarA actual Nokia é o resultado da fusión de empresas centenarias procedentes de diferentes sectores da industria finlandesa.
Cronoloxía
editar- 1865, o enxeñeiro de minas Fredrik Idestam establece unha empresa de industria forestal para a produción de papel no suroeste de Finlandia.
- 1898, a empresa crea a fábrica procesadora de caucho « Finnish Rubber Works Ltd » na cidade de Nokia e adopta o nome da mesma como a súa marca comercial.
- 1912, fúndase a « Finnish Cable Works » dedicada á fabricación de cables para a industria de telégrafo e a produción de teléfonos. Esta empresa foi adquirida por Nokia tralo fin da segunda guerra mundial.
- 1960, créase un Departamento Electrónico na fábrica de cables.
- 1963, Nokia produce un radioteléfono.
- 1965, primeiro procesador para os módems de datos.
- 1967, Nokia Corporación formase oficialmente mediante a fusión de Nokia Company (o negocio orixinal de fabricación de papel) con Finnish Rubber Works e Finnish Cable Works.
- Anos 1970, Nokia desenvolve a DX 200, unha central telefónica de conmutación dixital.
- Anos 1980, a primeira rede internacional de telefonía móbil celular, NMT, introdúcese en Escandinavia en 1981 e Nokia fabrica para esta os primeiros teléfonos de uso en automóbiles.
- 1987, Nokia adquire as operacións de produtos electrónicos e parte dos negocios de compoñentes da German Standard Elektrik Lorenz e a compañía de produtos electrónicos Oceanic de Francia. Ese mesmo ano produce o primeiro ordenador portátil.
- 1989, Nokia expande a súa industria do cable en Europa adquirindo a compañía de cable NKF dos Países Baixos.
Produtos destacados
editar- 5140
- 5140i
- 6630
- 6680
- 6681
- 7650
- Lista de móbiles serie "N"
- N70
- N71
- N72
- N73
- N80
- N90
- N91
- N92
- N93
- N95
- Nokia 3200.