O HPK Kiekkonaiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Hämeenlinna (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Metritiski-areena, un pavillón con capacidade para 700 persoas.

HPK Kiekkonaiset
Cidade Hämeenlinna,
Tavastia Propia
Finlandia Finlandia
EstadioMetritiski-areena
(700 persoas)
LigaNaisten Liiga
Campionatos1 (2011)
AdestradorFinlandia Jari Risku
CoresLaranxa, branco e negro
                 
Na rede
https://www.hpkkiekkonaiset.fi/ e https://hpk.fi/hpk-naiset/

Comezou as súas operacións en 1996 debutando na tempada 1996-97 da segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a I-divisioona (dende 2017 denominada Naisten Liiga), mais non foi ata a tempada 2008-09 cando o equipo debutou na máxima categoría, a daquela denominada Naisten SM-sarja. O HPK gañou unha vez o campionato finlandés en 2011, converténdose ademais no primeiro equipo en alzar a Aurora Borealis Malja. Ademais do campionato de 2011 o equipo conseguiu unha prata (2016) e catro bronces (2009, 2010, 2012 e 2014). En 2012 HPK conseguiu a súa única medalla europea ao finalizar na terceira posición da IIHF European Women's Champions Cup.

Historia

editar

O equipo feminino de HPK creouse en 1996 e comezou a súa andaina na competición xogando na I-divisioona, como daquela se denominaba á segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. Con todo, o ascenso á máxima categoría tardaría dez anos en chegar[1][2] Na súa primeira tempada, o equipo de Hämeenlinna finalizou a liga regular na terceira posición, o que lle permitiu clasificarse para disputar o ascenso á máxima categoría, se ben non tivo éxito.[3] Peor lles foron as cousas na súa segunda tempada, cando o equipo tivo que loitar pola permanencia, se ben tivo éxito e mantivo a categoría.[4]

 
Xogadoras de HPK en 2021.

O HPK debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, denominada daquela SM-sarja, na tempada 2008-09. Para afrontar a súa primeira tempada na elite o club reforzouse con xogadoras experimentadas. Na tempada da súa estrea o equipo finalizou a primeira fase de competición na cuarta posición cun rexistro de 7 vitorias, 3 derrotas, 1 vitoria na prórroga e 3 derrotas na prórroga. Na segunda rolda repetiu posición, conseguindo así o pase ás eliminatorias polo título. Malia a caer nas semifinais fronte a Espoo Blues en tres partidos, as xogadoras do equipo de Hämeenlinna conseguiron superar a Kärpät en Oulu por 4 goles a 5 no partido pola medalla de bronce, conseguindo así a primeira medalla do equipo na súa primeira tempada.[5][6][7]

O 1 de xaneiro de 2009 o equipo feminino de voleibol Tarmo-Volley e o equipo feminino de hóckey sobre xeo de HPK, que ata o momento dependera da sección júnior de HPK, uníronse para crear a HPK Naiset ry.[8]

Na primeira fase da súa segunda tempada na máxima competición as de Hämeenlinna clasificáronse para a liga regular logo de finalizar a fase cualificatoria na segunda posición por detrás de Ilves. Con todo, HPK finalizou a liga regular na primeira posición cun rexistro de 24 vitorias, 1 derrota, 3 vitorias máis aló do tempo regulamentario e 1 derrota despois do tempo regulamentario para un total de 79 puntos. A pesar da boa temporada non conseguiu chegar á final, caendo nas semifinais fronte a Blues en cinco partidos (3-2) nunha serie que comezaron gañando, polo que tivo que disputar por segundo ano consecutivo o partido pola medalla de bronce, novamente fronte ás xogadoras de Kärpät. HPK repetiu medalla de bronce logo de derrotar na casa ás xogadoras de Oulu (5-2).[9][10] Esa tempada, o 1 de xaneiro de 2009 fundouse HPK-Naiset ry logo da fusión do equipo feminino de voleibol Tarmo Volley Hämeenlinna e o equipo de hóckey sobre xeo, que daquela formaba parte do equipo júnior do equipo masculino de HPK.[6]

