Kärpät Naiset

equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Oulu (Finlandia)

O Kärpät Naiset, ou simplemente Kärpät, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Oulu (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés.

Oulun Kärpät Naiset
Fundación1990
Cidade Oulu,
Ostrobotnia do Norte
Finlandia Finlandia
EstadioOulun Energia Areena
(6.614 espectadores)
LigaNaisten Liiga
Campionatos3 (2012, 2017, 2018)
Propietario(s)Oulun Kärpät 46 RY
DirectorFinlandia Saija Tarkki
AdestradorFinlandia Sanna Lankosaari
Afiliado(s)Kärpät Akatemia (Naisten Mestis)
CoresAmarelo, negro e branco
                 
Na rede
https://www.oulunkarpat46.fi/joukkueet/5010 e https://www.karpatnaiset.fi/
Facebook: oulunkarpatnaiset Twitter: KarpatNaiset Instagram: karpatnaiset Editar o valor en Wikidata

Foi fundado a principios da década de 1990, e na tempada 1994-95 debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.[1] Con tres campionatos, conquistados nas tempadas 2011-12, 2016-17 e 2017-18, sete medallas de prata e outras sete de bronce, Kärpät é un dos equipos femininos máis exitosos do país.

Historia

editar

A práctica do hóckey sobre xeo en categoría feminina en Kärpät comezou na tempada 1990-91, cando anunciou que crearía un equipo de nenas e comezou a procura de xogadoras. Inicialmente o equipo xogou na liga distrital de nenos.[2]

Na tempada 1992-93 participou por primeira vez na liga, xogando no grupo tres da I-divisioona xunto co SoPan, Te-Kin, KaTen, PaKan, EtPon e KeKin. As achegas de Anne Haapalainen (14+5=19), Annakaisa Pahkala (10+8=18) e Sari Räisänen (5+2=7) axudaron ao equipo a finalizar a liga na terceira posición.[3]

Non foi ata a tempada 1994-95 cando o equipo debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, daquela denominada Naisten SM-sarja. Na súa primeira tempada entre os mellores equipos do país nórdico salientaron Katja Riipi, Sanna Lankosaari e Niina Siren.[3]

Estadio

editar
Artigo principal: Oulun jäähalli.
 
O Oulun Energia Areena.

As Kärpät, como o equipo masculino do club, xogan os seus partidos como locais no Oulun Energia Areena, situado no Centro Deportivo de Raksila, no distrito homónimo da cidade de Oulu. O estadio foi construído en 1975, aínda que experimentou varias reformas nos anos 1988, 1994 e 2004.[4][5] O Oulun Energia Areena ten capacidade para 6 050 persoas, das cales 4 301 localidades son sentadas, 1 749 localidades son de pé e outras como zonas para persoas discapacitadas, e conta con 12 palcos.[6][4] En 2006, o principal arrendatario da sala, o equipo masculino dos Kärpät, nomeou o estadio "Oulun Energia Areena". O cambio de nome foi posible grazas a unha resolución da cidade en 2003, pola cal os principais arrendatarios da sala podían vender o nome do local.[7]

Personalidades

editar

Xogadoras

editar

Cadro actual

editar

Actualizado a 14 de febreiro de 2024.[8]

# Nac Xogador/a Posición[nota 1] S/G[nota 2] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
1   Piekkari, EmiliaEmilia Piekkari G E (17 anos) Keminmaa, Finlandia
39   Asikainen, KatiKati Asikainen G (27 anos) Oulu, Finlandia
4   Antinmäki, LilliLilli Antinmäki D E (26 anos) Kauhava, Finlandia
8   Hämälainen, OonaOona Hämälainen D (16 anos)
16   Kaijankoski, AinoAino Kaijankoski (C) D E (24 anos) Siikajoki, Finlandia
17   Kylmäaho, AlisaAlisa Kylmäaho D E (26 anos)
19   Siermala, EeviEevi Siermala D (20 anos)
45   Heikonen, IidaIida Heikonen D E (23 anos) Oulu, Finlandia
81   Pitkänen, VeeraVeera Pitkänen D E (20 anos)
7   Wäänänen, SariSari Wäänänen (A) F E (31 anos) Ylikiiminki, Finlandia
13   Hautala, EerikaEerika Hautala F E (20 anos)
18   Puusaari, EssiEssi Puusaari F E (20 anos) Liminka, Finlandia
21   Pinola, OliviaOlivia Pinola F D (18 anos)
22   Havana, OonaOona Havana F D (20 anos) Turku, Finlandia
23   Korkiakoski, MatleenaMatleena Korkiakoski F E (20 anos) Oulu, Finlandia
25   Tukiainen, NooraNoora Tukiainen F E (25 anos) Lapinlahti, Finlandia
26   Korpi-Halkola, InnaInna Korpi-Halkola F E (17 anos)
27   Ylitalo, JasmineJasmine Ylitalo (A) F E (23 anos)
28   Tukiainen, MinttuMinttu Tukiainen F E (18 anos)
34   Hulanmäki, JasminJasmin Hulanmäki F E (29 anos) Pyhäjoki, Finlandia
36   Ekoluoma, EmmaEmma Ekoluoma F E (18 anos) Raahe, Francia
42   Puusaari, EmmiEmmi Puusaari F E (18 anos) Liminka, Finlandia
43   Niemi, MelinaMelina Niemi F E (24 anos)
58   Skorepova, KarolinaKarolina Skorepova F E (18 anos) Praga, República Checa
64   Rauhala, HeliHeli Rauhala F E (20 anos) Kittilä, Finlandia
64   Antti-Roiko, Anna-KaisaAnna-Kaisa Antti-Roiko F E (20 anos) Oulu, Finlandia


Palmarés

editar

Trofeos colectivos

editar
 
A Aurora Borealis Malja.
SM-sarja/Naisten liiga
  • A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. Kärpät Naiset gañou un total de tres veces o trofeo: 2012, 2017 e 2018.[9]
    • 7 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1996, 1998, 2000, 2001, 2003, 2006 e 2007.[9]
    • 6 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2002, 2004, 2005, 2008, 2011, 2013, 2019 e 2022.[9]
IIHF European Women's Champions Cup
  1. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    *G: Goalie (porteiro)
    *C: Center (central)
    *W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
    *D: Defenceman (defensa).
  2. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
Referencias
  1. "Historia" (en finés). oulunkarpat46.fi. Consultado o 23 de setembro de 2020. 
  2. "HISTORIA" (en finés). Kärpät Naiset. Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Kärpät" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de xuño de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Oulun jäähalli" (en finés). Cidade de Oulu. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  5. "OULUN KÄRPÄT" (en finés). junnut.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2004. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  6. "Oulun Energia Areena" (en finés). karpat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  7. Kaleva 13 de setembro de 2006, p. 5 (en finés)
  8. "KOKOONPANO Kärpät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Eniten mitaleita Naisten Liigassa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  10. Mujunen, Johanna (25 de febreiro de 2013). "Kärppien Helin: "Haastoimme hyvin Euroopan parhaan naisjoukkueen"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar