O Turun Palloseura Naiset ou TPS Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Turku, Finlandia. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Liiga. Xoga os seus partidos como local no Kupittaan jäähalli, coñecido por motivos de patrocinio como Marli Areena, un pavillón con capacidade para 3 000 persoas.

TPS Naiset
Fundación1990
Cidade Turku,
Finlandia Propia
Finlandia Finlandia
EstadioMarli Areena
(3 000 persoas)
LigaNaisten Liiga
Propietario(s)TPS Juniorijääkiekko Ry
DirectorFinlandia Kalle Lahti[1]
AdestradorFinlandia Terhi Mertanen[2]
Afiliado(s)TPS Naiset Akatemia
CoresNegro e branco
           
Na rede
https://www.tps-juniorit.net/joukkueet/5104
Seccións activas da
TPS
Floorball Fútbol
(feminino)
Fútbol
(masculino)
Hóckey sobre xeo
(feminino)
Hóckey sobre xeo
(masculino)

Historia editar

O equipo feminino da Turun Palloseura fundouse en 1989 e comezou a súa andaina esa mesma tempada na I-divisioona. Da man de xogadoras como Tarja Lång (8+7=15), Virpi Willman (8+7=15), ou Maarit Kaukovaara (8+5=13), máximas puntuadoras na primeira tempada do equipo, o TPS conseguiu o ascenso á Naisten SM-sarja, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia.[3]

Debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés na tempada 1990-91, finalizando na quinta posición dun total de sete equipos, e non se clasificou para a postempadaa.[4] Con todo, na tempada 1992-93, logo de tres tempadas consecutivas na elite, o equipo descendeu de novo á I-divisioona e estivo durante toda esa década e a dos anos 2000 movéndose entre diferentes categorías ata que na tempada 2017-18 o equipo proclamouse campión da Naisten Mestis e regresou á máxima categoría, recentemente renomeada "Naisten Liiga". As principais artífices do ascenso foron Maija Otamo (20+16=36), Pauliina Salonen (3+16=19) e Pinja Koskinen (9+6=15).[3]

O equipo volveu competir na máxima categoría na tempada 2018-19 xunto con Vaasan Sport, ampliándose deste xeito o número de equipos participantes na Naisten Liiga a dez.[5]

En 2022 o TPS fixo historia logo de clasificarse por primeira vez para os play-offs, mais caeu nas semifinais fronte o K-Espoo e finalizou a tempada na cuarta posición.[3]

Personalidades editar

Xogadoras editar

Cadro actual editar

Actualizado a 27 de febreiro de 2024.[6]

# Nac Xogador/a Posición[a] S/G[b] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
0   Laiho, VeeraVeera Laiho G (14 anos)
0   Jaskari, EricaErica Jaskari G E (22 anos) Lapua, Finlandia
27   Koljonen, TeaTea Koljonen G E (22 anos)
30   Kleimola, MatildaMatilda Kleimola G (14 anos)
31   Last, OliviaOlivia Last G E (19 anos)
50   Saarinen, SuviSuvi Saarinen G E (18 anos) Naantali, Finlandia
0   Enström, JaninaJanina Enström D E (28 anos) Helsinqui, Finlandia
0   Elomaa, IidaIida Elomaa D E (15 anos)
5   Berg, NellaNella Berg D E (19 anos) Rymättylä, Finlandia
7   Halme, JericaJerica Halme D E (20 anos)
8   Allinen, HeliHeli Allinen D E (22 anos) Kauhava, Finlandia
9   Yli-Kauppila, AliisaAliisa Yli-Kauppila D (21 anos) Seinäjoki, Finlandia
14   Karru, MetteMette Karru D E (22 anos)
15   Haaranoja, MeriMeri Haaranoja D (18 anos)
17   Hotová, EliskaEliska Hotová D E (19 anos) Praga, República Checa
21   Brofelt, HannaHanna Brofelt D E (26 anos)
22   Saarni, RiiaRiia Saarni D D (16 anos) Lohja, Finlandia
22   Wessman, JennaJenna Wessman D (16 anos)
88   Nurmisto, VilmaVilma Nurmisto D E (16 anos) Tammela, Finlandia
99   Narovcova, BeataBeata Narovcova D (19 anos) Strakonice, República Checa
0   Borodina, AnastasiaAnastasia Borodina F (15 anos)
3   Koski, MaijaMaija Koski F E (30 anos) Säkylä, Finlandia
9   Tapani, TinjaTinja Tapani F (15 anos) Laitila, Finlandia
10   Suutari, OliviaOlivia Suutari F (15 anos)
12   Viitala, SusannaSusanna Viitala F E (24 anos)
13   Laamanen, Emma-LottaEmma-Lotta Laamanen F E (21 anos)
16   Hämeenniemi, PihlaPihla Hämeenniemi F E (23 anos) Seinäjoki, Finlandia
18   Friederiksen, SiiriSiiri Friederiksen F (16 anos)
19   Grönroos, CarolinaCarolina Grönroos F (20 anos)
19   Pitkänen, EmmaEmma Pitkänen F E (27 anos) Vaasa, Finlandia
20   Ilvonen, EeviEevi Ilvonen F E (27 anos)
22   Saarinen, SuviSuvi Saarinen F E (16 anos) Eurajoki, Finlandia
22   Vukelic, LauraLaura Vukelic F (15 anos)
23   Julkunen, AmandaAmanda Julkunen F E (17 anos) Rauma, Finlandia
24   Kangas, KiiaKiia Kangas F E (21 anos) Kuusamo, Finlandia
26   Heikkinen, ElinaElina Heikkinen F E (27 anos)
28   Falck, IirisIiris Falck F E (24 anos)
87   Zaborska, LuciaLucia Zaborska F D (25 anos)


Notas editar

  1. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    • G: Goalie (porteiro)
    • D: Defenceman (defensa)
    • F: Forward (atacante).
  2. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
Referencias
  1. "Joukkueen toimihenkilöt" (en finés). TPS-juniorit.net. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2021. Consultado o 4 de outubro de 2021. 
  2. "Seuran toimihenkilöt" (en finés). TPS-juniorit.net. Consultado o 4 de outubro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "TPS" (en finés). Leijonat.fi. 7 de febreiro de 2023. Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  4. "Naisten SM-sarja. 1990-1991 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de outubro de 2021. 
  5. "Vaasan Sportin naiset pelaavat ensi kaudella liigakiekkoa". Yle.fi (en finés). 19 de marzo de 2018. Consultado o 4 de outubro de 2021. 
  6. "KOKOONPANO TPS" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 27 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar