Finlandia Propia

Finlandia Propia (en finésVarsinais-Suomi; en suecoEgentliga Finland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao oeste do país, na provincia histórica de Finlandia Propia e na actual provincia de Finlandia Occidental. A súa capital é Turku, sendo tamén a cidade máis poboada da rexión, residindo na súa aglomeración e arredores dous terzos da poboación total da rexión.

Finlandia Propia
Varsinais-Suomi (en finés)
Egentliga Finland (en sueco)
Bandeira
Escudo
BandeiraEscudo
Varsinais-Suomi.sijainti.suomi.2010.svg
Himno: Varsinaissuomalaisten laulu
EstadoFinlandia Finlandia
CapitalTurku
 • Poboación178.784 (2012)
Lingua oficialAs dúas
Forma de gobernoRexión de Finlandia
Provincias históricasFinlandia Propia
 • Total10.910,05 km²
Fronteirasn/d km
Costasn/d km
 • Total467.245 (2012) hab.
 • Densidade42 hab./km²
Xentilicion/d
Fuso horarioUTC+2
 • Horario de veránUTC+3
Dominio de Internet.fi
Código ISO183

Finlandia Propia limita ao norte coas rexións de Satakunta e Pirkanmaa, ao leste coa de Tavastia Propia, e ao sur coa de Uusimaa.

A rexión é a 3ª máis poboada, e a 10ª máis extensa do país.

XeografíaEditar

A rexión está situada na unión do Golfo de Finlandia e o Golfo de Botnia. O interior da rexión, unha meseta pouco elevada (100 m de altitude) onde nacen varios ríos de mediana importancia (sendo os máis importantes o Paimionjoki e o Aurajoki) que descenden cara o mar en dirección nordeste suroeste, está pouco poboado. Os outeiros son pouco elevados (máximo de 159 m en Somero) mais o relevo é, porén, aparente, contrastando coas zonas máis chas de Ostrobotnia ou Satakunta. A zona costeira e os vales principais están moi poboados, estando nestas zonas as principais cidades, Salo, Paimio, Uusikaupunki e a capital, Turku. A zona suroeste está formada polo Arquipélago finlandés, ofrecendo a vista dunha das costas máis recortadas do mundo, con milleiros de illas, globalmente pouco poboadas, excepto no verán, debido ao gran número de residencias secundarias construídas no arquipélago.

ConcellosEditar

 
Mapa da rexión. As subrexións aparecen coas seguintes cores: o verde é Vakka-Suomea, o azul é Turku, o amarelo é Loimaa, o vermello é Salo, e o laranxa é Turunmaa - Åboland. Os concellos escuros son cidades.
 
Vista da cidade de Turku, a capital da rexión e a cidade máis grande.
 
Vista da illa de Utö, integrada dentro da municipalidade de Parainen.

A rexión de Finlandia Propia consta de 27 concellos, do cal 11 son considerados cidades.

Nome Escudo Tipo de
poboación
Poboación Superficie Densidade de
poboación
Subrexión Fundación
Turku Capital da rexión 178.564 306,36 km² 726,87 hab/km² Turku 1229
Salo cidade 55.184 2.168,31 km² 27,78 hab/km² Salo 1887
Kaarina cidade 31.158 179,50 km² 207,25 hab/km² Turku 1869
Raisio cidade 24.602 50,06 km² 504,55 hab/km² Turku 1292
Naantali cidade 18.877 687,98 km² 60,60 hab/km² Turku 1443
Loimaa cidade 16.849 851,93 km² 19,87 hab/km² Loimaa 1921
Uusikaupunki cidade 15.616 1.932,64 km² 31,08 hab/km² Vakka-Suomi 1617
Lieto concello 16.803 200,17 km² 84,65 hab/km² Turku 1331
Parainen cidade 15 549 5.548,24 km² 17,63 hab/km² Turunmaa - Åboland 2009
Paimio cidade 10.517 242,25 km² 44,12 hab/km² Turku 1997
Somero cidade 9.264 697,68 km² 13,87 hab/km² Salo 1867
Masku concello 9.641 204,13 km² 55,12 hab/km² Turku -
Laitila cidade 8.461 545,33 km² 15,91 hab/km² Vakka-Suomi 1868
Pöytyä concello 8.523 773,69 km² 11,36 hab/km² Loimaa -
Mynämäki concello 8.012 536,09 km² 15,42 hab/km² Turku -
Kemiönsaari concello 7.158 2.800,87 km² 10,42 hab/km² Turunmaa - Åboland 2009
Rusko concello 5.874 127,90 km² 46,21 hab/km² Turku -
Nousiainen concello 4.821 199,43 km² 24,25 hab/km² Turku 1867
Aura concello 3.971 95,57 km² 41,80 hab/km² Loimaa 1917
Sauvo concello 3.047 299,68 km² 12,07 hab/km² Turku -
Koski Tl concello 2.453 192,42 km² 12,81 hab/km² Loimaa 1869
Vehmaa concello 2.355 202,09 km² 12,48 hab/km² Vakka-Suomi 1869
Pyhäranta concello 2.187 291,75 km² 15,27 hab/km² Vakka-Suomi -
Marttila concello 2.000 195,99 km² 10,24 hab/km² Loimaa 1409
Taivassalo concello 1.676 217,71 km² 11,94 hab/km² Vakka-Suomi 1155
Oripää concello 1.427 117,73 km² 12,13 hab/km² Loimaa -
Kustavi concello 886 769,88 km² 5,35 hab/km² Vakka-Suomi 1874

Antigos concellos[1]Editar

NotasEditar

  1. Lakkautetut kunnat aakkosjärjestyksessä[Ligazón morta], 71–78. ISBN 978-952-244-368-7 (pdf) Kunnat ja kuntapohjaiset aluejaot 2012

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar