Ilves Naiset

Ilves Naiset, ou símplemente Ilves, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, sendo un dos equipos fundadores da competición. Xoga os seus partidos como local no Tesoman jäähalli, un pavillón con capacidade para 1 500 persoas.

Ilves Naiset
Disco Ilves.jpeg
Fundación1971
CidadeTampere.vaakuna.svg Tampere,
Pirkanmaa.vaakuna.svg Pirkanmaa
Finlandia Finlandia
EstadioTesoman jäähalli
(1 500 persoas)
LigaNaisten Liiga
Campionatos10
DirectorFinlandia Lasse Tuorila
Finlandia Jorma Viitanen
AdestradorFinlandia Marjo Voutilainen
CoresVerde, amarelo, negro e branco
                       
Ilves Uniform.jpg
Na rede
https://www.ilvesnaiset.com/
Facebook: ilvesnaisetjaakiekko Twitter: ILVES_Naiset Instagram: ilvespelurinaiset Editar o valor em Wikidata
Seccións activas de
Ilves
Floorball pictogram.svg Football pictogram.svg Football pictogram.svg
Floorball Fútbol
(masculino)
Fútbol
(feminino)
Futsal pictogram.svg Futsal pictogram.svg Ice hockey pictogram.svg
Fútbol sala
(masculino)
Fútbol sala
(feminino)
Hóckey sobre xeo
(feminino)
Ringette pictogram.png Ice hockey pictogram.svg
Ringette Hóckey sobre xeo (masculino)

Fundado en 1982, é o segundo equipo máis laureado do hóckey sobre xeo feminino finlandés, tendo dominado o campionato nacional durante a última metade da década de 1980 e os primeiros anos dos 1990s. En total, o equipo conquistou o campionato dez veces, se ben a última vez de alzo a Aurora Borealis Malja foi en 2010.

É o único equipo da Naisten Liiga que participou en todas as edicións da competición dende a súa creación en 1982. En 2011 Ilves Naiset converteuse no único equipo feminino finlandés en alzar un título continental, logo de conquistar a IIHF European Women's Champions Cup.

HistoriaEditar

Artigo principal: Historia de Ilves Naiset.

IniciosEditar

 
Ilves debutou na primeira tempada da Naisten SM-sarja na pista de xeo de Koulukatu o 27 de novembro de 1982.

Ilves comezou a desenvolver o hóckey sobre xeo feminino en 1971 co pulo do xogador Lasse Oksanen.[1] Durante as súas primeiras tempadas Ilves era o único equipo feminino de Tampere, polo que buscou opoñentes nos equipo júnior masculinos, e non foi ata o 5 de marzo de 1978 cando xogou o seu primeiro partido fronte a outro equipo feminino, que se saldou coa vitoria de Ilves fronte ao Jäähonka en Espoo por 5-6.[2] O equipo comezou a adestrar e xogar na pista de Kaukajärvi, mais trasladouse cando Esko Peltonen se converteu no adestrador do distrito de Vehmainen. Non foi ata a década de 1980 cando as mulleres de Ilves puideron trasladarse á pista de xeo de Koulukatu, aínda que en numerosas ocasións os adestradores dos equipos júnior masculinos opuxéronse a darlles quendas no xeo.[3] Nesa época, no ano 1980, había xa tantas xogadoras que se puido formar un segundo equipo feminino, que foi chamado Ilves-Kiekko.[4] O equipo feminino puido empregar as distintas pistas de xeo da cidade ao longo da década, aínda que o Tesoman jäähalli, que non se completou ata 1989, converteuse na pista permanente para o equipo.[3]

Ilves participou nos campionatos femininos femininos non oficiais de 1978–1979 e 1981–1983. En 1982 foi un dos equipos fundadores da Naisten SM-sarja,[nota 1] xogando o seu primeiro partido na pista de xeo de Koulukatu o 27 de novembro dese ano fronte ao equipo feminino de Porin Ässät, ao que derrotou por 14–2.[1][4] No seu debut o equipo de Tampere finalizou a primeira fase da competicón na primeira posición do grupo A, no que contou todos os seus partidos por vitorias e conseguiu unha espectacular marca goleadora de 129 goles a favor fronte a 9 en contra nos oito partidos disputados. Finalmente conseguiu a medalla de prata como subcampión por detrás do HJK de Helsinqui logo de finalizar cun rexistro dunha vitoria e dous empates no grupo final, para un total de catro puntos, un menos que as da capital.[5]

Na segunda tempada da Naisten SM-sarja, Ilves quedou encadrado no grupo central xunto con Tiikerit, Ässat e SaiPa. O equipo conseguiu novamente finalizar na primeira posición a primeira fase de competición sen perder ningún partido, anotando 46 goles e encaixando tan só seis nos seis encontros disputados. Na fase final Ilves concluiu na terceira posición. O equipo de Tampere tan só puido conseguir unha vitoria fronte a Tiikerit, e perdeu fronte a EVU de Vantaa e HJK, que revalidaría o título logo de gañar todos os encontros.[6] A dianteira Jaana Rautavuoma liderou o equipo en todas as facetas do xogo durante a tempada.[7]

Época douradaEditar

En 1985, logo de colleitar unha medalla de bronce na tempada anterior,[8] o Ilves Naiset conseguiu o seu primeiro campionato nacional, iniciando deste xeito unha racha de catro anos consecutivos alzándose como campioas.[9]

 
O Tesoman jäähalli converteuse na casa de Ilves Naiset logo da súa finalización en 1989. Na imaxe o seu interior logo da remodelación de 2017.

Na tempada 2006-07 produciuse o debut do equipo nunha competición continental, a IIHF European Women's Champions Cup. Nesta terceira edición do campionato, disputada nun único grupo, o AIK de Estocolmo proclamouse campión, mentres que as xogadoras do equipo de Tampere só puideron conseguir unha vitoria en catro encontros, finalizando na cuarta posición, só por diante das suízas do HC Lugano, único equipo ao que conseguiron derrotar.[10]

Décima liga e campioas europeasEditar

Na primeira fase da tempada 2009-10 Ilves Naiset conseguiu finalizar na primeira posición da táboa logo de sumar 36 puntos (12 vitorias e tan só dúas derrotas). Con todo, na segunda fase perderían o liderato a mans de HPK, que a malia a conseguir as mesmas vitorias que as de Tampere (24), conseguiu sumar máis puntos por perder menos encontros. Nas series polo título Ilves enfrontouse na final a Blues, que finalizaran a segunda fase na terceira posición, e que viña de gañar o título de liga os tres anos anteriores. A vitoria fronte o equipo de Espoo supuxo o seu último campionato nacional ata o momento.[11]

Na tempada seguinte o equipo fíxose coa medalla de prata logo de perder na final fronte a HPK.[12]

Esa mesma tempada, en febreiro de 2011, chegou o primeiro e ata a data único título continental do equipo, que se converteu deste xeito no primeiro equipo finlandés en gañar un título europeo.[13] Esa tempada as xogadoras adestradas por Samuli Marjeta conquistaron a IIHF European Women's Champions Cup. O equipo comezou a súa andaina na competición continental na segunda rolda, quedando encadrado no grupo F xunto co Aisulu Almaty (Casaquistán), OSC Berlin (Alemaña) e o Vålerenga (Noruega). As xogadoras de Marjeta finalizaron a segunda rolda tan só por detrás do Aisulu Almaty e colleitando unha derrota precisamente contra o cadro casaco. O grupo final, no que tamén se encontraban o SKIF Nizhny Novgorod (Rusia), HC Lugano (Suíza) e as casacas do Aisulu Almaty, xogouse nunha fin de semana, con tres partidos consecutivos na cidade suíza de Lugano. Na primeira xornada do grupo final as de Tampere derrotaron ao cadro ruso (5-3), mentres que na xornada do sábado o equipo precisou da prórroga para sumar a vitoria fronte ao equipo local (5-4) grazas ao gol de Sari Karna, finalmente as xogadoras de Ilves gañaron o derradeiro encontro dronote a Aisulu Almaty cun solitario gol de Saara Tuominen.[14][15][13] Con todo, o equipo non volvería disputar a competición.

Volta ás finaisEditar

Na tempada 2017-18, a pesar da derrota inicial na renovada pista do Tesoman jäähalli fronte a HPK, Ilves finalizou a liga regular na primeira posición cun rexistro de 75 puntos en 30 partidos (21-5-2-2[nota 2]) nos que anotou 139 goles e encaixou 41. A primeira posición deulle ao equipo o pase directo ás semifinais das series pola Aurora Borealis Malja.[16] Deste xeito Ilves regresou a unha final da Naisten Liiga seis anos despois, logo de derrotar nas semifinais a Team Kuortane en matro partidos (3-1). Logo dunha traballada primeira vitoria máis aló do tempo regulamentario no partido inicial da serie disputado en Tampere (2-1), as de Kuortane conseguiron empatar a serie na casa (5-4). Tras poñerse por diante de novo na serie, Ilves chegou ao cuarto partido coa necesidade de gañar para regresar ás finais. O partido decisivo da serie tivo lugar en Kuortane, onde as de Tampere venceron por 3-2 cun gol gañador de Linda Välimäki no terceiro período.[17][18][19] Na final, disputada fronte a Kärpät, Ilves comezou caendo en Tampere (1-3) e, malia a vitoria no segundo encontro da serie, non foi quen de manter o factor pista no terceiro encontro e perdeu novamente no cuarto, disputado en Oulu, por 5-1, nun partido no que Johanna Oksman detivo 27 disparos das linces, que só puideron anotar por mediación de Sari Kärnä.[20]

Na tempada seguinte o equipo finalizou na segunda posición a primeira parte da liga, só por detrás de Espoo Blues, que conseguiu dous puntos máis que as de Tampere. Esta clasificación valeulle a Ilves para xogar no grupo superior a segunda parte.[21] A clasificación mantívose ao finalizar a segunda fase de competición, se ben as de Espoo ampliaron a súa vantaxe a cinco puntos, e o equipo conseguiu o pase directo ás semifinais.[22] Nos play-offs Ilves vingouse da derrota nas finais da tempada anterior eliminando a Kärpät en catro partidos (3-1) logo de vencer na pista de Raksila (3-1), clasificándose para as finais por segunda tempada consecutiva.< A final, fronte a Espoo Blues non comezou ben para Ilves, caendo no primeiro partido disputado en Espoo (6-1), a pesar de que Johanna Siira conseguiu reducir distancias no segundo terzo (2-1).[23] Logo de perder o segundo encontro na casa (2-5), Ilves viaxou a Espoo coa necesidade de conseguir a vitoria para manterse vivo na final,[24] mais as xogadoras de Jarmo Jamalainen non foron capaces de superar a Espoo Blues, que gañou o partido (4-2) e a final, polo que as de Tampere tiveron que conformarse coa medalla de prata por segundo ano consecutivo.[25]

De novo lonxe das medallasEditar

Ilves empeorou o seu rendemento na tempada 2019-20. Na primeira fase da competición as de Tampere só puideron finalizar na sexta posición con 30 puntos, só cinco máis que as sétimas, HIFK, se ben conseguiu clasificarse para o grupo superior, asegurándose deste xeito a súa presenza nos play-offs.[26] O finalizou a segunda fase da liga na sexta posición con tan só 36 puntos e un rexistro de 9-2-5-14.[27] Nas series polo título Ilves quedou emparellado con KalPa, terceiro clasificado, mais as xogadoras dirixidas por Ville Tolvanen non puideron facer nada fronte ás de Kuopio e só foron capaces de anotar dous goles (no segundo partido, e único que disputaron como locais) nos tres partidos disputados, que finalizaron cos marcadores de 2-0, 2-5 e 2-0.[28] KalPa acabaría chegando ás finais fronte a K-Espoo, se ben a liga cancelouse finalmente por mor da pandemia por coronavirus, non proclamando ningún equipo campión por primeira vez na súa historia.[29][30]

Na primavera de 2020 produciuse unha nova mudanza no banco de Ilves, cando o club nomeou a Linda Leppänen[nota 3] como nova adestradora do equipo, que carecía de experiencia no posto. Axiña saltaron as críticas por non ofrecer o posto a unha persoa cunha maior traxectoria, preguntándose mesmo as voces críticas que podía achegar ao xogo e ao equipo o nomeamento de Leppänen que non fora publicidade momentánea.[31]

 
Anni Keisala gañou o trofeo Tuula Puputti á mellor porteira na tempada 2020-21.

Na tempada 2020-21 Ilves presentou un cadro de xogadoras moi renovado respecto da tempada anterior.[32] O equipo finalizou a primeira fase da competición na quinta posición cun total de 34 puntos, os mesmos que TPS (4º) e HPK (6º). Na segunda fase Ilves mellorou a súa clasificación, ascendendo ata a cuarta posición, o que lle aseguraba o factor pista favorable na primeira rolda das series eliminatorias. Nesta primeira fase da competición salientou a actuación de Jenna Suokko, que con 36 puntos foi a sétima máxima puntuadora da liga, anotando 22 goles e 14 asistencias.[33] Nos cuartos de final Ilves enfrontouse ao HPK (quinto clasificado) de Mari Saarinen, quen fora adestradora do equipo de Tampere durante as tempadas 2016-17 e 2017-18.[34] A eliminatoria, ao mellor de tres encontros, salientou pola súa baixa anotación, xa que entre os dous equipos só anotaron tres goles. Ilves conseguiu o pase logo de gañar os dous primeiros partidos (1-0 en Tampere, e 0-2 en Hämeenlinna), nos que conseguiu non encaixar ningún gol, cun gran traballo da porteira Anni Keisala, quen parou un total de 65 disparos á portería.[35] Nas semifinais fronte a K-Espoo, as de Tampere comezaron caendo nos dous primeiros encontros por dous goles a cero tanto en Espoo como en Tampere, e chegaban ao terceiro encontro coa necesidade de conseguir a vitoria para forzar o cuarto encontro na casa. As xogadoras de Linda Leppänen conseguiron sobrepoñerse ao gol inicial de Nea Katajamäki e mesmo poñerse en vantaxe (1-2 no minuto 29), mais K-Espoo conseguiu o empate pouco tempo despois, logo dun terceiro período e unha prórroga sen goles, o partido definiuse nos penaltis, onde Anna Kilponen deulle a vitoria ao seu equipo. Con todo, no cuarto partido perderon novamente (1-2) a pesar da actuación de Keisala, quen detivo 39 disparos.[33][36] Ilves chegou ao partido pola medalla de bronce fronte a HIFK, mais non puido coas de Helsinqui, que se impuxeron (2-1) nun partido no que todos os goles se anotaron no primeiro terzo.[37] A nivel individual, a actuación durante toda a tempada de Anni Keisala valeulle o trofeo Tuula Puputti como mellor porteira da liga, e foi escollida, xunto con Kilponen, no primeiro equipo das estrelas, mentres que Suokko foi nomeada para o segundo equipo das estrelas.[38]

Tempada 2021-22Editar

 
Ilves durante un partido na casa fronte a K-Espoo na tempada 2021-22.

Na tempada 2021-22 Ilves presentou un equipo moi novo, cunha idade media de pouco máis de 20 anos. As xogadoras de Linda Leppänen comezaron a primeira fase da competición con tres derrotas, aínda que conseguiu igualar o rexistro nos tres seguintes encontros, desenvolvendo no inicio da liga unha boa defensa que se viu acompañada polo traballo da porteira Anni Keisala.[39] Finalmente Ilves concluíu a primeira fase na cuarta posición con 33 puntos en 20 partidos (9-2-2-7), por detrás de K-Espoo (que contou todos os seus partidos por vitorias), HIFK e Kärpät, clasificándose deste xeito unha vez máis no grupo superior, no que tamén estaban Team Kuortane e TPS.[40]

Identidade do equipoEditar

LogotipoEditar

O logotipo do equipo feminino é igual ao empregado polo equipo masculino e consiste nunha cabeza de lince de cor amarelo amosando os dentes. Con todo, nun estudo de 2017 no que o xornal Aamulehti comparaba os dous grandes clubs masculinos da cidade (Ilves e Tappara), un dos membros do xurado considerou que o lince parecía máis un león.[41][42]

Foi deseñado polo artista afeccionado Rauno Broms e introducido no equipo masculino en 1962, cando o daquela xerente do equipo Seppo Helle quixo renovar a marca do equipo para facela máis atractiva para a xente nova. Logo de rexeitar numerosas propostas Helle escolleu o deseño de Rauno Broms, que se mantivo entre os anos 1962 e 1993.[43][41]

MúsicaEditar

 
A banda Jay Lewis Gang foi a encargada de rexistrar a "canción de gol" de Ilves Naiset xunto coa cantante Päivi Lepistö.

A música forma pare do espectáculo durante os partidos de Ilves Naiset, acompañando os momentos nos que se para a acción.

Dende a tempada 2018-19 o equipo conta coa súa propia "canción de gol" (en finés maalilaulu). A canción é unha versión do tema empregado polo equipo masculino para o mesmo fin, titulado "We Are the Kings", do guitarrista de Popeda Costello Hautamäki. A versión empregada por Ilves Naiset foi realizada pola banda Jay Lewis Gang e con Päivi Lepistö como solista, ademais as propias xogadoras do equipo gravaron os coros para a canción, cuxa letra e título mudaron a "We Are the Queens".[44][45]

PavillónEditar

Artigo principal: Tesoman jäähalli.
 
Esterior do Tesoman jäähalli.

O Ilves Naiset xoga os seus partidos como local no Tesoman jäähalli,[46] unha pista de xeo de propiedade municipal situada na parte oriental do distrito de Tesomajärvi. Construída en 1989, foi demolida e substituída por un novo pavillón en 2017, aumentando a súa capacidade a 1 500 persoas, fronte ás 800 do edificio anterior.[47]

PersonalidadesEditar

XogadorasEditar

 
Xogadoras de Ilves no banco na tempada 2021-22.

Cadro actualEditar

Actualizado a 7 de outubro de 2021.[48]

# Nac Xogador Posición[nota 4] S/G[nota 5] Idade Adquirido Lugar de nacemento
1   Pohjamo, NeeaNeea Pohjamo G E (20 anos) Joutseno, Finlandia
29   Sivula, SallaSalla Sivula G E (24 anos) Tampere, Finlandia
36   Keisala, AnniAnni Keisala G E (25 anos) Lohja, Finlandia
4   Lehtiniemi, JennaJenna Lehtiniemi (A) D E (24 anos) Ikaalinen, Finlandia
5   Kilponen, AnnaAnna Kilponen (C) D E (27 anos) Orivesi, Finlandia
8   Koskinen, JosefinaJosefina Koskinen D E (18 anos) Tampere, Finlandia
19   Pohjanaho, ElliElli Pohjanaho D E (15 anos) Nokia, Finlandia
23   Lehikoinen, SannaSanna Lehikoinen D E (22 anos) Joensuu, Finlandia
25   Siira, JohannaJohanna Siira D E (24 anos) Mäntsälä, Finlandia
31   Rouhiainen, OonaOona Rouhiainen D E (21 anos) Jyväskylä, Finlandia
33   Suoranta, ElliElli Suoranta D D (20 anos) Tampere, Finlandia
55   Timonen, Nanna-KatariinaNanna-Katariina Timonen D E (15 anos) Tampere, Finlandia
3   Riipinen, VenlaVenla Riipinen F E (23 anos) Mikkeli, Finlandia
6   Tenhunen, PinjaPinja Tenhunen F D (20 anos) Jyväskylä, Finlandia
9   Puputti, HelenHelen Puputti (A) F E (26 anos) Hollola, Finlandia
11   Melotindos, LinneaLinnea Melotindos F E (22 anos) Tampere, Finlandia
12   Parkkonen, PihlaPihla Parkkonen F E (20 anos) Mikkeli, Finlandia
14   Kaitala, AnniinaAnniina Kaitala (A) F E (24 anos) Hauho, Finlandia
17   Ollikainen, VeeraVeera Ollikainen F E (20 anos) Mikkeli, Finlandia
18   Ollikainen, TuuliTuuli Ollikainen F E (20 anos) Mikkeli, Finlandia
20   Palosaari, AinoAino Palosaari F E (16 anos) Tampere, Finlandia
21   Vanhanen, SanniSanni Vanhanen F E (17 anos) Nokia, Finlandia
22   Narinen, KiiaKiia Narinen F E (19 anos) Lappeenranta, Finlandia
26   Jokikokko, JanetteJanette Jokikokko F E (24 anos) Oulu, Finlandia
27   Varpula, EmiliaEmilia Varpula F E (22 anos) Kuortane, Finlandia
28   Mikkelsen, Tuva SchallTuva Schall Mikkelsen F E (20 anos) Noruega
77   Laitila, HannaHanna Laitila F E (19 anos) Ylöjärvi, Finlandia
98   Lindroth, VeeraVeera Lindroth F E (20 anos) Rauma, Finlandia

CapitanasEditar

Ao longo da súa historia Ilves Naiset tivo once capitanas, todas elas de nacionalidade finlandesa. Marianne Ihalainen foi a primeira capitana do equipo, desempeñando esta función en tres períodos distintos cun total de cinco tempadas como capitana. Tan só a propia Ihalainen, Mari Saarinen (catro tempadas), Johanna Koivula (dúas tempadas) e Anne Tuomanen (dúas tempadas) foron capitanas do equipo máis dunha tempada. Na seguinte táboa poden verse as distintas capitanas do equipo e os períodos nos que desempeñaron a capitanía:[49]

Capitanas de Ilves Naiset
Nome(s) Período
Marianne Ihalainen 1990 a 1994
Vacante 1994 a 1997
Marianne Ihalainen 1997-98
Vacante 1998-99
Mari Östring 1999-00
Marianne Ihalainen 2000-01
Eveliina Similä 2001-02
Vacante 2002 a 2007
Mari Saarinen 2007 a 2011
Johanna Koivula 2011 a 2014
Anna Kilponen 2014-15
Satu-Annika Parkusjärvi 2015-16
Anne Tuomanen 2016-17
Linda Leppänen 2017-18
Anne Tuomanen 2018-19
Johanna Juutilainen 2019-20
Anna Kilponen 2020-2022
Jenna Lehtiniemi 2022-

Líderes históricasEditar

Ao longo da súa historia seis xogadoras de Ilves Naiset superaron a barreira dos 300 puntos. Nas estatísticas de xogo salientan as figuras de Marianne Ihalainen e Johanna Koivula. Ihalainen é a máxima goleadora da historia do equipo con 320 goles en 323 encontros disputados, ademais é a líder histórica en puntos, cun total de 602. Pola súa banda Koivula é a xogadora que máis partidos vestiu a camisola de Ilves con 495, e a que máis asistencias sumou no equipo de Tampere cun total de 302. A continuación os rexistros das seis máximas puntuadoras históricas do equipo:[50]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.

Líderes históricas de Ilves Naiset
Xogadora Pos  PX  G   A  Pts
Marianne Ihalainen F 376 356 307 663
Johanna Koivula F 623 219 343 562
Mari Saarinen F 415 187 208 395
Linda Leppänen F  211 205 188 393
Tiia Reima F 184 221 138 359
Sari Fisk F 231 196 163 359

Números retiradosEditar

 
Bandeiras conmemorando os números retirados no Tesoman jäähalli.

Ilves Naiset ten retirado dous números de xogadoras ao longo da súa historia. Ambas as dúas xogadoras homenaxeadas son finlandesas. A continuación todos os números retirados por Ilves:[51]

Números retirados de Ilves Naiset
Xogador Posición Carreira Referencias
10 Anne Haanpää F 1983-1991
1997-1998
[52]
15 Johanna Koivula C 1997-2015
2016-2018
[53]
16 Marianne Ihalainen F 1982-2001 [54]

Adestradoras e adestradoresEditar

O 5 de maio de 2022 Ilves Naiset anunciou a contratación como nova adestradora do equipo para a tempada 2022-23 de Marjo Voutilainen, procedente de KalPa, equipo co que conseguira unha medalla de prata na tempada 2020-21.[55] O equipo tivo as seguintes adestradoras e adestradores ao longo da súa historia:[56]

Adestradoras e adestradores de Ilves Naiset
Nome(s) Período
Markku Hannunkivi 1992–93
Petteri Linna
Jarmo Nurmi
1994–1996
Janne Hakala
Markku Hannunkivi
1996–97
Antti Kallioinen
Ville Tolvanen
1997–1999
Tapio Koho 1999–2002
Marianne Ihalainen 2002–2006
Samuli Marjeta 2009–13 de xaneiro de 2012
Severi Lehtonen 13 de xaneiro de 2012–marzo de 2012
Timo Lindqvist agosto de 2012–28 de outubro de 2012
Jouko Urvikko 28 de outubro de 2012–2013
Osmo Lindström 2014–2016
Mari Saarinen 2016–2018
Jarmo Jamalainen 2018–19
Ville Tolvanen 2019–20
Linda Leppänen 2020–22
Marjo Voutilainen 2022-

JääkiekkoleijonatEditar

Véxase tamén: Suomen Jääkiekkoleijonat.

Dende que se creou o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés en 1985 (os denominados Suomen Jääkiekkoleijonat ou Leóns do Hóckey sobre Xeo Finlandés en galego), sete mulleres relacionadas con Ilves Naiset foron introducidas no salón da fama do hóckey sobre xeo finlandés, coñecido como Suomen Jääkiekkoleijonat. Marianne Ihalainen foi introducida co número 187 en 2007 e, xunto con Riikka Nieminen, foi a primeira mullere en formar parte do salón da fama do hóckey sobre xeo finlandés.[57][58][59] Ademais a antiga xogadora de Ilves Naiset Anne Haanpää entrou no salón da fama pola súa carreira como árbitra. A continuación todas as personalidades ligadas ao equipo no salón da fama.

Suomen Jääkiekkoleijonat (Leoas do Hóckey Finlandés)
# Nome(s) Ano de introdución Refs.
187 Marianne Ihalainen 2007 [60]
194 Sari Krooks 2008 [61]
223 Sari Marjamäki (Fisk) 2014 [62]
227 Anne Haanpää  2014 [60]
230 Tiia Reima 2015 [63]
235 Päivi Virta 2016 [64]
244 Katja Riipi 2017 [63]

Ilves Hockey LegendsEditar

Ilves homenaxea tamén a persoas cuxa traxectoria no club, tanto xogadoras e xogadores, como directivos ou adestradores. Ata 2021 dúas xogadoras do club foran inclúidas entre as Ilves Hockey Legends:[65]

  • Marianne Ihalainen: nada en Tampere, a atacante vestiu a camisola do equipo durante 20 tempadas, gañando oito ouros, catro pratas e catro bronces. Foi pioneira ao converterse na primeira muller do mundo en entrar no salón da fama. Ilves retirou o número 16 no seu honor.[65][66]
  • Sari Marjamäki: a atacante nada en Pori vestiu durante nove tempadas a camisola de Ilves. Se ben non conseguiu gañar ningún campionato co equipo do lince, participou na consecución para o equipo de dúas medallas de prata (1994 e 1995) e tres medallas de bronce (1999, 2000 e 2001).[67][65]
  • Linda Välimäki: a centro nada en Ylöjärvi xogou sete tempadas no equipo en dous períodos de cinco e dous anos. A súa vinculación co hóckey sobre xeo e co equipo prolongouse logo da súa retirada como xogadora ao co seu nomeamento como adestradora do equipo, así como o traballo nas categrías de base do equipo feminino[68][69][65]

Categorías inferioresEditar

As rapazas poden iniciarse na práctica do hóckey sobre xeo na "Lindan kiekkokoulu" (traducible ao galego como "Escola de hóckey de Linda", literalmente "Escola de disco de Linda") e posteriormente proseguir nos distintos equipos das categorías inferiores do club. Na tempada 2021-22 Ilves contaba cun equipo U8/U10, outro U12 e un U15.[70]

PalmarésEditar

A canteira de Ilves ten conquistado ata a tempada 2021-22 un total de sete medallas en campionatos finlandeses, das cales tres foron de ouro, dúas de prata e outras d´as de bronce dende 2001:[71]

Feminino A (2001- )
  • Ouro (2): 2007, 2008
  • Prata (2): 2013, 2019
Feminino C (2007- )
  • Ouro (1): 2010
  • Bronce (2): 2008, 2009

PalmarésEditar

Artigo principal: Palmarés de Ilves.

Trofeos colectivosEditar

SM-sarja/Naisten liiga
  • A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. Ilves Naiset gañou un total de 10 veces o trofeo: 1985, 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992, 1993, 2006, 2010
    • 11 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1983, 1989, 1994, 1995, 2004, 2005, 2008, 2009, 2011, 2018, 2019
    • 5 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1984, 1999, 2000, 2001, 2003
IIHF European Women's Champions Cup
  • Campioas: 2011

Trofeos individuaisEditar

NotasEditar

  1. Naisten SM-sarja era o nome que recibía nos seus inicios a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, agora denominada Naisten Liiga.
  2. Vitorias (3 puntos) - vitorias logo de tempo regulamentario (2 puntos) - derrotas logo de tempo regulamentario (1 puntos) - derrotas (non puntúa).
  3. De solteira Välimäki.
  4. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    *G: Goalie (porteiro)
    *C: Center (central)
    *W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
    *D: Defenceman (defensa).
  5. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
  6. Maija Hassinen-Sullanmaa gañou ademais outros dous galardóns nas filas de HPK Hämeenlinna.
  7. Antes denominada Naisten SM-sarja.
  8. Gañou catro trofeos máis coa camisola de Espoo Blues e Espoo United en 2014, 2015, 2016 e 2017.
  9. Gañou un trofeo máis coa camisola de Espoo Blues en 2014.
Referencias
  1. 1,0 1,1 Wacklin 2006, p. 111.
  2. Wacklin 2006, p. 114.
  3. 3,0 3,1 Wacklin 2006, p. 128.
  4. 4,0 4,1 Wacklin 2006, p. 119.
  5. "SM-sarja (W) - 1982-1983" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  6. "SM-sarja (W) - 1983-1984" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  7. "1982-1983 SKATER STATS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  8. "SM-sarja (W) - 1983-1984" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  9. "Naisten Liiga. Champions" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  10. "EWCC (W) - 2006-2007" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  11. "SM-sarja (W) - 2009-2010" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  12. "SM-sarja (W) - 2010-2011" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  13. 13,0 13,1 "Ilveksen naiset tekivät suomalaista jääkiekkohistoriaa". Yle Urheilu (en finés). 27 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  14. "Ilves - 2010-2011" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  15. "EWCC (W) - 2010-2011" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  16. Nyholm, Taru (5 de marzo de 2018). "Naisten Liigan runkosarja päätökseen - Puolivälieräparit selvillä!". leijonat.fi (en finés). Consultado o 6 de decembro de 2021. 
  17. Mennander, Pasi (25 de marzo de 2018). "Ilveksen kokenut kaarti iski finaalipaikan arvoiset maalit - Team Kuortane taipui kotonaan". leijonat.fi (en finés). Consultado o 6 de decembro de 2021. 
  18. Nyholm, Taru (19 de marzo de 2018). "Naisten Liigan välierissä tiukkaa kamppailua - Ottelusarjat tasan!". leijonat.fi (en finés). Consultado o 6 de decembro de 2021. 
  19. Lund, Sakari (24 de marzo de 2018). "Ilves naisten jääkiekkofinaaleihin". Yle Uutiset (en finés). Consultado o 6 de decembro de 2021. 
  20. Mennander, Pasi (9 de abril de 2018). "Kärpät naisten Suomen mestariksi kotiyleisönsä edessä - Erikoinen vierasvoittojen putki katkesi neljännessä finaaliottelussa". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  21. Mennander, Pasi (26 de novembro de 2018). "Naisten Liigan alkusarja pelattiin päätökseensä - Tässä lopullinen sarjataulukko". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  22. Mennander, Pasi (4 de febreiro de 2019). "Naisten Liigan runkosarjavaihe pelattu – Tältä näyttävät jatkosarjojen lopputaulukot". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  23. Mennander, Pasi (16 de marzo de 2019). "Bluesilla voitokas alku Naisten Liigan finaalisarjassa – Näin ottelu eteni – Maalikooste". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  24. Mennander, Pasi (20 de marzo de 2019). "Blues voiton päässä Aurora Borealis -pokaalista – Kapteeni Tuominen: "Ei kannata muuttaa mitään!"". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  25. Mennander, Pasi (22 de marzo de 2019). "Blues naisten Suomen mestari 2019 – Näin kolmas finaaliottelu eteni – Maalikooste". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  26. Mennander, Pasi (3 de decembro de 2019). "Sarjataulukkokatsaus: Naisten Liigan alkusarjavaihe pelattu – Näin kausi jatkuu". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  27. Mennander, Pasi (3 de febreiro de 2020). "K-Espoo voitti Naisten Liigan ylemmän jatkosarjan – Lopputaulukko". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  28. Mennander, Pasi (24 de febreiro de 2020). "Näin pelattiin Naisten Liigan puolivälierissä viikonloppuna – Katsaus ottelusarjojen avauspeleihin ja otteluiden tulokset". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  29. "Naisten Liigan finaalit peruttu - Kiekko-Espoo ymmärtää ratkaisun" (en finés). kiekko-espoonaiset.fi. 13 de marzo de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  30. "Koronavirus lopettaa Jääkiekkoliiton alaisten sarjojen kauden – Myös alle 16- ja 17-vuotiaiden kotimaan maaottelut peruttu" (en finés). leijonat.fi. 12 de marzo de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  31. Sirkkiä-Jarva, Sari (1 de marzo de 2021). "Viimeisillään raskaana ollut Naisleijonien tähti hyppäsi kylmiltään valmentajaksi ja sai kritiikkiä – Linda Leppäsen Ilves on hiljentänyt soraäänet". Yle.fi (en finés). Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  32. "Naisissa kova sitoutuminen" (PDF). Ilves Naiset. Kausijulkaisu 2020-2021 (en finés) (Ilves Naiset): 14. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  33. 33,0 33,1 "Championnat féminin de Finlande 2020/21" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  34. Viljanen, Markus (3 de marzo de 2021). "HPK:n puolivälierävastustaja Ilves on päävalmentaja Mari Saariselle erittäin tuttu: ”Näemme varmasti hyvän taiston heitä vastaan”" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  35. Mennander, Pasi (6 de marzo de 2021). "Kiekko-Espoo, KalPa, HIFK ja Ilves välieriin Naisten Liigassa – Näin pelattiin lauantaina" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  36. Mennander, Pasi (13 de marzo de 2021). "Maalikooste: Sinnikäs Ilves sai palkintonsa – Naisten Liigan välieräsarja neljänteen osaotteluun" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  37. Mennander, Pasi (20 de marzo de 2021). "Maalikooste: HIFK voitti Naisten Liigan pronssimitalit – Ilves kaatui pronssiottelussa maalein 2–1" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  38. Mennander, Pasi (25 de marzo de 2021). "Naisten Liigan kauden 2020–21 palkitut pelaajat ja tähtikentät" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  39. Viljanen, Markus (14 de outubro de 2021). "Ilveksen puolustus- ja maalivahtipelaaminen tuottavat haasteita vastustajajoukkueille: ”Ottelut on helpompi voittaa, jos omiin ei mene montaa maalia”" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  40. Mennander, Pasi (13 de decembro de 2021). "Tältä näyttää Naisten Liigan alkusarjan lopputaulukko – Kuusi parasta joukkuetta ylempään jatkosarjaan" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 25 de decembro de 2021. 
  41. 41,0 41,1 "Tunnukset ja värit" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  42. Rautanen, Sari (4 de maio de 2017). "Ilves vai Tappara? Kahdesta hyvästä on vaikea valita, mutta Moron pieni kiakkotesti auttaa". Aamulehti (en finés). Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  43. Mustonen 2001, p. 380.
  44. Manninen, Jukka (12 de xullo de 2018). "Jäähalleissa kajahtaa syksyllä uusi maalilaulu – Ilvesten Naisten SM-joukkue sanoitti tutun kappaleen uudestaan". Aamulehti (en finés). Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  45. "Musiikki" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  46. "TESOMAN JÄÄHALLI" (en finés). IlvesNaiset.fi. Consultado o 3 de agosto de 2020. 
  47. Huovinen, Jorma (1 de marzo de 2016). "Uudessa hallissa luistellaan Tesomalla vuonna 2017". Aamulehti (en finés). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 3 de agosto de 2020. 
  48. "Joukkue" (en finés). Ilves Naiset. Consultado o 21 de febreiro de 2022. 
  49. "Ilves - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  50. "Ilves - All Time Overall Totals Player Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  51. "Tesoman Jäähalli" (en finés). Ilves Naiset. Consultado o 28 de agosto de 2021. 
  52. "Anne Haanpää" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de agosto de 2021. 
  53. "Johanna Koivula" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de abril de 2022. 
  54. "Marianne Ihalainen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de agosto de 2021. 
  55. Ruotsalainen, Annu (5 de maio de 2022). "Ilves Naisille uusi päävalmentaja – Marjo Voutilainen siirtyy Kuopiosta Tampereelle". Jatkoaika (en finés). Consultado o 7 de maio de 2022. 
  56. "Ilves - Team Staff History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  57. "Jääkiekkoleijonat" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  58. "Marianne Ihalainen to be honoured" (en inglés). IIHF.com. 8 de marzo de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  59. "Jääkiekkoleijonat" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  60. 60,0 60,1 "JÄÄKIEKKOLEIJONAT G-I" (en finés). Suomen jääkiekkomuseo. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  61. "JÄÄKIEKKOLEIJONAT J-L" (en finés). Suomen jääkiekkomuseo. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  62. "JÄÄKIEKKOLEIJONAT M-O" (en finés). Suomen jääkiekkomuseo. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  63. 63,0 63,1 "JÄÄKIEKKOLEIJONAT P-R" (en finés). Suomen jääkiekkomuseo. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  64. "JÄÄKIEKKOLEIJONAT V-Z" (en finés). Suomen jääkiekkomuseo. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  65. 65,0 65,1 65,2 65,3 "ILVES HOCKEY LEGENDS" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  66. "Marianne Ihalainen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  67. "Sari Fisk" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  68. "Linda Leppänen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  69. Sirkkiä-Jarva, Sari (1 de marzo de 2021). "Viimeisillään raskaana ollut Naisleijonien tähti hyppäsi kylmiltään valmentajaksi ja sai kritiikkiä – Linda Leppäsen Ilves on hiljentänyt soraäänet". Yle (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  70. "Ilves Naiset ja tyttökiekko" (en finés). ilvesjaakiekko.fi. Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  71. "SEURAN SAAVUTUKSET" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  72. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Player (Riikka Nieminen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  73. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Goaltender (Tuula Puputti Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  74. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Defenseman (Päivi Halonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  75. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Forward (Katja Riipi Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  76. "Marianne Ihalainen to be honoured" (en inglés). IIHF.com. 8 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  77. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Points (Marianne Ihalainen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  78. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Goals (Tiia Reima Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  79. "Kauden 2011-12 palkitut pelaajat, valmentajat ja erotuomarit" (en inglés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. 3 de abril de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  80. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Valuable Player in Playoffs (Karoliina Rantamäki Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  81. "Awards - Naisten Liiga (W) Rookie of the Year (Noora Räty Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  82. "Awards - Naisten Liiga (W) Fair Play Player (Emma Laaksonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Mustonen, Olli (2001). Veijareita & virtuooseja: tarina legendaarisesta jääkiekkoseurasta 1980-2001 (en finés). Tampere: Poika kotiin Oy. ISBN 952-91-3862-8. 
  • Wacklin, Matti (2006). Sydämenasiana Ilves. Tampere: Ilves. ISBN 952-92-0783-2. 

Ligazóns externasEditar