Olivia Last

xogadora australiana de hóckey sobre xeo

Olivia Last nada o 12 de decembro de 2004 é unha xogadora de hóckey sobre xeo australiana. Xoga de porteira e dende 2023 forma parte do equipo do TPS, que compite na Naisten Liiga, máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia.

Infotaula de personaOlivia Last

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 2004 Editar o valor em Wikidata (19 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia
Polonia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaAustralia Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoPorteira Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Sydney Sirens (en) Traducir
- RoKi Naiset
- TPS Naiset Editar o valor em Wikidata
Participou en
20242024 IIHF Women's World Championship Division II (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Irmá dos tamén xogadores Harrison Last (xemelgo) e Matthew Last, formouse no UKH Dębica polonés. Chegou a Finlandia na tempada 2019-20, con tan só 15 anos. O seu primeiro equipo no país nórdico foi o RoKi de Rovaniemi, co cal esa mesma tempada disputou seis partidos na Naisten Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino, nos que rexistrou un 90,1 % de paradas e conseguiu un shutout. Na tempada debut co equipo de Laponia conseguiu o ascenso á Naisten Liiga, participando en dous partidos da serie de cualificación.[1] Na primavera de 2023, logo de catro tempadas no RoKi, Last fichou polo TPS de Turku, tamén da Naisten Liiga, co que rexistrou o segundo shutout da súa carreira en Finlandia na primeira vitoria da tempada do TPS (1-0), acadada na prórroga fronte o Team Kuortane.[2][3]

Notas editar

  1. "Olivia Last" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de setembro de 2023. 
  2. Seppä, Lassi (21 de abril de 2023). "Lucia Záborská hyökkää ensi kaudella TPS:n riveissä − Turkuun myös nuori tšekkiläinen, australialaisveskari sekä jatkajia" (en finés). Jatkoaika.com. Consultado o 27 de setembro de 2023. 
  3. Seppä, Lassi (24 de setembro de 2023). "44 torjuntaa, nollapeli ja kauden avauspisteet − TPS-maalivahti Olivia Last hehkutti joukkueensa suoritusta" (en finés). Jatkoaika.com. Consultado o 27 de setembro de 2023.