Medelpad é unha provincia histórica sueca (landskap) que na súa totalidade está incluída no condado de Västernorrland, no sur da rexión de Norrland. Medelpad limita ao sur coa provincia de Hälsingland, ao oeste coa de Härjedalen, ao noroeste coa de Jämtland, ao norte coa de Ångermanland e ao leste co golfo de Botnia.

Modelo:Xeografía políticaMedelpad

Símbolo oficialPicea abies (flores provinciais en Suecia)
Trollius europaeus (flores provinciais en Suecia) Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 62°36′N 16°15′L / 62.6, 16.25Coordenadas: 62°36′N 16°15′L / 62.6, 16.25
Rexións históricasNorrland Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación126.628 (2020) Editar o valor em Wikidata (17,94 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie7.058 km² Editar o valor em Wikidata

Etimoloxía

editar

O primeiro documento conservado onde aparece o nome Medelpad é do ano 1257. Pénsase que Medelpad vén das palabras do sueco antigo Medhal, que significa "no medio" e Pad, que significa "camiño" ou "camiño acuático". Isto interpretouse como unha referencia á Sankt Olofsleden, unha importante ruta para camiñantes e xenetes dende Selånger ata Trondheim, en Noruega, e/ou á baía medieval e a canle de navegación ao porto marítimo de Saint Olof en Selånge, entre os dous ríos do landskap, o Ljungan ao sur e o Indalsälven ao norte.[1] Outra hipótese é que "Medelpad" pode ter significado "o terreo de praia no medio", e orixinalmente referido á zona cental de praia da era viquinga no Selångersfjärden, ao lado de Kungsnäs, pero ampliouse para referirse a toda a provincia que co tempo pasou a ser administrada dende este lugar.[2]

  1. "Medelpad - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2023-01-06. 
  2. Ortnamnsprofessorn Lars-Erik Edlund, refererad i Nils Johan Tjärnlund (2011), Fanns det grevar på Östermalm? Läsarnas egna frågor om Medelpads historia, p. 20.