Aarne Honkavaara, tamén coñecido como Aarne "Dynamo" Honkavaara, nado en Tampere (Finlandia) o 7 de xuño de 1924 e finado na mesma cidade o 22 de marzo de 2016 foi un xogador de hóckey sobre xeo finlandés. Xogaba de centro e desenvolveu toda a súa carreira no Ilves de Tampere, coa excepción dunha pequena visita ao Canadá, onde xogou dos partidos de exhibición cos Sarnia Sailors da IHL, se ben por problemas co seu visado tivo que regresar prematuramente a Finlandia.[1][2]

Aarne Honkavaara
Nacemento 7 de xuño de 1924
Tampere, Finlandia
Morte 22 de marzo de 2016 (91 anos)
Tampere, Finlandia
Peso 85 kg (187 lb; 13 st 5 lb)
Equipo SM-sarja Ilves
Carreira 1943–1952
1956–1958

A súa carreira interrompeuse a principios de 1953, cando durante un partido coa súa selección, un xogador polonés caeu sobre a súa perna, producíndolle unha lesión que o afastaría definitivamente do equipo nacional cando se encontraba no máis alto da súa carreira.[1] Con todo, na tempada 1955-56 reapareceu con Ilves para xogar un partido, na seguinte tempada xogou cinco partidos máis, e retirouse definitivamente na tempada 1957-58 logo de cigar un único partido con Ilves.[3]

Hokavaara foi tamén adestrador de Ilves (masculino e feminino) e a selección masculina de Finlandia, entre outros postos.[1]

Ao longo da súa carreira foi o máximo goleador da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés en catro ocasións (1943-1944, 1945-1946, 1947-1948 e 1951-1952) e foi dúas veces Xogador Finlandés do Ano (1949-1950 e 1951-1952). Participou coa súa selección nos Campionatos do Mundo de 1949 e 1951, así como nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1952, aínda que non conseguiu ningunha medalla.[2][3] En 1985 foi introducido co número 10 no Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés (denominado Suomen Jääkiekkoleijonat).[4]

Palmarés editar

  • 6 SM-sarja: 1945, 1946, 1947, 1950, 1951, 1952, 1957 e 1958[a]

Notas editar

  1. A presenza de Honkavaara no equipo de Ilves foi testimonial nos títulos que o equipo de Tampere conquistou en 1957 e 1958.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 Parviainen, Vesa (24 de marzo de 2016). ""Dynamo" Honkavaaran uskomaton pioneerityö - kylmiä kylpyjä jään pettäessä". Iltalehti (en finés). Consultado o 29 de decembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Aarne Honkavaara" (en inglés). sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2012. Consultado o 29 de decembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Aarne Honkavaara" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 29 de decembro de 2019. 
  4. "G-I. HONKAVAARA AARNE" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Consultado o 29 de decembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar