Hämeenlinna

Coordenadas: 61°0′0″N 24°28′0″L / 61.00000, -24.46667

Hämeenlinna (en sueco: Tavastehus) é unha cidade de Finlandia, capital e cidade máis poboada da rexión de Tavastia Propia. Está situada ao sur do país, no corazón provincia histórica de Tavastia (Häme en finés). Entre os persoeiros de sona da cidade cómpre destacar a figura do compositor Jean Sibelius. En 2012 tiña unha poboación de 67.531 habitantes.

Hämeenlinna
Tavastehus
Hämeenlinna.vaakuna.svg
Hämeen linna (Häme Castle).jpg
Castelo de Häme.
Localización
Hämeenlinna en Finlandia
Hämeenlinna
Hämeenlinna
PaísFinlandia Finlandia
RexiónTavastia Propia
SubrexiónHameenlinna
Xeografía
Superficie2.031,55 km²
Demografía
Poboación67.531 hab. (2012[1])
Densidade37,82 hab./km²
Outros datos
AlcaldeTapani Hellstén
Páxina Oficial

A cidade debe o seu nome á provincia histórica de Tavastia (Häme en finés) e ao castelo (en finés linna) que data do século XIII.

HistoriaEditar

Téñense noticias dun asentamento á beira do lago Vanajavesi chamado Vanaja dende a época viquinga onde se atopa actualmente a cidade. O Castelo de Häme foi construído a principios do século XIII para afianzar o dominio sueco no centro de Finlandia, e posteriormente se formaría unha vila. En 1639 fóronlle concedidos a Hämeenlinna dereitos de cidade.

En 1862 inaugurouse a primeira liña ferroviaria de Finlandia, que unía á cidade coa capital. A actual Hämeenlinnan rautatieasema (Estación Ferroviaria de Hämeenlinna) foi construída en 1921.

Transportes e comunicaciónsEditar

Distancias a outras cidades km
  Tampere 77
  Helsinqui 101
  Riihimäki 36
  Lahti 74
  Turku 141

Hämeenlinna está situada nun punto intermedio entre dúas das cidades máis importantes do país, Helsinqui e Tampere, e é atravesada pola autoestrada que as une, a ruta interurbana máis importante do país (Valtatie 3 - E12) e pola nacional 10 (Valtatie 10), así como a nacional 12 (Valtatie 12).

DeporteEditar

NotasEditar

  1. "VÄESTÖTIETOJÄRJESTELMÄ REKISTERITILANNE 30.12.2012"". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar