Uusimaa (en galego Nilandia; en sueco Nyland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada no sur do país, na provincia histórica de Uusimaa, e na actual provincia de Finlandia Meridional. A súa capital e cidade máis poboada é Helsinqui, con 604.380 habitantes. Na rexión atópanse as dúas cidades máis grandes do país, a capital Helsinqui, e Espoo.

Uusimaa
Nyland
Bandeira de
Bandeira de
Escudo de
Escudo de
BandeiraEscudo
EstadoFinlandia Finlandia
CapitalHelsinqui
 • Poboación604.380 (2012[1])
Lingua oficialAs dúas
Forma de gobernoRexión de Finlandia
 • Total9.567,71 km²
Fronteirasn/d km
Costasn/d km
 • Total1.550.362 [2] hab.
 • Densidade170,4 hab./km²
Fuso horarioUTC+2
 • Horario de veránUTC+3
Dominio de Internet.fi
Código ISO187

A rexión ten unha poboación de 1.550.362 habitantes e unha superficie de 9.567,71 km², o que a converte na rexión máis poboada e a 15ª máis grande. Uusimaa limita coas rexións de Tavastia Propia e Päijänne Tavastia ao norte, Kymenlaakso ao leste, e Finlandia Propia ao oeste, e co golfo de Finlandia ao sur.

Historia Editar

 
Ekenäs (Tammisaari) old town in Raseborg (Raasepori)
 
Sede de Nokia en Keilaniemi (Kägeludden), Espoo (Esbo)

Uusimaa foi, xunto co resto do sur e o oeste de Finlandia, parte do Reino de Suecia dende o século XII ou XIII.

A costa de Uusimaa foi anteriormente escasamente poboada, maioritariamente por xentes de Tavastia, mais foi dende o século XII cando comezou a ser poboada por colonos suecos, a meirande parte de Hälsingland, e as vilas sueco falantes chegou ata cerca das bocas dos ríos Vantaanjoki e Keravanjoki.

Os nomes Uusimaa e Nyland significan en galego "nova terra". O nome sueco Nyland aparece nos documentos dende o século XIV. O nome finés Uusimaa aparece por primeira vez en 1548 como Wsimaa en Se Wsi Testamenti no Novo Testamento en finés de Mikael Agricola.[3]

As provincias finlandesas foron cedidas ao Imperio Ruso na Guerra de Finlandia en 1809. Logo disto, Uusimaa converteuse na Provincia de Uusimaa/Nyland no antigo sistema lääni. Dende 1997 ata 2010, Uusimaa foi unha parte da Provincia de Finlandia Meridional. Foi dividida nas rexións de Uusimaa e Uusimaa Oriental. En 2011, as dúas rexións se fusionaron.

Linguas Editar

A rexión de Uusimaa é oficialmente unha rexión bilingüe na que o finés e o sueco teñen o mesmo status.

A rexión, especialmente as áreas costeiras, é tradicionalmente sueco falante, os dialectos rexionais tradicionais do sueco (nyländska) son actualmente máis falados en Uusimaa Oriental, mentres que no resto da rexión, a lingua sueca estandarizouse máis.

A poboación de fala finesa comezou a medrar cando a capital de Gran Ducado de Finlandia foi trasladdada de Turku a Helsinqui polo emperador Alexandre I de Rusia en 1812, e a rexión atraeu colonos doutras partes de Finlandia. O stadin slangi de Helsinqui (unha xerga local do finés) evolucionou inicialmente no século XIX.

Concellos Editar

 
Subrexións, cidades e municipalidades de Uusimaa.

Subrexión de Helsinki:

Subrexión de Raseborg:

Subrexión de Porvoo:

Subrexión de Loviisa:

Antigos concellos Editar

Notas Editar

  1. "Suomen asukasluvut kuukausittain – Kunnittain aakkosjärjestyksessä". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 04 de febreiro de 2013. 
  2. Väestön ennakkotilasto, tammikuu 2012[Ligazón morta]
  3. Nytt Land, Nylands historia Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine., por Uusimaa Regional Council]

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar