Lista de municipios de Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial
Hai 53 municipios en Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial.[1][2] En Finlandia, en decembro de 2013, o 89,3 % da poboación falaba finés, o 5,3 % sueco, e o 0,04 % linguas saamis.[3] Tanto o finés como o sueco son linguas oficiais de Finlandia.[4] Oficialmente, un municipio é bilingüe se a poboación que fala a lingua minoritaria é canto menos o 8 % da poboación total, ou ten canto menos 3 000 falantes.[1] Un municipio previamente bilingüe mantense co status se a proporción da lingua minoritaria descende por baixo do 8 %, ata o 6 %. Se cae por debaixo do 6 %, é posible que o municipio se manteña bilingüe por decreto gobernamental, por recomendación do consello municipal, durante dez anos máis.[5] Entre os municipios que fan uso da regra dos 3 000 falantes inclúense a capital Helsinqui e o centro cultural da comunidade sueca finlandesa, Turku. No arquipélago das Åland, onde só o sueco é oficial[6], nunca se aplicou a lei lingüística de 1922 e segundo indica o artigo 7 da nova lei de 2003 a rexión queda fóra do seu ámbito. No continente, a maior proporción de falantes de lingua sueca encóntrase na costa occidental, en Ostrobotnia.[7]
Dos 317 municipios de Finlandia, 16 son unilingües en lingua sueca. 33 municipios son bilingües en finés e sueco; e deles, 15 teñen como lingua maioritaria o sueco e en 18 é o finés a lingua maioritaria.[1][8] Catro municipios, todos localizados en Laponia, teñen como lingua maioritaria o finés e algunha lingua saami como lingua minoritaria: Enontekiö, Inari, Sodankylä e Utsjoki.[2] Inicialmente, só a lingua sueca recibiu o bilingüismo oficial, a través da lei lingüística de 1922;[5] disposicións similares estendéronse ás linguas saamis a través dunha lei de 1991.[2] A lei de 1922 foi substituída por unha nova mais en boa parte similar en 2003.[5]
Cambios nos municipios
editar1933
editar- Os municipios de Helsingin maalaiskunta,[a] Kokkola e Ruotsinpyhtää mudaron dunha maioría sueca para unha maioría de lingua finesa.[10][11][12]
- Karuna e Salo pasaron de ser municipios bilingües a ser unilingües en finés.[10]
- Tenala e Nykarleby pasaron de ser municipios bilingües a unilingües en sueco.[10]
1943
editar- Karjaa e Pernå pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües con maioría de falantes en lingua sueca.[13]
- Lapinjärvi mudou de localidade de maioría de lingua sueca a finesa.[13]
- Iniö pasou de ser un municipio bilingüe de maioría sueca a ser unilingüe nesa lingua.[13]
- Tuusula pasou de ser bilingüe con maioría de falantes de finés a unilingüe nesa lingua.[13]
1953
editar- Korpo, Korsholm e Sipoo pasaron de ser unilingües en sueco para ser bilingües con maioría de falantes de lingua sueca.[14]
- Espoo a lingua maioritaria pasou do sueco ao finés.[14]
- Kerava e Lohja pasaron de ser bilingües con maioría de falantes en lingua finesa a ser unilingües nesa lingua.[14]
1963
editar- Hitis, Ingå e Ekenäs landskommun pasaron de ser unilingües en sueco para ser bilingües con maioría de falantes de sueco[15]
1973
editar- Bromarv e Nykarleby pasaron de ser unilingües en sueco para ser bilingües, sendo o sueco a lingua maioritaria.[16]
- Kaarlela, Kaskinen, Kauniainen, Kirkkonummi, Pohja e Porvoo pasaron de ter como lingua maioritaria o sueco a que fora o finés.[16]
1983
editar- Kronoby e o municipio rural de Jakobstad pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües, manténdose o sueco como lingua maioritaria.[17]
- Os municipios de Hangö, Loviisa, Porvoon maalaiskunta e Siuntio pasaron de ser de maioría sueca a finesa.[17]
1993
editar- Iniö, Malax e Västanfjärd pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües, manténdose o sueco como lingua maioritaria.[18]
2003
editar- Houtskär e Maxmo pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües, manténdose o sueco como lingua maioritaria.[19]
- Durante os seguintes dez anos Lohja mantívose como municipio bilingüe co finés como lingua maioritaria.[19]
- Sipoo pasou dunha maioría de falantes de sueco a unha maioría de falantes de finés.[19]
2015
editar- Korsnäs e Larsmo pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües, mantendo todos eles o sueco como lingua maioritaria.[19]
2016
editarMunicipios
editarNome na lingua maioritaria | Nome na(s) lingua(s) minoritaria(s) | Lingua(s) | Porcentaxe da poboación que fala unha lingua oficial distinta do finés 31 de decembro de 2013[3] |
Porcentaxe da poboación que fala unha lingua oficial distinta do finés 31 de decembro de 2016[20] |
Rexión |
---|---|---|---|---|---|
Brändö | — | Unilingüe en sueco | 78,7 | 72,6 | Åland |
Eckerö | — | Unilingüe en sueco | 89,1 | 89,7 | Åland |
Enontekiö | saami setentrional: Eanodat sueco: Enontekis |
Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria | 10,8 | 10,6 | Laponia |
Espoo | Esbo | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 7,8 | 7,2 | Uusimaa |
Finström | — | Unilingüe en sueco | 91,7 | 89,8 | Åland |
Föglö | — | Unilingüe en sueco | 85,7 | 84,2 | Åland |
Geta | — | Unilingüe en sueco | 87,2 | 86,9 | Åland |
Hammarland | — | Unilingüe en sueco | 92,5 | 89,7 | Åland |
Hanko | Hangö | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 42,8 | 42,8 | Uusimaa |
Helsinqui | Helsingfors | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 5,9 | 5,7 | Uusimaa |
Inari | saami de Inari: Aanaar saami setentrional: Anár saami de Skolt: Aanar sueco: Enare |
Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria | 6,4 | 6,6 | Laponia |
Ingå | Inkoo | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 54,3 | 52,9 | Uusimaa |
Jakobstad | Pietarsaari | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 55,8 | 56,2 | Ostrobotnia |
Jomala | — | Unilingüe en sueco | 90,1 | 89,1 | Åland |
Kaskinen | Kaskö | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 28,5 | 29,9 | Ostrobotnia |
Kauniainen | Grankulla | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 35,9 | 34,1 | Uusimaa |
Kimitoön | Kemiönsaari | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 70,3 | 68,5 | Finlandia Propia |
Kirkkonummi | Kyrkslätt | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 17,6 | 16,6 | Uusimaa |
Kökar | — | Unilingüe en sueco | 88,4 | 87,7 | Åland |
Kokkola | Karleby | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 13,1 | 12,6 | Ostrobotnia Central |
Korsholm | Mustasaari | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 69,0 | 68,9 | Ostrobotnia |
Korsnäs | — | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 87,2 | 85,8 | Ostrobotnia |
Kristinestad | Kristiinankaupunki | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 55,4 | 54,6 | Ostrobotnia |
Kronoby | Kruunupyy | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 80,7 | 78,4 | Ostrobotnia |
Kumlinge | — | Unilingüe en sueco | 90,3 | 85,4 | Åland |
Lapinjärvi | Lappträsk | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 32,8 | 31,2 | Uusimaa |
Larsmo | Luoto | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 92,5 | 91,8 | Ostrobotnia |
Lemland | — | Unilingüe en sueco | 92,9 | 92,1 | Åland |
Lohja | Lojo | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 3,5 | 3,5 | Uusimaa |
Loviisa | Lovisa | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 42,0 | 40,8 | Uusimaa |
Lumparland | — | Unilingüe en sueco | 91,0 | 86,6 | Åland |
Malax | Maalahti | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 86,1 | 85,5 | Ostrobotnia |
Mariehamn | Maarianhamina | Unilingüe en sueco | 85,7 | 84,2 | Åland |
Myrskylä | Mörskom | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 9,8 | 9,2 | Uusimaa |
Närpes | Närpiö | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 84,8 | 80,4 | Ostrobotnia |
Nykarleby | Uusikaarlepyy | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 87,3 | 86,7 | Ostrobotnia |
Pargas | Parainen | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 56,4 | 55,4 | Finlandia Propia |
Pedersöre | Pedersören kunta | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 89,7 | 89,3 | Ostrobotnia |
Porvoo | Borgå | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 30,4 | 29,6 | Uusimaa |
Pyhtää | Pyttis | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 8,1 | 7,6 | Kymenlaakso |
Raseborg | Raasepori | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 65,4 | 64,7 | Uusimaa |
Saltvik | — | Unilingüe en sueco | 92,8 | 91,9 | Åland |
Sipoo | Sibbo | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 35,6 | 32,6 | Uusimaa |
Siuntio | Sjundeå | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 29,6 | 28,5 | Uusimaa |
Sodankylä | saami de Inari: Suáđigil saami setentrional: Soađegilli saami de Skolt: Suäˊđjel |
Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria | 1,6 | 1,6 | Laponia |
Sottunga | — | Unilingüe en sueco | 91,0 | 93,5 | Åland |
Sund | — | Unilingüe en sueco | 92,3 | 88,9 | Åland |
Turku | Åbo | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 5,4 | 5,4 | Finlandia Propia |
Utsjoki | saami setentrional: Ohcejohka saami de Inari: Uccjuuhâ saami de Skolt: Uccjokk |
Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria | 46,0 | 45,0 | Laponia |
Vaasa | Vasa | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 22,7 | 22,8 | Ostrobotnia |
Vantaa | Vanda | Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria | 2,7 | 2,5 | Uusimaa |
Vårdö | — | Unilingüe en sueco | 90,1 | 88,1 | Åland |
Vörå | Vöyri | Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria | 82,6 | 81,1 | Ostrobotnia |
Notas
editar- ↑ O Helsingin maalaiskunta, coñecido en sueco como Helsinge, e que constitúe o actual concello de Vantaa.[9]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Ruotsin- ja kaksikieliset kunnat" ("Swedish and Bilingual Municipalities")" (PDF) (en finés). Asociación de Autoridades Locais e Rexionais de Finlandia.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Kenneth Douglas McRae, Mika Helander, Sari Luoma, Conflict and Compromise in Multilingual Societies: Finland, Volume 3, p. 231. Wilfrid Laurier University Press, 1999, ISBN 978-088920-347-1
- ↑ 3,0 3,1 ""Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980 – 2013" ("Population according to language and the number of foreigners and land area by region 1980 – 2013"" (en finés). Statistics Finland. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 23 de maio de 2019.
- ↑ Heikki E. S. Mattila, Comparative Legal Linguistics, p. 55. Ashgate Publishing, Ltd., 2006, ISBN 978-075464-874-1
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Olli-Pekka Salo, "Finland's Official Bilingualism – A Bed of Roses or of Procrustes?", in Jan Blommaert, Sirpa Leppänen, Päivi Pahta (eds.), Dangerous Multilingualism: Northern Perspectives on Order, Purity and Normality, p. 28–9. Palgrave Macmillan, 2012, ISBN 978-023032-141-0
- ↑ "Självstyrelselag för Åland". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2021. Consultado o 04 de abril de 2021.
artigo 36:Landskapet är enspråkigt svenskt. Ämbetsspråket i stats-, landskaps- och kommunalförvaltningen är svenska: A rexión é monolingüe sueca. A lingua oficial da administración estatal, rexional e municipal é o sueco
- ↑ Claus D. Pusch, "Old Minorities within a Language Space", in Peter Auer, Jürgen Erich Schmidt (eds.), Language and Space: An International Handbook of Linguistic Variation, Volume 1, p. 385–6. Walter de Gruyter, 2010, ISBN 978-311018-002-2
- ↑ "Statsrådets förordning om kommunernas språkliga status åren 2013–2022" (en sueco). Finlex. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2020. Consultado o 30 de maio de 2018.
- ↑ Harvia, Yrjö (1936). SUPISTETUSTA HELSINGIN MAALAIS- KUNNAST A (PDF) (en finés). Helsinqui.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Cambios nos municipios en 1933 Arquivado 18 de abril de 2021 en Wayback Machine. (require subscrición)
- ↑ "Hallinnon kieli" (PDF). Vantaan kaupunginarkiston kokoelmat sukututkijan silmin (en finés). vantaanseudunsukututkijat.net. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ "Kokkolan kaupunginkirjaston historia. Kirjakunta ja lainaustoiminta" (en finés). Cidade de Kokkola. Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 Cambios nos municipios en 1943 Arquivado 18 de abril de 2021 en Wayback Machine. (require subscrición)
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Cambios nos municipios en 1953[Ligazón morta] (require subscrición)
- ↑ Cambios nos municipios en 1963 Arquivado 18 de abril de 2021 en Wayback Machine. (require subscrición)
- ↑ 16,0 16,1 Cambios nos municipios en 1973[Ligazón morta] (require subscrición)
- ↑ 17,0 17,1 Cambios nos municipios en 1983 Arquivado 18 de abril de 2021 en Wayback Machine. (require subscrición)
- ↑ Huotari, Päivi (23 de xuño de 1992). "Maalahti, Iniö ja Västanfjärd kaksikielisiksi". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 "Luokituksen kuvaus" (en finés). Statistics Finland. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2021. Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ "11rm -- Kieli sukupuolen mukaan kunnittain, 1990-2020" (en finés). Statistics Finland. 31 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2020. Consultado o 4 de abril de 2021.