Särkänniemi

parque de atraccións en Tampere, Finlandia

Coordenadas: 41°05′05″N 1°09′05″L / 41.08472, -1.15139

Särkänniemi
Información
Cidade Finlandia Tampere (Finlandia)
Apertura 1975
Antigos nomes Neulan huvipuisto
Sitio web sarkanniemi.fi

Särkänniemi é un parque de atraccións da cidade de Tampere, Finlandia. Särkänniemi conta con cinco espazos diferenciados: o parque de atraccións, un acuario, a Näsinneula, un planetario e Koiramäki. Dentro do espazo do parque de atraccións inaugurouse no verán de 2012 o espazo Angry Birds Land e un ano despois Koiramäki. No complexo existen numerosos restaurantes como o restaurante panorámico de Näsinneula. En 2019 tivo un total de 623 000 visitantes durante a tempada de verán, e 681 000 en todo o ano.[1]

Särkänniemi conta con ao redor de 500 traballadores ocasionais e 100 traballadores máis fixos.[2]

Historia editar

 
O acuario e planetario de Särkänniemi en 1969.

Särkänniemi está localizado nun cabo no lago Näsijärvi no que anteriormente se encontraba unha pequena zona industrial que contaba, entre outras, cun serradoiro e uns talleres navais.[3]

A idea de construír un parque de atraccións en Tampere remóntase ao mes de agosto de 1959 cando a Lasten Päivän Säätiö, a fundación que dirixe Linnanmäki, dirixiuse á cidade de Tampere, xa que adquirira varias atraccións e quería expandirse á cidade. A idea foi ben recibida polos dirixentes de Tampere e creouse un comité que, entre outras cousas, viaxou por diferentes parques de atraccións de todo o mundo procurando ideas e vendo as posibles necesidades que tería o futuro parque.[4] Axiña concretouse a localización do parque en Ratinanniemi, e en 1962 creouse a sociedade Ratinanpuisto Oy para prepararlo. A localización en Ratinanniemi seguiu presente durante moito tempo dada a localización remota de Särkänniemi, mais finalmente considerouse que a area de Ratinanniemi era demasiado pequena.[5][4]

Os primeiros edificios de Särkänniemi foron o acuario e o planetario, que abriron as súas portas o 25 de abril de 1969. A idea do planetario naceu dun grupo de tomadores de decisións de Tampere durante a súa viaxe a América na década de 1960. Presentóuselle a idea ao daquela alcalde Erkki Lindfors, quen como afeccionado á astronomía aceptou a idea, mentres que o impulsor do acuario tería sido o administrador adxunto da cidade Sampo Toni, que era era afeccionado á pesca.[5][6][4] Durante a primeira semana da visitaron o acuario-planetario unhas 16 000 persoas a pesar do elevado prezo da entrada na época, fixado en 2,50 marcos finlandeses.[4]

En 1965, logo da visita de Lindfors a Kuopio, onde se construíra a Torre Puijo, unha torre de observación con restaurante, tomou a idea e axiña se creou un comité en Tampere para planificar a súa propia torre de observación que fora canto menos 10 metros máis alta que a torre de Kuopio. En 1966 naceu Tampereen Särkänniemi.[5][6]

Na zona a cidade de Tampere construíu Näsinneula, que se converteu en símbolo da cidade e que foi inaugurada o 1 de maio de 1971. Ao mesmo tempo planeouse un parque de atraccións para a cidade.[5]

O 1 de maio de 1975 inaugurouse o parque de atraccións, pasaran de seis anos da inauguración do acuario e do planetario, e 16 dende a creación do comité de partes que atraccións.[4]

Espazos editar

Parque de atraccións editar

O parque de atraccións foi inaugurado en 1975.[7]

Kärsänniemi editar

Koiramäki editar

Artigo principal: Koiramäki.

Acuario e planetario editar

O edificio do acuario e o planetario foi a primeira estrutura que se construíu en Särkänniemi, sendo ambos inaugurados o 25 de abril de 1969. Xunto con Näsinneula son os únicos espazos do complexo abertos durante todo o ano.[3] O acuario consta de dous niveis e o andar inferior só é accesible por unhas escaleiras.[8]

Inicialmente o acuario contaba con focas e leóns mariños nunha piscina ao aire libre de acceso gratuíto. Os animais foron morrendo progresivamente ata que en 1999 decidiuse sacrificar a última foca, de 31 anos, que se encontraba enferma.[9]

Näsinneula editar

 
Näsinneula.
Artigo principal: Näsinneula.

A torre de observación á beira do lago Näsijärvi que foi inaugurada o 28 de abril de 1971. Näsinneula é o edificio máis alto de Finlandia cunha altura total de 168 metros contando a súa antenas, mentres que a altura do teito da construción e de 134,5 metros. Dende que en 2018 a Torre Kaknäs de Estocolmo pechou as súas portas ao público é tamén a maior torre de observación dos países nórdicos. No alto da torre existe un restaurante xiratorio con vistas á cidade. A torre é considerada un dos símbolos da cidade de Tampere.

Notas editar

  1. "Särkänniemi yrityksenä" (en finés). sarkanniemi.fi. Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  2. "Finland's amusement parks face massive losses due to coronavirus" (en inglés). Yle.fi. 14 de abril de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Zitting, Marianne; Pesonen, Heidi (6 de abril de 2019). "Kuvat näyttävät Särkänniemen muutoksen: Näin entisestä teollisuusalueesta tuli 50 vuodessa suosittu huvipuisto". Aamulehti (en finés). Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Mäkinen, Petteri (9 de xuño de 2019). "Ufo Näsijärven rannassa? Vai sittenkin moskeija? – 50 vuotta täyttävän Särkänniemen syntyhistoriassa riittää hurjia suunnitelmia ja vikkeliä käänteitä". Tamperelainen (en finés). Consultado o 22 de setembro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Satola, Jenni (15 de abril de 2009). "Särkän moskeija veti uteliasta kansaa". Tamperelainen (en finés). p. 6. 
  6. 6,0 6,1 Louhivaara, Maija (1999). Tampereen kadunnimet (en finés). Tampere: Tampereen museoiden julkaisuja. p. 74. 
  7. Zitting, Marianne (5 de abril de 2019). "Särkänniemi 50 vuotta - katso kuvakooste suosikkikohteen vuosikymmenten varrelta!". Iltalehti  (en finés). Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  8. "AKVAARIO" (en finés). Särkänniemi.fi. Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  9. "Särkänniemen hylkeillä oli tuhansia ystäviä". Yle Uutiset (en finés). 19 de outubro de 2009. Consultado o 30 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar