Rauma
Coordenadas: 61°07′45″N 21°30′20″L / 61.12917, -21.50556
Rauma (en sueco Raumo) é unha cidade de Finlandia, situada na rexión de Satakunta, no suroeste do país. Ten unha poboación de 39.870 habitantes segundo o censo de 2012.
Rauma | ||
---|---|---|
![]() | ||
Localización | ||
País | Finlandia | |
Rexión | Satakunta | |
Subrexión | Rauma | |
Xeografía | ||
Superficie | 509,49 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 39.870 hab. (2012)[1] | |
Densidade | 80,44 hab./km² | |
Outros datos | ||
Alcalde | Kari Koski | |
Páxina Oficial |
O seu centro histórico, a Antiga Rauma é Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 1991, e dende 1999 o sitio funerario da Idade de Bronce de Sammallahdenmäki tamén está na lista da UNESCO.
HistoriaEditar
No século XIV, antes de ser declarada cidade, Rauma contaba cun mosteiro franciscano e unha igrexa católica. En 1550, os habitantes de Rauma recibiron a orde de trasladarse a Helsinqui, mais isto foi contrarrestado con éxigo e Rauma puido continuar o seu crecemento.
Practicamente a totalidade da cidade de madeira foi devastada nos lumes de 1640 e 1682. O estilo neorrenacentista de moitos edificios é resultado da prosperidade provocada pola navegación. En 1897 Rauma tiña a maior frota de Finlandia, cun total de 57 veleiros. As mercancías eran exportadas principalmente a Alemaña, Estocolmo e os países bálticos. Nos anos 1890, Rauma tivo un colexio universitario que posteriormente foi anexionado á Universidade de Turku. Unha parte do departamento de educación aínda existe en Rauma.
O nome Rauma vén da palabra xermánica strauma, que significa "córrego".[2]
DeporteEditar
Como no resto do país, o hóckey sobre xeo goza dunha gran popularidade en Rauma. O Lukko foi fundado na cidade en 1936 e compite na primeira categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Liiga. O equipo proclamouse campión finlandés en dúas ocasións (1963 e 2021), así como subcampión tres veces (1961, 1966 e 1988), e gañou a medalla de bronce en seis ocasións máis (1 965, 1969, 1994, 1996, 2011 e 2014). Xoga os seus partidos como local no Kivikylän Areena.
NotasEditar
- ↑ "Suomen asukasluvut kuukausittain – Kunnittain aakkosjärjestyksessä". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2013.
- ↑ [1]
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rauma |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en varios idiomas)