Ilves (hóckey sobre xeo adaptado)

O Ilves Parajääkiekko é un equipo de hóckey sobre xeo adaptado da cidade de Tampere, Finlandia. O equipo foi fundado en 2023 por iniciativa da fisioterapeuta Eveliina Markovaara e é parte do club polideportivo do mesmo nome.

Ilves
Fundación2023
Cidade Tampere,
Pirkanmaa
Finlandia Finlandia
CoresVerde, amarelo, negro e branco
                       
Seccións activas do
Ilves
Floorball Fútbol
(masculino)
Fútbol
(feminino)
Fútbol sala
(masculino)
Fútbol sala
(feminino)
Hóckey sobre xeo
(feminino)
Ringette Hóckey sobre xeo (masculino) Special hockey
Parahockey

Historia editar

O club naceu en 2023 por iniciativa da fisioterapeuta Eveliina Markovaara, quen traballa con, entre outros, pacientes con leións medulares, aos que asesora sobre distintos deportes.[1]

Ata ese momento non había na cidade a posibilidade de prácticar a modalidade, polo que Markovaara entrevistou a persoas que xa xogaran anteriormente, ás cales se podían sumar outras. O Ilves viña de iniciar a principios de ano as súas actividades no special hockey, unha variante do hóckey sobre xeo practicada por persoas discapacitadas que poden patinar erguidas, e axiña aceptou a proposta de Markovaara.[1]

O 8 de abril celebráronse os primeiros adestramentos abertos na pista de xeo de Sentteri, en Kaukajärvi no que se lle emprestou unha zorra a todas as persoas interesadas, mentres que situaba o inicio das actividades regulares da sección en outono.[1]

Participantes editar

Se ben a modalidade está destinada a persoas discapacitadas que non poden patinar erguidas, as actividades do equipo están abertas a toda persoa interesada, independentemente da súa idade ou diagnóstico, xa que na liga finesa poden competir mesmo persoas sen lesións.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar