Järvenpää (en sueco Träskända) é unha cidade de Finlandia, situada na rexión de Uusimaa, ao sur do país. En 2014 tiña 40.106 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaJärvenpää
Imaxe

Localización
Mapa
 60°28′20″N 25°05′20″L / 60.4722, 25.0889Coordenadas: 60°28′20″N 25°05′20″L / 60.4722, 25.0889
EstadoFinlandia
Axencia RexionalFinlândia Meridional (pt) Traducir
RexiónUusimaa Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación40.106 (2014) Editar o valor em Wikidata (1.004.407.713,5 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Helsinqui Editar o valor em Wikidata
Superficie39,93 m² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1951 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoJärvenpää City Council (en) Traducir , (Escano: 51) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webjarvenpaa.fi Editar o valor em Wikidata
Facebook: jarvenpaankaupunki Twitter: JarvenpaanKaup Instagram: cityofjarvenpaa LinkedIn: jarvenpaa Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Järvenpää está situada na rexión de Uusimaa, ao sur de Finlandia, no extremo norte do lago Tuusulanjärvi. Encóntrase 37 km ao norte do centro de Helsinqui, limitando coas cidades de Tuusula, Sipoo e Mäntsälä, se ben hai xente que se refire a Kerava como unha cidade veciña, mesmo a pesar de que ambas cidades non limitan entre si. A cidade forma parte do Gran Helsinqui.

Demografía editar

A cidade é en gran parte industrial e densamente poboada. Aínda así existen varios parques e áreas protexidas.

Dende 1980 o concello está a experimentar un constante crecemento demográfico:[1]

Ano 1980 1985 1990 1995 2000 2005 2010
Poboación 23281 27220 31525 34436 35915 37505 38680

Barrios editar

A cidade está dividida en 25 barrios:

 
  1. Wärtsilä
  2. Nummenkylä
  3. Pietilä
  4. Haarajoki
  5. Jamppa
  6. Peltola
  7. Isokytö
  8. Mylly
  9. Saunakallio
  10. Sorto
  11. Pajala
  12. Loutti

13. Pöytäalho
14. Terhola
15. Satumetsä
16. Mikonkorpi
17. Kaakkola
18. Keskusta
19. Kinnari
20. Satukallio
21. Vanhakylä
22. Lepola
23. Kyrölä
24. Terioja
25. Ristinummi

Historia editar

Järvenpää foi separada da cidade de Tuusula en 1951, constituíndose como un novo concello e conseguindo o status de cidade de mercado (kauppala) despois da separación. Os distritos veciños de Kellokoski e Nummenkylä non foron engadidos ao novo concello, e a controversia sobre o tema continúa 50 anos despois. Actualmente Kellokoski continúa a formar parte de Tuusula. En 1967 foille concedido o status de cidade.

Linguas editar

A maior parte da poboación de Järvenpää é de fala finesa, mentres que a minoría sueca constitúe menos dun 1 % da poboación do concello, en 2012 a distribución das linguas no concello era a seguinte:[2]

Transportes editar

 
Estación de ferrocarril de Järvenpää.

Järvenpää está situada a 37 km de Helsinqui, na liña que une a capital con Riihimäki, e o ferrocarril pasa polo centro da cidade. Amais da estación de Järvenpää, existen outras estacións de ferrocarril en Kyrölä, Saunakallio, Haarajoki e Purola.

A cidade está a unha distancia de en torno a media hora da capital tomando a valtatie 4 que une Helsinqui e Lahti. Está comunicada por ferrocarril e por estrada á capital e tamén está próxima ao aeroporto de Helsinqui-Vantaa, en torno a 20 minutos. As conexións ferroviarias coa capital son boas e os trens de Uusimaa saen da estación dúas veces cada hora, e doutras estacións cada hora.[3]

Cultura editar

 
Ainola, a casa do compositor Jean Sibelius.

Järvenpää é frecuentemente coñecida por ser o concello no que se encontra Ainola, a casa do compositor Jean Sibelius. Ainola está situada a uns dous quilómetros do centro da cidade. O compositor mudouse coa súa familia á casa deseñada polo arquitecto Lars Sonck o 24 de setembro de 1904, e Sibelius viviu alí ata a súa morte en 1957. Ainola está aberta para os visitantes nos meses de verán como "museo de Sibelius". A principios do século XX, outros moitos artistas se instalaron na cidade para fuxir das tentacións de Helsinqui.

O escritor e xornalista Juhani Aho mudouse coa súa muller Venny Soldan-Brofeldt o Järvenpää en 1897. Ambos viviron durante 14 anos nunha vila chamada Vårbacka, ao carón da costa do lago Tuusulanjärvi. A vila foi posteriormente chamada Ahola.

Eventos editar

Os eventos culturais da cidade teñen lugar no Järvenpää-talo ao longo do ano: concertos, teatro e exposicións de arte. O lugar favorito para os nenos é a casa de Pikku-Aino, onde os nenos poden xogar, facer shows, e outras actividades.

Cada ano celébrase na cidade o Puistoblues, un evento musical traducido como "Parque do Blues". A semana do blues comeza coa "Rúa do Blues" do centro da cidade, e os bares e restaurantes acollen concertos e jam-sessions. O principal concerto ten lugar ao final da semana, e ten lugar en Vanhankylänniemi o sábado.

Cidades irmás editar

Notas editar

  1. Tilastokeskus, ed. (22 mars 2013). "Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980–2012" (en finés). Consultado o 5 de agosto de 2014. [Ligazón morta]
  2. Tilastokeskus, ed. (31 de decembro de 2012). "Väestö iän (1-v.), sukupuolen, siviilisäädyn ja kielen mukaan alueittain 1990 - 2013, laaja alueluokitusryhmittely" (en finés). Consultado o 5 de agosto de 2014. [Ligazón morta]
  3. VR Group (ed.). "Commuter service timetables" (en finés). Consultado o 5 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar