Kokkola
Coordenadas: 63°50′20″N 23°07′55″L / 63.83889, -23.13194
Kokkola (en finés) ou Karleby (en sueco) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Ostrobotnia Central. Ten unha poboación de 46.779 habitantes segundo o censo de 2012.
Kokkola | ||
---|---|---|
![]() | ||
Localización | ||
País | Finlandia | |
Rexión | Ostrobotnia Central | |
Subrexión | Kokkola | |
Xeografía | ||
Superficie | 1.485,93 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 46.779 hab. (2012)[1] | |
Densidade | 32,39 hab./km² | |
Outros datos | ||
Alcalde | Antti Isotalus | |
Páxina oficial |
EtimoloxíaEditar
O nome en finés Kokkola significa "lugar de fogata" ou "lugar da aguia", xa que a palabra finesa kokko significa á vez fogueira e aguia mariña (o sufixo -la indica localizaión). Ata o 1 de xaneiro de 1977 foi coñecida en sueco como Gamlakarleby, cando o concello de Kaarlela (en sueco Karleby) fusionouse con Kokkola, e a cidade adoptou o nome sueco de Karleby. A palabra gamla significa "vila", karl significa "home" ou "campesiño" e by significa "vila", polo que a tradución do antigo nome sueco sería "antiga vila de campesiños". O nome en latín era Carolina Vetus.
HistoriaEditar
A cidade de Kokkola foi fundada en 1620 polo rei Gustavo II Adolfo de Suecia, cando Finlandia formaba parte do Imperio Sueco. Kokkola foi fundada como porto de embarque para o comercio de alcatrán. Tamén se converteu nun importante centro de construción naval.
En xuño de 1854 produciuse un importante acontecemento histórico coñecido como a "Escaramuza de Halkokari", durante a Guerra da Crimea. Os Royal Marines do HMS Vulture e HMS Odin trataron de chegar á terra para saquear a cidade, mais foron repelidos pola defensa local, moitos dos cales eran civís armados con rifles de caza. Un dos 9 barcos máis pequenos (un canoneiro) caeu nas mans dos defensores da cidade. Como tal, ese barco foi o único buque da royal Navy en posesión estranxeira en 1914. O barco pode verse actualmente no Parque Inglés de Kokkola. O concello rexeitou devolver o barco a pesar de varias solicitudes por parte do goberno do Reino Unido, a máis recente por parte de John Stuttard, o Lord Mayor de Londres. O Tesouro Británico paga anualmente unha pequena suma para o mantemento de nove tumbas dos nove Royal Marines mortos en combate durante a escaramuza á congregación local.[2]
En 1977, o concello veciño de Kaarlela (en sueco Karleby) fusionouse co de Kokkola (coñecido en sueco ata o momento como Gamlakarleby). En 2009, os concellos de Lohtaja, Kälviä e Ullava fusionáronse tamén con Kokkola.
NotasEditar
- ↑ "Suomen asukasluvut kuukausittain – Kunnittain aakkosjärjestyksessä". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 14 de febreiro de 2013.
- ↑ "Jakobstads Tidning". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 14 de febreiro de 2013.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kokkola |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en finés) (en sueco) (en inglés)