En 2011 o HPK Kiekkonaiset converteuse no primeiro equipo en recibir a Aurora Borealis Malja como equipo campión de Finlandia.[11]

En 2018 o equipo atravesou un momento complicado logo de que o equipo de voleibol decidira separarse do club xurdido da fusión de 2009. O presidente de HPK Naiset ry, Pekka Romo, sinalaba os motivos económicos como responsables da separación do equipo de voleibol. Nas súas declaracións Romo explicaba que o equipo da Naisten Liiga tiña decenas de mileos de euros de gastos anuas para o club, que pechara os últimos anos en vermello, nas súas palabras a causa do equipo de hóckey sobre xeo. Esta nova situación puxo en perigo a continuidade do equipo.[12]

O 17 de xuño de 2021, anunciouse que o equipo feminino HPK Kiekkonaiset se transferiría a HPK Liiga Oy, propietaria do equipo da Liiga HPK e o HPK U2 da U20 SM-sarja. Ata o momento, o equipo feminino estaba integrado na asociación HPK-Juniorijääkiekko ry. Segundo Antti Toivanen, CEO de HPK Liiga Oy e director xeral do equipo masculino de HPK, o movemento foi motivado polo interese por capitalizar o crecente mercado do hóckey feminino, que salientou polo récord de audiencia do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2019 celebrado en Espoo. Jorma Hassinen, director xeral de HPK Kiekkonaiset, expresou a súa esperanza por que a transferencia poida ofrecer ás xogadoras as oportunidades de crecemento deportivo que aos homes. Para promocionar o equipo feminino, HPK anunciou que co abono para a tempada do equipo masculino se podería asistir tamén aos partidos da Naisten Liiga.[13][14]

Identidade do equipo

editar

O equipo é coñecido polas siglas HPK, abreviatura de Hämeenlinnan Pallokerho, traducible ao galego como Club de Pelota de Hämeenlinna. Para comprender a orixe do nome hai que remontarse a 1929, ano de fundación do club, que naceu como equipo de bandy e non comezou a práctica do hóckey sobre xeo ata o final da década de 1940.[15]

Escudo e cores

editar
 
Logotipo do HPK.

O escudo do equipo é o mesmo que o do equipo masculino. A súa forma é redonda e presenta as siglas HPK en negro bordeadas en branco sobre un fondo laranxa pechado por un círculo negro e outro branco. Durante as súas tres primeiras tempadas na SM-sarja o equipo empregou un logotipo no que se vía un helmo de cabaleiro co escudo sobre a abertura dos ollos, o mesmo logotipo empregado polo equipo masculino.[6][16]

O HPK Kiekkonaiset emprega as mesmas cores que a súa contraparte masculina: laranxa, negro e branco. Nos partidos como local emprega camisola e medias laranxas con detalles en negro e branco, e pantalóns negros; mentres que nos seus partidos como visitante a camisola e as medias son brancas con detalles en laranxa e negro.

Pavillón

editar

O HPK Kiekkonaiset xoga os seus partidos como local no Metritiski-areena, un pavillón con capacidade para 700 persoas (450 sentadas). O pavillón foi construído en 1992 e renovado en 2008, e conta con servizos de cafetería.[17][18][19]

Ocasionalmente o equipo ten empregado o Hämeenlinnan jäähalli, empregado polo equipo masculino nos seus partidos como local, como durante o torneo abertura de 2022[20]

Personalidades

editar

Xogadoras

editar

Cadro actual

editar

Actualizado a 27 de febreiro de 2024.[21]

# Nac Xogador/a Posición[nota 1] S/G[nota 2] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
1   Pätsi, RonjaRonja Pätsi G E (19 anos) Kuusamo, Finlandia
27   Järvikari, JanikaJanika Järvikari G E (25 anos)
33   Gabriele, ElineEline Gabriele G E (22 anos) Zoetermeer, Países Baixos
42   Kassidy, SauveSauve Kassidy D E (28 anos) Mäntsälä, Finlandia
3   Ahlskog, JuliaJulia Ahlskog D E (22 anos) Vaasa, Finlandia
4   Aarniovuori, NellaNella Aarniovuori D E (19 anos)
5   Kuukasjärvi, LauraLaura Kuukasjärvi D E (20 anos) Helsinqui, Finlandia
6   Wilkman, DanielaDaniela Wilkman D E (20 anos) Vantaa, Finlandia
7   Toivonen, EssiEssi Toivonen D E (18 anos) Vantaa, Finlandia
8   Koukkula, OonaOona Koukkula D E (21 anos) Riihimäki, Finlandia
11   Berg, NellaNella Berg D E (19 anos) Rymättylä, Finlandia
15   Vanickova, AnnaAnna Vanickova D D (24 anos)
16   Seikkula, HetaHeta Seikkula (C) D E (19 anos) Kauhava, Finlandia
22   Stoltenberg, JuttaJutta Stoltenberg (A) D E (33 anos) Hamburgo, Alemaña
9   Lukkarila, InesInes Lukkarila F E (23 anos)
10   Viitala, VanessaVanessa Viitala F E (19 anos)
11   Erbanova, KarolinaKarolina Erbanova F E (32 anos)
13   Matejkova, JuliaJulia Matejkova F D (22 anos)
17   Lamberg, EvaEva Lamberg F D (16 anos) Hämeenlinna, Finlandia
18   Pistekova, TerezaTereza Pistekova F E (19 anos) Tábor, República Checa
19   Jurickova, BarboraBarbora Jurickova F E (18 anos) Ostrava, República Checa
20   Lehto, SaimiSaimi Lehto F E (22 anos) Riihimäki, Finlandia
21   Mäkivaara, JadeJade Mäkivaara F E (27 anos) Kauhajoki, Finlandia
23   Välikangas, EllaElla Välikangas F D (27 anos) Kokkola, Finlandia
24   Saarinen, AssiAssi Saarinen F E (19 anos)
38   Skog, AlisaAlisa Skog F E (20 anos)
39   Klimasova, IvetaIveta Klimasova F D (26 anos)
51   Seikkula, KitiKiti Seikkula (A) F E (23 anos) Kauhava, Finlandia
80   Iso-Kouvola, ViiviViivi Iso-Kouvola F E (25 anos)


Capitás

editar

Ao longo da súa traxectoria na máxima categoría, o HPK Kiekkonaiset tivo cinco capitás, todas elas de nacionalidade finlandesa. A primeira capitá do equipo foi Nora Tallus, quen exerceu o liderado na pista dende 2008 ata 2010, mentres que Riikka Noronen é a xogadora que máis tempadas exerceu como capitá cun total de seis entre a 2013-14 e a 2016-17 de xeito consecutivo, e dende 2019. A continuación amósanse todas as capitás do equipo:[22]

Capitás de HPK
Nome(s) Período
Nora Tallus 2008–2010
Mira Huhta 2010–2013
Riikka Noronen 2013–2017
Jutta Stoltenberg 2017–2019
Riikka Noronen 2019–presente

Líderes históricas

editar

Ao longo da súa historia seis xogadoras do HPK Kiekkonaiset superaron a barreira dos 100 puntos, e tan só dúas a dos 200. Nas estatísticas de xogo salientan as figuras de Riikka Noronen e Jutta Stoltenberg, as dúas xogadoras que máis tempadas disputaron no equipo de Hämeenlinna con 12 e 16 respectivamente. Noronen é a máxima goleadora, asistente e puntuadora da historia do equipo con 165 goles en 274 asistencias e 439 puntos en 310 partidos disputados. Pola súa banda Stoltenberg é a xogadora que máis partidos vestiu a camisola do HPK con 422 en 2023. A continuación os rexistros das seis máximas puntuadoras históricas do equipo:[23]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.

Líderes históricas do HPK Kiekkonaiset
Xogadora Pos  PX  G   A  Pts
Riikka Noronen F 310 165 274 439
Jutta Stoltenberg D 422 79 129 208
Anniina Kaitala C/W 216 72 92 164
Kiti Seikkula C 161 61 83 144
Julia Liikala RW 120 42 69 111
Hanna Honkonen F 180 51 52 103

Palmarés

editar

Trofeos colectivos

editar
 
A Aurora Borealis Malja.
SM-sarja/Naisten Liiga
  • A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. HPK Kiekkonaiset gañou unha vez o trofeo en 2011.
    • 1 medalla de prata como segundas clasificadas dos play-offs: 2016
    • 4 medallas de bronce como terceiras clasificadas dos play-offs: 2009, 2010, 2012, 2014
IIHF European Women's Champions Cup
  • 1 medalla de bronce: 2012[24]

Trofeos individuais

editar
  1. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    *G: Goalie (porteiro)
    *C: Center (central)
    *W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
    *D: Defenceman (defensa).
  2. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
Referencias
  1. "HPK" (en finés). Leijonat.fi. 4 de febreiro de 2023. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. }}
  2. "HPK" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de febreiro de 2023. 
  3. "I-divisioona (W) - 1998-1999" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de febreiro de 2023. 
  4. "I-divisioona (W) - 1999-2000" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de febreiro de 2023. 
  5. "SM-sarja (W) - 2008-2009" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Historia" (en finés). HPK Kiekkonaiset. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  7. "Championnat féminin de Finlande 2008/09" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  8. "Hyvä Ystävä" (en finés). hpk-naiset.fi. Arquivado dende o orixinal o 9 de outubro de 2010. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  9. "Championnat féminin de Finlande 2009/10" (en finés). hockeyarchives.info. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  10. "SM-sarja (W) - 2009-2010" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  11. Mennander, Pasi (12 de marzo de 2013). "Tästä pokaalista pelataan - 15 faktaa Aurora Borealis -maljasta" (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  12. "HPK Naisten jääkiekkojoukkueen tulevaisuus katkolla - lentopallojoukkue eriytyy omaksi seurakseen, jääkiekko jää pois uudesta kuviosta". Jatkoaika.com (en finés). 14 de marzo de 2018. Consultado o 17 de xuño de 2023. 
  13. "Kerholaisen kilpakiekon koti on HPK Liiga Oy – Naisten jääkiekkotoiminta liigaorganisaation alaisuuteen" (en finés). HPK. 17 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2021. Consultado o 7 de abril de 2022. 
  14. Niskanen, Anne-Maria (17 de xuño de 2021). "HPK:n naisten jääkiekko on jatkossa osa HPK Liigan toimintaa". Yle Uutiset (en finés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2021. Consultado o 7 de abril de 2022. 
  15. "HISTORIA" (en finés). Hämeenlinnan Pallokerho. Consultado o 16 de maio de 2023. 
  16. "HPK Hämeenlinna. Logos" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  17. "METRITISKI-AREENA" (en finés). liikuntahallit.fi. 1 de outubro de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  18. "VIERAILLE" (en finés). HPK Kiekkonaiset. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  19. "Hämeenlinnan jäähalli (Metritiski-areena)" (en finés). jaahalliportaali.fi. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  20. "NAISTEN LIIGAN AVAUSTURNAUS VIIKONLOPPUNA HÄMPTONISSA!" (en finés). HPK.fi. 7 de setembro de 2022. Consultado o 12 de setembro de 2022. 
  21. "KOKOONPANO HPK" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 27 de febreiro de 2024. 
  22. "HPK - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  23. "HPK - All Time Regular Season Player Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de maio de 2023. 
  24. "European Women's Champions Cup 2011-2012" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  25. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Goaltender (Tuula Puputti Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  26. "Kauden 2011-12 palkitut pelaajat, valmentajat ja erotuomarit" (en inglés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. 3 de abril de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  27. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Valuable Player in Playoffs (Karoliina Rantamäki Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  28. "Awards - Naisten Liiga (W) Rookie of the Year (Noora Räty Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 10 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar