Coordenadas: 60°33′45″N 21°36′35″L / 60.56250, -21.60972

Taivassalo (en sueco Tövsala) é un concello da rexión de Finlandia Propia, Finlandia. A súa poboación era de 1 654 habitantes en 2017.[2]

Taivassalo
Localización
PaísFinlandia
RexiónFinlandia Propia
SubrexiónVakka-Suomi
Xeografía
Superficie141,96 km²
Demografía
Poboación1.682 hab. (2012)[1]
Densidade11,99 hab./km²
Outros datos
AlcaldeVesa Rantala
Páxina Oficial

A lingua predominante no concello é o finés, cun 94,92 % de falantes, mentres que o sueco é falado polo 0,72 % e o 4,35 % é falante doutras linguas.[2]

Historia Editar

A fundación da localidade é en gran parte mítica. En 1155, o bispo Henrique de Uppsala chegou á rexión á cabeza da primeira cruzada sueca, evanxelizando varios pobos, entre eles a actual Taivassalo. No 2005 a localidade celebrou o seu 850 aniversario a pesar da falta de evidencia histórica.

Algúns anos despois construíuse unha igrexa de madeira, mentres que a igrexa de pedra foi construída por etapas entre finais do século XIII e o século XV. Taivassalo converteuse entón nunha comunidade pacífica adicada á pesca e ao comercio no Báltico.

Notas Editar

  1. ""VÄESTÖTIETOJÄRJESTELMÄ REKISTERITILANNE 30.12.2012"". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "018 -- Population according to age (1-year), sex, marital status and language by area in 1990 to 2017". Tilastokeskuksen PX-Web tietokannat. Consultado o 6 de febreiro de 2019. [Ligazón morta]

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar