Pista de xeo de Koulukatu

pista de xeo en Tampere

A pista de xeo de Koulukatu (en finés Koulukadun kenttä) é unha pista de xeo situada na rúa Koulukatu, no distrito de Kaakinmaa da cidade de Tampere, Finlandia. Construída en 1956, trátase da primeira pista de xeo artificial construída en Finlandia.

Koulukadun kenttä
Datos
Coordenadas61°29′33″N 23°44′52″L / 61.49246, 23.74767
LocalizaciónTampere, Finlandia Finlandia
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

No lugar no que se encontra a pista de xeo de Koulukatu había tres pistas de tenis da Tampereen Tennisseura. O Ilves de hóckey sobre xeo pediu permiso á Tennisseura para conxelar as pistas durante o inverno e construíu no lugar unha pista de hóckey sobre xeo para adestramentos e partidos a finas de 1934. Naquela época a pista só estaba rodeada por un valo baixo similar ás pistas de bandy, e non contaba con bancadas. O Ilves encargouse do mantemento da pista pista e vendeu tempo no xeo a outros clubs. A pista era coñecida como pista da Escola de Economía (Talouskoulu) ou, máis popularmente como Soppakoulu, debido á proximidade da institución educativa.[1] A pista foi considerada no momento como a máis avanzada da época no país, e contaba lámpadas eléctricas e 25 metros de mangueira que se quecía na sauna cando había fortes xeadas. O mantemento da pista requiría moito traballo de limpieza que se prolongaba ata altas horas da madrugada.[2]

A pista de hóckey sobre xeo propiamente dita e a tribuna foron construídas no outono de 1945, cando a cidade de Tampere designou a pista como estadio para os xogadores de hóckey da cidade. O partido inaugural da nova pista celebrouse o 14 de decembro. Inicialmente a capacidade da pista era para 4 500 persoas nas bancadas de formigón e madeira.[2][3][4] O récord de audiencia a un partido da SM-sarja en Koulukatu rexistrouse o 4 de marzo de 1964 na vitoria do Tappara fronte o TK-V[a] (5-3) cun total de 10 655 persoas nas bancadas que presenciaron o partido de desempate entre dous dos tres representantes da cidade no campionato finlandés.[b][6]

Pista de xeo artificial

editar
 
O xogador do Ilves Räshid Hakimsan e o do Koovee Heino Pulli durante o primeiro partido na pista de xeo artificial de Koulukatu en 1956.

No ano 1956 construíuse a primeira pista de xeo artificial de Finlandia en Koulukatu. Foi construída pola cidade de Tampere, xogadores dos clubs locais e a veciña fábrica de refrescos Pyynikki Oy, cuxo equipo de refrixeración encargouse de refrixerar a pista.[7] O primeiro partido disputouse en novembro deses mesmo ano. O evento comezou coas palabras do administrador municipal adxunto Erkki Lindfors e o presidente da asociación de pistas de xeo artificiais Usko Teromaan, ás que seguiron fogos de artificio. No torneo enfrontáronse os equipos locais que participaban na SM-sarja: Ilves, Koovee e Tappara. O primeiro gol na pista de xeo artificial foi obra do xogador do Ilves Räshid Hakimsan. Pola súa banda, o Tappara foi premiado como o mellor equipo.[8][9][10]

Dise que o xeo artificial xogou un papel decisivo no profesionalización do hóckey sobre xeo en Finlandia, xa que as posibilidades de xogo e adestramento aumentaron a medida que a tempada avanzaba e mellorou a confiabilidade do xeo.[11]

Ao longo dos anos, a pista foi visitada por varios equipos estranxeiros. As seleccións de Canadá e da Unión Soviética reuniron a máis de 10 000 persoas nas bancadas.[7]

Cando os equipos fortes de Tampere, Ilves, Koovee e Tappara, se trasladaron a Hakametsä cando este o estadio se rematou en 1965, os equipos que xogaban en ligas menores quedaron en Koulukatu. Na actualidade, como se construíron numerosas pistas de xeo en Tampere, a pista de Koulukatu é empregada principalmente para patinaxe público e para as clases deportivas das escolas próximas.[7]

No edificio veciño á pista operaba antigamente a residencia de anciáns De Gamlas Hem, do que xurdiron as denominacións "mummokori" e "ylämummo", que se refiren á esquina superior da porteria do lado do Pyhäjärvi.[12]

Hóckey feminio

editar

Durante case dúas décadas a pista Koulukatu converteuse na casa do equipo feminino do Ilves, onde o equipo gañou catro campionatos finlandeses antes de trasladarse ao Tesoman jäähalli en 1989.[13]

Os días 12 e 13 de marzo de 1983 disputouse o torneo final da edición inaugural da Naisten SM-sarja, a liga feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia. No torneo o HJK de Helsinqui se converteu no primeiro campión finlandés en categoría feminina, mentres que as xogadoras locais do Ilves conseguiron a prata e o EVU de Vantaa completou o podio.[14]

Eventos recentes

editar

O 29 de novembro de 2009 o KOOVEE organizou a festa do seu 80º aniversario, que incluíu entre outros eventos un partido de exhibición con lendas do hóckey, e o partido da Suomi-sarja entre o KOOVEE e o Nokian Pyry. O evento foi seguido por 1 414 persoas.[7]

O 28 de xaneiro de 2012 celebrouse na pista o Koulukarun lassikko, un clásico de inverno do hóckey sobre xeo feminino que enfrontou aos dous equipos máis laureados do país, as locais do Ilves e as Blues de Espoo.[13] O partido, correspondente á liga regular da Naisten SM-sarja,[c] decantouse do lado das locais 3-1.[16]

O 5 de agosto de 2023, xunto coa presentación do calendario da Naisten Liiga, a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou que día 3 de febreiro de 2024 disputaríase un novo clásico de inverno ao aire libre en Koulukatu, novamente enfrontando os dous equipos máis laureados do hóckey sobre xeo feminino finlandés, o Ilves e o K-Espoo.[17]

  1. Actualmente coñecido como KOOVEE.
  2. Esa tempada os tres equipos de Tampere gañaron todas as medallas do campionato finlandés: Tappara (ouro), TK-V (prata) e Ilves (bronce).[5]
  3. Dende a tempada 2017-18 denominada Naisten Liiga.[15]
Referencias
  1. Wacklin, Matti (2006). Sydämenasiana Ilves (en finés). Tampere: Ilves ry. p. 23. ISBN 952-92-0783-2. 
  2. 2,0 2,1 "KOTIKENTÄT" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 5 de outubro de 2023. 
  3. Valkeeniemi, Jouni (16.12.2005). "Nostalgisesti Koulukadulla" (en finés). Ilves.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2008. Consultado o 5 de outubro de 2023. 
  4. Leinonen, Kimmo. "Ylämummo!-huudot kaikuivat Koulukadulla" (en finés). Suomen Jääkiekkohistoriallinen Seura. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  5. Honkavaara, Aarne (1964). Jääkiekkokirja 1964-1965 (PDF) (en finés). Suomen urheilukirjasto. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2017. Consultado o 05 de outubro de 2023. 
  6. "Kausikertomus 1963-64: Mestaruus ratkesi vasta dramaattisessa uusintaottelussa" (en finés). Tamhockey Oy. Consultado o 5 de outubro de 2023. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Leinonen, Kimmo (2014). Koulukadun sankarit - Tampereen jääkiekkoilun historia 1928–1965 (en finés). Apali. 
  8. "Hakimsan teki ensimmäisen maalin keinojääradalla Tampereella" (en finés). 1956. Consultado o 3 de novembro de 2023. 
  9. "Tampere taas edelläkävijänä - Keinojäärata vihittiin eilen" (en finés). 1956. Consultado o 3 de novembro de 2023. 
  10. "Tampereen keinojäärata avattiin - Tampere paras joukkue pikasarjassa". Helsingin Sanomat (en finés). 22 de novembro de 1956. p. 15. 
  11. Wacklin, Matti (2006). Sydämenasiana Ilves (en finés). Tampere: Ilves ry. p. 53. ISBN 952-92-0783-2. 
  12. Koivuniemi, Pasi (26 de xaneiro de 2015). "Juti nosti ylämummon kansan tietoisuuteen – näin termi syntyi". Yle.fi (en finés). Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  13. 13,0 13,1 Mennander, Pasi (13 de xaneiro de 2012). "SM-sarjakiekko palaa Tampereen Koulukadulle - Ulkojääottelu 28.1.2012!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  14. "Jääkiekon Naisten Liiga 40 vuotta" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 16 de novembro de 2023. 
  15. "Naisten SM-sarja historiaan - Ensi kaudella pelataan Naisten Liigaa" (en finés). Leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  16. Mennander, Pasi (29 de xaneiro de 2012). "Ilves vei Koulukarun lassikon - Upea ilma kruunasi hienon tapahtuman" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  17. Mennander, Pasi (5 de xuño de 2023). "Naisten Liigan otteluohjelma on julkistettu – Runkosarja alkaa 9.9.2023 ja päättyy 25.02.2024" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

editar