Hälsingland
Hälsingland é unha provincia histórica de Suecia (landskap) no sur da rexión de Norrland. Limita ao sur con Gästrikland, ao oeste con Dalarna e Härjedalen, ao norte con Medelpad e ao leste co golfo de Botnia.
Símbolo oficial | Liño (flores provinciais en Suecia) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Gävleborg | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 130.733 (2020) (9,16 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14.270 km² | ||||
Hälsingland atópase ao norte do limes norrlandicus (a fronteira biolóxica de Norrland) pero principalmente ao sur da fronteira do terreo montañoso de Norrland. En Hälsingland fálase o hälsingemål, e considérase que a provincia está dividida pola fronteira dialectal entre o norrländska mål e o sveamål.[1][2]
Nome
editarA primeira mención de hälsingar pode que sexa no poema inglés Widsith do século IX, que fala sobre un pobo chamado Hælsings e que foi gobernado por un rei mitolóxico chamado Wada. O nome de Hälsingland aparece por vez primeira de mans de Adán de Bremen a finais do século XI como Halsingland, en relación coa frota do ledungen. A provincia tamén é nomeada no Florenslistan, orixinalmente de 1103, coa súa forma latina "Helsingia".[3]
Hälsingland significa "terra dos hälsingars”. Hälsing interpretouse como unha combinación da palabra hals e o sufixo inge, 'habitante'. No se sabe exactamente o que significa hals, pero non ten nada que ver co pescozo (hals en sueco significa pescozo). As interpretacións propostas refírense a unha sección estreita de auga (comparando con Helsingborg-Helsingör), é dicir, un curso de auga estreito, ou unha porción estreita de terra.[4] Propuxéronse varios cursos de auga como orixe do nome, como por exemplo tres baías que penetraban na provincia na antigüidade, as de Alir, Sundhed e Nordanstig. Porén, a opinión máis común é que o "hals" ao que se refire é o golfo de Botnia e que a poboación que vivía ao longo das súas costas eran os "hälsingar".[4][5]
Notas
editar- ↑ Pamp Bengt. 1978. Svenska Dialekter. Stockholm: Natur o. kultur.
- ↑ Wessén Elias. 1948. Vara Folkmal.
- ↑ Lovén, Christian (2020). Florenslängder : den äldsta förteckningen över de svenska stiften. Sverige. p. 12. ISBN 978-91-519-3031-2. OCLC 1237776663.
- ↑ 4,0 4,1 "Helsingia Major: det stora Hälsingland". app.raa.se. Consultado o 2023-01-08.
- ↑ "En hälsing bodde vid halsen - Populär Historia". web.archive.org. 2010-08-21. Archived from the original on 21 de agosto de 2010. Consultado o 2023-01-08.