Ilves (ringette)
O Ilves Ringette é un equipo de ringette da cidade de Tampere (Finlandia). O equipo compite na Ringeten SM-sarja, a máxima categoría do ringette finlandés. É unha das seccións activas do club polideportivo do mesmo nome.
Seccións activas de Ilves | ||
---|---|---|
![]() |
![]() |
![]() |
Floorball | Fútbol (masculino) |
Fútbol (feminino) |
![]() |
![]() |
![]() |
Fútbol sala (masculino) |
Fútbol sala (feminino) |
Hóckey sobre xeo (feminino) |
![]() |
![]() | |
Ringette | Hóckey sobre xeo (masculino) |
HistoriaEditar
O equipo foi fundado en 1992, cando as xogadoras de fútbol Heli Vaikkola e Riitta Tanila propuxeron procurar un deporte de inverno para nenas que tivera menos contacto que o hóckey sobre xeo. Daquela xa se xogaba ringette na cidade, no club específico Tampereen Ringette, así como en Ylöjärven Ilves. O traballo coa base tivo a súa recompensa en 1997, cando o primeiro equipo de Ilves ascendeu á SM-sarja.[1]
NotasEditar
- ↑ Kankare, Minna (30 de xaneiro de 2021). "Ilves täyttää tulevana vuonna kunnioitettavat 90 vuotta" (en finés). ringette.fi. Consultado o 16 de setembro de 2021.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Sitio web oficial (en finés)