Päijänne Tavastia
Päijänne Tavastia (en finés Päijät-Häme e en sueco Päijänne Tavastlands) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao sur do país, na provincia histórica de Tavastia e na actual provincia de Finlandia Meridional. A súa capital e cidade máis poboada é Lahti.
Päijänne Tavastia Päijät-Häme (en finés) Päijänne Tavastlands (en sueco) | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: [[Vihreiden harjujen maa]] | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Lahti | ||
• Poboación | 102.805 (2012) | ||
Lingua oficial | As dúas | ||
Forma de goberno | Rexión de Finlandia | ||
Provincias históricas | Tavastia | ||
• Total | 6.254,68 km² | ||
• % auga | 1.130,05 | ||
Fronteiras | n/d km | ||
Costas | n/d km | ||
• Total | 202.204 (2012) hab. | ||
• Densidade | 39,46 hab./km² | ||
Xentilicio | n/d | ||
Fuso horario | UTC+2 | ||
• Horario de verán | UTC+3 | ||
Dominio de Internet | .fi | ||
Código ISO | n/d | ||
Päijänne Tavastia limita ao norte coa rexión de Finlandia Central, ao leste coas de Savonia do Sur e Kymenlaakso, ao sur con Uusimaa, e ao leste coas rexións de Tavastia Propia e Pirkanmaa. Esta rexión é a 8ª máis poboada do país e a 18ª máis extensa.
ConcellosEditar
A rexión de Päijänne Tavastia está formada por nove concellos, dos cales tres teñen estato de cidade:
Antigos concellosEditar
- Artjärvi, pertenceu ás provincias de Uusimaa e Uusimaa Oriental, mais posteriormente pasou a formar parte de Päijänne Tavastia integrándose na cidade de Orimattila.
- Heinolan maalaiskunta, pertenceu á provincia de Mikkeli e á de Lahti, integrándose na cidade de Heinola en 1997.
- Hämeenkoski, fusionouse co concello de Hollola en 2016.
- Nastola, fusionouse coa cidade de Lahti en 2016.
Trocos de rexiónEditar
- Kuhmoinen pasou a formar parte de Finlandia Central siirtyi osaksi Keski-Suomen lääniä eli nyk. Keski-Suomen maakuntaan 1974.
PolíticaEditar
As eleccións parlamentarias de 2011 en Finlandia Central deron os seguintes resultados:
- Partido de Coalición Nacional 23.2%
- Finlandeses Auténticos 22.7%
- Partido Socialdemócrata de Finlandia 22.0%
- Partido de Centro 11.6%
- Demócrata-Cristiáns 7.5%
- Alianza de Esquerda 6.1%
- Liga Verde 4.5%
Galería de imaxesEditar
Praza do mercado de Lahti coa casa do concello obra de Eliel Saarinen ao fondo.
O Sibelius Hall, corazón da vida cultural de Lahti.
Trampolíns de ski en Lahti; tamén sede do Mundial de saltos de ski.
Un vello muíño no río Vääksynjoki, en Asikkala.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Päijänne Tavastia |
Ligazóns externasEditar
- Sitio web oficial (en finés) (en inglés)